Caladiños


A Historia desde o presente
Heladio Anxo Fernández Manso
Profesor de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
Don Aurelio, Cuntis

 FOTOBLOGOTECA
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mudámonos
Caladiños muda de localidade. O afán de ver mundo, de coñecer outros lugares, lévanos a un novo enderezo onde continuar a nosa andaina caladiños.

Pero, por suposto, queremos agradecer a hospitalidade de blogoteca, onde tan ben nos sentimos estes case dous anos en que aquí nos acubillamos.

Vémonos en:


Comentarios (1) - Categoría: Presentación - Publicado o 14-11-2009 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Toward Los Angeles, California (1937)
A fotógrafa Dorothea Lange soubo captar coa súa cámara toda a miseria que supuxo para millóns de estadounidenses a crise económica despois do crack de Wall Street en 1929: A Gran Depresión.
O crecemento económico dos 'felices anos vinte', baseado no consumismo e na especulación, trocou na maior crise do capitalismo. A caída da Bolsa, a creba de centos de bancos, o peche de milleiros de empresas, provocou que moitos o perderan todo, converténdose en vagabundos.
Nesta foto reflícetese con ironía a coxuntura. Dúas persoas camiñan pola estrada, cos seus fracos macutos. O anuncio ofrece todas as comodidades da viaxe en tren pero... quen pode pagalas?
Comentarios (0) - Categoría: Entre dúas guerras mundiais - Publicado o 27-10-2009 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Latexos dun mundo convulso
O outro día visitei a exposición 'Latexos dun mundo convulso' no Auditorio de Galicia en Santiago, onde permanecerá ata o 22 de novembro. A exposición está formada cen fotos de dez reporteiros españois de primeiro nivel: Sandra Balsells, Javier Bauluz, Clemente Bernard, Paco Elvira, Cristina García Rodero, Santiago Lyon, Kim Manresa, Enric Folgosa Martí, Fernando Moleres e Gervasio Sánchez.

Aínda que xa coñecía moitas das fotografías expostas impresionoume velas en gran formato e formando todas elas un conxunto, un mosaico do sufrimento humano. Directas ao corazón e a razón. A maioría reflicten a miseria material e moral da guerra, pero non esquecen outras miserias máis cotiás como a violencia contra as mulleres, a pobreza ou a inmigración.

Imaxes marabillosas para entender este noxento mundo. Imaxes que reflicten a dor sen límites de persoas coma nós, inocentes condenadas a sufrir. Quen son os culpables? temos nós algunha responsabilidade?

Se nos preocupa o que ocorre máis alá da nosa sala de estar, se temos un mínimo de sensibilidade 'humana', se queremos mellorar este mundo convulso, mirar, ler, esta exposición nos axudará.

Pódense concertar visitas guiadas no teléfono 981574152/3 para alumnos de máis de 12 anos.
Comentarios (0) - Categoría: Recursos (outros) - Publicado o 16-10-2009 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A gripe española de 1918
A gripe española, tamén coñecida como a gran epidemia da gripe, a cascuda, a gripe do 1918 ou o pesadelo, foi unha gripe causada pola influenza dun virus de tipo A, de gravidade considerable, procedente das aves. En moitos casos causaba a morte só dous días dos primeiros síntomas.

Matou uns 40 millóns de persoas en todo o mundo entre 1918 e 1919, catro veces máis que a I Guerra Mundial. Crese que foi unha das epidemias máis letais da historia da humanidade. A diferenza doutras epidemias, esta matou maioritariamente a mozos e adultos, mentres que a maioría dos andazos soen matar a anciáns e nenos.

A enfermidade foi observada por primeira vez en Fort Riley, Kansas, nos Estados Unidos, o 4 de marzo de 1918. En Europa apareceu por primeira vez en Francia, desde onde pasou a España, un dos países con maior número de afectados. En España calcúlanse 8 millóns de afectados e 300.000 mortes.

Estímase que esta gripe a padeceu un 20% da poboación da Terra naqueles tempos. Entraba nos países a través dos portos e as vías de comunicación terrestre. Só na India houbo 12 millóns de mortos.

No bando dos aliados, durante a Primeira Guerra Mundial, chamárona gripe española, porque a epidemia recibiu unha atención maior da prensa en España que no resto do mundo, xa que España permaneceu neutral na guerra e, polo tanto, non censurou a información sobre a enfermidade. A guerra non causou a gripe, pero multiplicou os seus efectos, xa que as condicións de vida nas trincheiras, o amoreamento e o desprazamento dos exércitos, estenderon o contaxio.

Hai catro anos os científicos conseguiron reconstruír o virus grazas ao achado do corpo dunha vítima de 1918, unha muller esquimó de Alaska. O frío preservara ben a materia.


Paula Fandiño e Melissa Martínez (4º ESO)
Comentarios (1) - Categoría: I Guerra Mundial - Publicado o 09-10-2009 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
La guerra de las trincheras, de Jacques Tardi
La guerra de las trincheras de Jacques Tardi, reeditado por Norma Editorial este mesmo ano 2009, é un cómic excepcional sobre a Primeira Guerra Mundial. Perfectamente documentado sobre o que ocorreu na Grande Guerra, non é (como nos di o autor na introdución) un libro de historia senón “unha sucesión de situacións non cronolóxicas vividas por homes manipulados e involucrados, visiblemente descontentos de atoparse onde estaban e coa única esperanza de vivir unhas horas máis, desexosos sobre todo de volver as súas casas... nunha palabra, que a guerra rematara! Non hai heroes nin personaxe principal nesta lamentable aventura colectiva que é a guerra. Soamente hai un enorme e anónimo berro de agonía”.

Non é un libro de Historia, pero está cheo de historias verdadeiras. A través dos medos e amarguras que sofren os protagonistas, persoas con nomes e apelidos, da primeira gran matanza do século XX, percibimos con claridade a loucura e estupidez da violencia institucional que converteu ás persoas en carne de canón. A súa vida non valía, non vale, nada. Pero eles tamén foron responsables:

“(...) Y todos, desde el funcionario al obrero, marcharon convencidos de que iban cubrirse de gloria y a tomarse unas vacaciones. En una semana, todos partieron al frente: los alemanes, los austríacos, los belgas, los rusos, los italianos, los turcos y los franceses.
(...)
En un café, la orquesta interpretó la Marsellesa. Los clientes, en un mismo ímpetu patriótico, se incorporaron y cantaron el himno nacional. Sólo un anciano se negó a levantarse. ¿No compartía el entusiasmo del glorioso momento? ¿Era la única persona lúcida del local? ¿Recordaba viejas derrotas?
Le trataron de espía a sueldo de Alemania, de traido y de boche.
Aquel día, un domingo, en la terraza de un café, tuve ocasión de contemplar a unha de las primeras víctimas de la guerra.”
(pax. 36-37)

Levo anos usando os realistas debuxos en branco e negro, e os precisos e literarios textos de Tardi, nunha simbiose perfecta de imaxe e palabras, nas clases. Non só para que os meus alumnos coñezan o que pasou en Europa entre 1914 e 1918, senón tamén (e máis importante) para que sintan o terror da guerra, de tódalas las guerras. Non hai nada que xustifique semellante desastre, pero aquí seguimos, convivindo naturalmente coa guerra. Ler esta obra redonda é unha vacina contra calquera concesión belicista.

“(...) El general Berthier se conformó con tres hombres. Los sargentos los echaron a suertes. Se les sometió a Consejo de Guerra y fueron condenados al pelotón de ejecución. (...)
De rodillas junto a la pared de una granja, sin postes y con los ojos vendados, los condenados fueron fusilados por soldados novatos recién llegados al frente.
Todo el regimiento asistió a la ejecución de los tres soldados.”
(pax. 51-52)
Comentarios (2) - Categoría: I Guerra Mundial - Publicado o 05-10-2009 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1916, de Fabien Bedouel
Execelente curta de animación realizada no 2003, ambientada na fronte das trincheiras en plena I Guerra Mundial.

Comentarios (1) - Categoría: I Guerra Mundial - Publicado o 01-10-2009 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
El miedo, de Gabriel Chevalier
El Miedo (La Peur), publicado por Acantilado, é un libro de memorias sobre a vida dun soldado francés na Primeira Guerra Mundial. O seu autor alistouse no exército francés o ao principio da Guerra, en 1914, e agás uns meses que estivo ferido e uns días de permiso, permaneceu na trincheiras ata o fin da chamada Grande Guerra polos contemporáneos. Despois da guerra adicouse ao periodismo e á literatura, publicando o libro por primeira vez en 1930. Un libro esquecido pola carga crítica que contén sobre os prexuízos nacionalistas e o militarismo.

É un libro magnífico, sendo un libro de recordos lese coma unha novela, cunha linguaxe áxil e suxerinte. Todo nel transmite autenticidade, a pesar de que sabemos que a memoria é selectiva. Non hai ningunha concesión nin ao patriotismo, nin ao heroísmo. Só hai medo, o actor principal de tódalas guerras para aqueles que as sofren, persoas normais abocadas ao horror sen apenas posibilidades de elixir. Sobrevivir é o único afán, aínda que para conseguilo haxa que actuar con indignidade.

O autor non deixa ningún flanco da guerra sen cubrir, creando un fresco perfecto, estremecedor polo seu realismo pero trufado de ironía, do que viviron e sentiron os protagonistas nas trincheiras e na retagarda. Unha obra a altura do cómic La Guerra de las Trincheras, de Jacques Tardi (autor da portada da edición francesa), do documental Campos de Muerte, da BBC, ou do filme Senderos de Gloria, de Kubrick. Todos nos explican a I Guerra Mundial, pero tamén, e ese é o seu mérito, calquera guerra.

O patrioterismo inicial (ou o desexo de non perderse a gran aventura da guerra, no caso do autor) que moveu ás masas ignorantes ansiosas por 'machacar' nuns día aos boches; a estupidez das consignas e da propaganda; a vida miserable e terrible nos tobos das trincheiras; o dolor das feridas, da morte, do terror; a incapacidade e crueldade dos mandos e da opinión pública na retagarda e, mesmo, os momentos de humanidade entre os soldados, aparecen ante nós segundo imos pasando as páxinas deste imprescindible libro antibelicista. O autor consegue plenamente os seu propósito, que non caiamos na trampa da retórica patriótica, que odiemos á GUERRA, xa que nela o único que existe é o MEDO.


"... De todas, la condición militar es aquella en la que menos se usa la mente. Es preciso que sea así para que el ejército pueda reclutar sus cuadros y reconstituirlos facilmente cuando se ven diezmados. Toda la fuerza del ejército reside en el principio del firmes, que anula en los subordinados la facultad de raciocinio. Es una necesidad comprensible. ¿Que sería del ejército si a los soldados se les ocurriese preguntar a los generales adónde los llevan y se pusieran a discutir el asunto con ellos?..."
Comentarios (0) - Categoría: I Guerra Mundial - Publicado o 25-09-2009 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Idade penal aos 12 anos
A proposta do PP de rebaixar a idade penal aos 12 anos é inmoral, demagóxica e irresponsable. Non busca mellorar a convivencia social, senón aproveitar a alarma creada polos casos de violencia protagonizados por adolescentes para gañar apoios electorais (o que por desgracia pode ocorrer), amosando un desprezo absoluto mesmo polos principios cristiáns que din defender. Ollo por ollo... todos cegos. Os políticos deberían ter unha maior capacidade e ‘sentidiño’ á hora de anunciar medidas máis viscerais que racionais, que só contribúen a agudizar os conflitos e non a resolvelos. Converter en potencias criminais a nenos de 12 anos é unha barbaridade sen obxecto. Vivimos inmersos nunha sociedade na que a violencia e a lei do máis forte gozan dun prestixio público noxento, e contra iso é contra o que se deberían propor actuacións éticas cribles, serias. Unha verdadeira aposta pola educación e valores e unha maior xustiza social, dentro e fóra da escola (recordemos a oposición do PP á materia de Educación para a Cidadanía), se me antollan os únicos remedios efectivos, pero non venden. Alguén cre que a vinganza, legal ou non, reducirá a criminalidade en calquera grupo de idade?
A chocante e contraditoria ocorrencia de limitar o acceso ás redes sociais en internet é unha soberana estupidez, froito da ignorancia e dos prexuízos sobre a vida dos adolescentes.
Subscribo totalmente o que di Antonio Avendaño en Público sobre a proposta de redución da idade penal, que reproduzo abaixo.


