Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GUITAR HERO
Bos días rei asasino. És unha estrela.
É marabilloso. Quédate aí dondequeira que esteas.
O tempo está de pena aí afora,
así que, a que imos xogar?

A Stratocaster colgada ás túas costas.
É unha semiautómatica como a de papá.
Ensinoute como pór pausa e resetear.
E iso é todo o que tes que saber.

Así que, que sentido ten saír aí fóra?
É tan deprimente ver como a xente morre na vida real.
tiven bastante diso onde estaba antes,
mirando as distintas caras da morte.

E podería salvarte, cariño,
pero non merece a pena gastar niso o meu tempo.
E podería facer que me perseguises.
Por un módico prezo estaría ben.

Dás no branco, mais, realmente estás seguro?
Os obxectivos, entre a multitude, aparecen borrosos.
A xente grita despavorida.
Pero non sabes se o fixeches ben.

Así que os atas, e tíraslles area (¡eses negros!)
Intentas convecernos usando as túas mans.
Unha imaxe vale máis que mil palabras,
e desa forma, ninguén sae ferido.

E podería salvarte, cariño,
mais non merece a pena gastar niso o meu tempo.
E podería facer que me perseguises.
Por un módico prezo estaría ben.

Es o meu Guitar Hero

Unha X marca a caixa que está
no buraco que hai no chan,
que desaparece baixo os teus pés nun amén.
Así que ten coidado, e non fagas ruído.

Unha X marca a caixa que está
no buraco que tes na cabeza,
que che fixeches ti mesmo.
Así que agora, escóndete dentro del.

Deixa de falar de toda esa merda tan negativa.
Querías facelo, e conseguíchelo.
Evidentemente, non vas morrer,
así que, por que non aproveitar as túas oportunidades e tentalo.

Como vas parar todo isto.
Non se parece en nada aos da casa.
Pechas os teus ollos, e introduces a cinta,
e é cando comezan os golpes (e disparos).

Que cona pasa con esta merda.
Está claro que non merece a pena amolarse por iso.
As súas mans fóronse xa, do mesmo xeito que parte da súa cabeza.
Xusto cando se estaba mellorando.

E podería salvarte, cariño,
pero non merece a pena gastar niso o meu tempo.
E podería facer que me perseguises.
Por un pequeno anaco de vida.

Es o meu Guitar Hero.

Amanda Palmer
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2012 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal