|
|
|
|
|
|
| Ecoloxía e traballo |
|
 Falei a un auditorio de 150 traballadores da federación do metal da CIG. Faleilles de Sankara, de Guevara, de Maathai e de Marx, traendo textos sobre os seus pensamentos relacionados coa natureza, cos problemas ambientais e sobre a ampliación do suxeito moral: quen somos NÓS?, os galegos, os humanos, os seres vivos, os habitantes do planeta.....
Faleilles despois da proxección da película sobre o caso acontecido en Bhopal, India, no ano 1984, onde morreron milleiros de persoas nunha fábrica de pesticidas por un escape dunha nube de gas tóxico, polo que a sensibilidade do público estaba a flor de pel. Faleilles e deixeilles o debate sobre a mesa.
Díxenlles que o sindicato debe incorporar ao debate sobre os dereitos sociais d@s traballador@s outros valores sociais, a maiores dos laborais, entre eles os ambientais. Pareceulles un plantexamento lóxico e acaído aos seus intereses.
A natureza, que contribúe á produción de valores de uso, é tan fonte de riqueza como o traballo, pero a súa contribución á riqueza é omitida.
É dicir, que se un boli custa 10 euros, no prezo está incluído o traballo dos seus construnctores e o beneficio empresarial (plusvalía), pero non o valor ambiental dos materiais cos que se contruiu que foron extraídos da natureza, logo, a natureza, a pesar de ser a orixe do boli, non ten valor. Ninguén paga o impacto ambiental das actividades humanas, é gratis, mais, a natureza degrádase a cada pouco irremediablemente. Este non é un concepto meu do século XXI, é de Karl Marx, do século XIX. Canto tempo pasado e tan pouco avanzado neste ámbito.
Díxenlles que o problema de Bhopal non é saber a causa exacta do accidente nin as responsabilidades do mesmo, senón ser conscientes de por que un sistema permite que se instale un Bhopal, ou outros miles que haberá no mundo. Se sobra algo neste mundo é o capital que mide todo baixo a lóxica de máxima optimización económica ao mínimo tratamento ecolóxico. Logo pasa o que pasa.
Grazas por escoitar camaradas. |
|
|
|
|
| Pola nosa dignidade como galeg@s |
|
 Todo o esforzo pola nosa dignidade como pobo é pouco, todo esforzo polo idioma é pouco, todo esforzo pola nosa identidade como nación é pouco.
Mil veces percorrerei as rúas de Compostela reclamándo e serán poucas, como a mañá do domingo 18.
Pola tarde Quempallou en directo, escoitareinos mil veces mil e serán poucas, En que terra me botaches miña nai... folc progresivo e ecoloxista, festa rachada que non se debe perder, tamén pola nosa dignidade compartida. |
|
|
|
|
| A axuda mútua |
|
 Agardando o sol que máis queza, leo sobre o altruísmo e a cooperación na natureza. Cabe destacar o fito que supuxo A orixe das especies de Darwin como paso para argumentar definitivamente o evolucionismo no século XIX, mais tamén como base dos estudos do comportamento animal, que moitos trataron de transladar ás sociedades humanas.
Deste xeito, Piotr Alexéievich Kropotkin (Пётр Алексе́евич Кропо́ткин) desenvolveu as súas teorías do apoio mútuo, que transladou á socioloxía como base argumentaria do comunismo libertario, que enriqueceu ao anarquismo.
Kropotkin viviu enfrentado as teorías de Thomas Henry Huxley, que entre outras cousas acuñou o termo agnosticismo e foi o avó de Aldous Huxley o que escribiu un mundo feliz . O Huxley avó foi un evolucionista que defendeu a obra de Darwin pero que tratou de demostrar que a evolución estaba baseada na supervivencia dos máis fortes e aptos, teorías que alimentaron a xustificación do capitalismo, das desigualdades e, como máxima expresión, do nazismo. Esta tendencia pseudocientífica foi denominada darwinismo social, anque non menos pseudocientífica que a baseada en Kropotkin.
Sen dúbida algunha, se tivera que elixir, a miña adhesión sería tendente ás teorías da axuda mútua, anque algúns cativos lamenten que os seus pais non sexan animais, tanto na interpretación natural como na social. Só que o anarquismo cuestiona a figura do Estado indicando que é unha entidade prexudicial ao desenvolvemento do apoio mútuo. Neste punto quédome na fase do papel redistributivo da riqueza do Estado, como paso intermedio cara o comunismo. |
|
|
|
|
| Ás molladas |
|
 Hai uns días enviei un comentario a un blog amigo entregando unhas ás rotas, para que outra persoa puidera voar ceibe. Agora case as preciso eu....
As miñas ás non están rotas, pero si están molladas e impídenme moverme con soltura. Ese voo alto e circular, que tanto me gusta, esa caída en picado, a tumba aberta, pechando as ás contra o corpo e deixándose acelerar dende as alturas ata case rozar co narís o chan, erguendo logo o corpo coa mesma inercia. Hoxe todo iso non o podo facer.
Síntome como esplumado, batindo unhas ás destartarladas, pesadas e esfarrapadas, a penas saltando de pola en pola para cambiar de lugar. Quedei sen pillas, a miña enerxía vital está preto da liña vermella, pola rotura dun cable ou polo fallo dunha conexión, non sei.
Agardo polo sol, para poder recargar as baterías, poder secar as plumas e ver se se volven outra vez lixeiras para seguir voando con liberdade, ou simplemente para que poida subir ao tranquilo pousadoiro.
Porémonos de momento unhas ás que voan máis alá dos ventos, recollidas das Lunas rotas de Rosana |
|
|
|
|
| Che e a revolución cubana: versions dun mesmo tema |
|
 Teño a manía de ler todas as versions posibles que versan sobre a figura e a vida de Ernesto Guevara de la Serna, o Che, tamén sobre a revolución cubana. Gosto de estudalo dende todos os lados do prisma, coñecer os detalles e as motivacións dos pasos que se deron. Coñecer un dos acontecementos históricos máis importantes do século XX.
A historia pasounos un retrato deformado do Che, tanto dende o punto de vista das súas xestas, como da súa heroicidade, visións interesadas como promoción da súa figura, iconografías interesadas, santificación e vanalización dos feitos.
Nunca unha simple imaxe influiu tanto na miña vida.
Descoñezo como chegou alí, pero aínda sen coñemento de causa, comecei garabatear un libro de fotos que andaba escondido polas gabetas da cociña da miña casa, alá por finais dos sesenta.
Moito tempo despois recuperei ese libro, máis ben revista, achantado baixo caixas, papeis e refugallos para tirar, alí estaba, cheo de os sen pechar e oitos, e logo, na adolescencia, volvín perdelo nas mans dalgunha moza. Por iso reparo en cada biografía, en cada álbum de fotos sobre a persoaxe, tratando de lembrar aquelas vellas imaxes no fondo da miña retina. Lembro algunhas pero sobre todo esta, pola súa claridade, sinxeleza e humanidade. Unha imaxe que sen dúbida influiu en min mesmo dende un punto de vista estético e tamén ético.
Un dos principios daqueles barbudos revolucionarios nas selvas do Escambray e de Sierra Maestra, logo en praia Girón ou noutras frontes de combate, era o que dicía: a dúbida é un luxo que non pode permitirse. Xa o sabía, pero aínda así, em momentos de debilidade dubido, por iso me ratifico en que no avance, da mesma vida, a dúbida é demasiado luxo. |
|
|
|
|
| O escatolóxico pregoeiro da chegada da primavera |
|
 Hoxe, no baño, decateime da chegada da primavera.
Non é que atopara o corpo cheo de graos nin que me subira a moral nin nada diso. É que descubrín que fóra cantaba o cuco. Entón lembrei de que andando polo monte, de cativo, só era consciente da presenza do cuco cando, premido pola presión intestinal, acuclillábame detrás dalgunha carqueixa ou toxeiro, neste caso cousa máis perigosa, e, daquela, o cuco descubríame co seu rutineiro cantar:
Cuuu cú
Cuuu cú
Tapa cú
Cuuu cú
Cuuu cú
Tapa cú
Sempre pensei que o cuco tiña algún segredo para descubrir quen estaba acuclillado polo monte, e tamén, que tiña algún motivo para que non o fixeramos, e, descubríndonos, obrigarnos a erguernos axiña, cortándo a faena, ou, no seu defecto, a rematarmos canto antes.
Deste xeito cada vez que conscientemente oía o cuco, e non estaba nesa posición, pensaba que habería alguén nalgún recanto do monte acuclillao, por iso xa non miraba máis que para adiante, por se acaso, ou si.
Hoxe, na miña propia casa, o cuco detectoume, mais, como non chego a saber os motivos do seu teimudo imperativo, non lle fixen caso. Cando rematei, saín correndo a anunciar a todos que por fin xa chegara a primavera, anunciada polo seu escatolóxico pregoeiro. |
|
|
|
|
| Sabor a chocolate |
|
 Admito que é moi arriscado falar de algo que non se coñece, pero teño que confesar que, perdido entre os estantes dunha xigante área comercial, merquei un libro só polo que evoca o seu título tan suxerente.
Sabor a chocolate é unha sinfonía incompleta de amor e soños -di o autor- o tempo, en relación coas emocións, ten unha dimensión "distinta".
Sabor a chocolate foi o resultado do XIII Premio Literario de la Universidad de Sevilla, o seu autor, José Carlos Carmona, é en todo caso unha persoa sensible e interesante, onde a música forma parte da súa vida e, posiblemente, de ritmo aos parágrafos do seu libro.
En todo caso, cando a vida sexa agre no teu padal, saborea e busca nalgunha esquiniña o sabor a chocolate. É unha boa terapia.
Acompaño dunha canción tineiyer do grupo mexicano Elefante. |
|
|
|
|
| Os que seguirán o noso traballo |
|
 Lembrando ao Señor Keuner de Brecht, e quizais á Doc.
Cando un pensa en si mesmo, é incapaz de crer que comete erros e xa non progresa. Por iso hai que pensar en quen proseguirá o noso traballo. Só así se podera impedir que algo se dea por concluído.
Sr. K
Σωκράτης, Sōkrátes, non deixou na-da escrito. |
|
|
|
|
| E díxoo tres veces |
|
Un debecía por levalo a cabo.
O outro tamén.
Anque en cadansúa cabeza a mesma idea era diferente.
Un trataba de expoñela.
O outro non se atrevía.
En cambio mirábanse en silencio.
Un, na súa indecisión, manifestou a penas unha pincelada da súa intención.
O outro, díxolle: non mo digas dúas veces.
Un provocou a caída das fichas en cadea, porque o dixo tres.
A acción foi executada, con consenso, con éxito, con intención de repetir ata o infinito. |
|
|
|
|
| O cíclope, antropocentrismo, sexo e distancias |
|
 O ciclope é ese ser mítico cun só ollo na fronte. Por iso, non pode percibir a profundidade das cousas, xa que carece dun segundo ollo e non pode enfocar e calcular as distancias, ten unha visión plana, sen releves, unidimensional. Polo tanto é torpe e lento, pero poida que grande poeta.
Dende o feminismo identificase ao cíclope como á visión masculina do mundo, poñendo de exemplo a Kubrick, que vai do mono ao hombre, déste á máquina cibernética e da máquina a deus en forma de monolito con facultades prodixiosas. A muller non constitúe máis ca unha paisaje de fondo. Porque o único suxeito da historia é o masculino.
Un pouco de humor nunca está de máis, dixolle o misóxino cíclope Polifemo a Ulises, pronunciando o seu famoso discurso:
Ter relacións sexuais cunha prostituta custa diñeiro e pode custarche a saúde. Telas cunha virxe faiche correr o risco de que os seus pais che fagan casar. Amar á túa propia muller chega a ser aburrido. Á allea, perigoso. A un home, repugnante. Eu líbrome de todos eses inconvintes grazas á miña man dereita.
E engadiu: Aclároche, polas dúbidas, que a miña man dereita non practica o adulterio.
Ulises chanceou: E a túa man esquerda?.
Polifemo baixou a voz: Non o repitas, pero son bígamo.
As gargalladas de Ulises interromperon a sesta dos deuses.
Pero hai outros xeitos de ver ao cíclope, como compartindo e amando, de preto, de moi preto. A xeito de xogo que nos propón o grande Julio Cortazar, non é un cíclope xigante, nin machista, nin sequera hai que vencelo, é simplemente compartir sen distancias.
Visto así, para que precisa o cíclope o segunto ollo se non garda distancia co outro?. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|