No es más eficaz, sólo es más egoísta

ANTONIO AVENDAÑO

Todas las derechas del mundo han creído siempre que la letra con sangre entra y que el endurecimiento de las penas y la multiplicación de los escarmientos es el camino más corto para hacer justicia. Llevan razón en que se trata del camino más corto, pero no en que lo sea para hacer justicia.
Rebajar desde los 14 a los 12 años la edad penal de los menores es el camino más corto para muchas cosas: es el camino más corto para obtener votos, para satisfacer instintos vengativos o para mitigar el desconcierto de los ciudadanos ante ciertos crímenes pavorosos. Es el camino más corto para extender entre el público la ilusión vana de que existen soluciones simples a problemas complejos. Y no existen tales soluciones: si existieran, seguro que se sabría.
Incluir en la ley la opción de que un niño de 12 años que ha cometido un crimen sea encarcelado no mejora una sociedad, sino que la envilece. Y ni siquiera es eficaz para combatir esa violencia: si un menor de 14 años comete un asesinato la razón principal para hacerlo no será nunca su certeza de que no irá a la cárcel. Nadie de buena fe puede creer tal cosa.
Lo que sí cree de buena fe mucha gente es que endurecer las penas es algo bueno y eficaz, algo que hará que este mundo funcione mejor. Sin duda, multiplicar los escarmientos es algo bueno, pero lo es únicamente para la parte más vil de nosotros mismos, para la parte que exige ciegamente el ojo por ojo y el diente por diente, y que los exige no para impedir nuevos crímenes, sino simplemente para aplacar nuestro desconsuelo por los que se cometen sin que hayamos podido evitarlo. Endurecer las penas parece más eficaz, pero en realidad es sólo más egoísta. Nada más.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 04-09-2009 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As vítimas, os nomes e as voces
Trinta anos despois da Transición e grazas ao impulso político da Consellaría de Cultura do bipartito, coa declaración do ano 2006 como Ano da Memoria, está xa na rede a base de datos dos represaliados pola ditadura franquista en Galicia. É o froito dunha investigación realizada polas universidades galegas. En total recolle case 14.000 nomes de vítimas da represión durante a Guerra Civil: asasinados, encarcerados ou castigados. Todos eles poderán ser consultados en internet na páxina http://nomesevoces.com. A partires de agora, iníciase a segunda parte, que abordará os primeiros anos da instauración da réxime franquista, no 1940.

O director do proxecto foi o catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto, que explica a tardanza na reparación da memoria das vítimas en Galicia coa constatación dunha realidade: ‘aquí seguiron gobernando os que gañaron a guerra, non os que a perderon’. Fixéronse máis de 450 entrevistas e estas fontes orais foron contrastadas con documentos, libros ou fotografías. Como di Fernández Prieto: Son todos os que están, pero non están todos os que foron. Por iso o traballo debe continuar, para reparar a memoria dos milleiros de persoas que sufriron a barbarie e a ruindade, e que, para vergonza da nosa sociedade ‘democrática’, se procurou esquecer desde os órganos de poder. Por todas elas, esta iniciativa merece todo o recoñecemento dos que cremos na verdade e na xustiza.
Comentarios (0) - Categoría: Guerra Civil - Publicado o 14-08-2009 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet