Papiros de Hermaco


Papeis de opinión sobre a vida cotiá

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación de Cabana en Gondomar
O xoves día 13 de outubro as 20:30 h terá lugar a presentación da novela gráfica Cabana de Baleiros do autor Tokio e editado por Demo Editorial. O acto terá lugar a partir das 20:30 h na Aula Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos. O acto será presentado polo debuxante Pepe Carreiro, autor de Os Bolechas.

TOKIO (nome artístico de Alfredo López), é un dos debuxantes pioneiros da BD galega durante os anos oitenta, daquela comezou publicando nos fanzines de Vigo (Castrellis, Katarsis, Coyote), despois publicou humor gráfico na Peneira, Faro de Vigo, El Correo Gallego e A Nosa Terra. Traballou como ilustrador científico e como biólogo mariño, actividade que aínda desenvolve. Agora volve á novena arte cunha obra editada por Demo Editorial: Cabana de Balieiros unha obra de intriga ambientada nunha vila mariñeira de finais do século XIX.

CABANA DE BALIEIROS é unha vila imaxinaria, inspirada en varias localidades da Costa da Morte, nos tempos en que os barcos aínda navegaban coa forza do vento. Esta vila é das que agochan segredos. Moitos deles son misterios que levan e traen as mareas. Algúns afúndense, e outros saen á superficie cando ninguén o espera. Un novo párroco, chamado Telmo, chega á vila, e atópase cunha igrexa abandonada e un mundo que se descubre coas historias que fermentan na terra, fillas do salgado vento que trae o mar. Alí atopa a Céltia, unha muller herdeira de todas as sereas que na historia houberon. Ambos son testemuñas dos dramáticos acontecementos que acontecen nunha terra de costumes ancestrais, onde os instintos humanos marcan o ritmo da vida, xeran o destino dos seus habitantes e levan a algúns ao naufraxio da súa propia alma. Unha historia que nos achega ao longo das súas cen páxinas ao contexto social da Galiza do século XIX, desde a mirada dun autor que, fundamentalmente e por riba de todo, é un defensor da natureza e ten alma de mariñeiro.

DEMO EDITORIAL ven de recibir o premio Ourense de BD, outorgado pola Casa da Xuventude, no ámbito das XXIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense recentemente celebradas. O responsable editorial, Manel Craneo, estivo presente no evento para a recollida do premio, unha figura do artista plástico Manolo Figueiras deseñada especialmente para o premio. Entre os galardoados de anos anteriores figuran, entre outros, os debuxantes Xaquín Marin e Miguelanxo Prado. O galardón foi concedido pola aposta da editorial polos autores galegos, entre os que se atopan Brais Rodríguez coa obra A man do diaño, Manolo Poy e Miguel Fernández coa obra O fillo da fúria, Dani Montero coa obra Sen mirar atrás e o propio editor Manel Craneo coa obra Os lobos de Moeche. Cabana de Balieiros ven sumar unha nova obra no catálogo da editorial.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2011 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Several people who ended up proficient with the Rolex Replica watches as they are wearing them using#blgtk08# golden technologies.Replica watches will provide these people with best time or not satisfying you.
Comentario por Replica Rolex (31-07-2013 09:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal