Categorías
 Webs de interese
 Arquivo

Javi Gracia renovado como adestrador do Pontevedra

Na tarde de onte, en comparecencia de prensa do presidente do Pontevedra e do adestrador do conxunto granate anuncióuse a renovación de Javi Gracia por dous anos.

A directiva e os siareiros mostraron claramente á súa estima co vasco que chegou na metade da segunda volta e que cambiou por completo a actitude e moral do conxunto granate.

A pesares de que aínda non se coñece en qué categoría vai xogar a escadra lerezana a vindeira tempada o presidente Nino Mirón aposta forte por un proxecto de futuro con Javi Gracia.
Comentarios (0) - Categoría: 06 Mercado de fichajes - Publicado o 31-05-2007 04:20
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O "partidazo" o único que non vai ser televisado
Dos oito partidos que se xogarán esta fin de semana da fase de ascenso á Liga BBVA, o considerado como "o gran partidazo" que será o que enfrentará ao Pontevedra co Córdoba vai ser o único que non será televisado polas discrepancias aínda existentes entre a Televisión de Galicia e o Pontevedra C.F. que nin para o play-off parece que teña visos de ser solucionado. Unha verdadeira mágoa.
Comentarios (0) - Categoría: 01 Previas - Publicado o 31-05-2007 04:16
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A volta xogarase o domingo ás 20:00
Á mesma hora co partido de ida vaise xogar o partido de volta no estadio de Pasarón. Un terreno de xogo que ao parecer vai contar coas bancadas dos fondos para este encontro.

O venres publicaremos unha galería co estado das obras a falta de nove días para a celebración do encontro.
Comentarios (0) - Categoría: 01 Previas - Publicado o 31-05-2007 04:14
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Viaxe a Córdoba: 15€
A vindeira semana os afeccionados que se queran achegar ata a cidade cordobesa para presenciar o partido de ida das semifináis da fase de ascenso coa Federación de Peñas do Pontevedra poderá facelo polo prezo de 15€.

O plan de viaxe depende de se se escolle opción de hotel ou non. O prezo non varía.

- Opción Hotel: Saída ás 6 de mañá do sábado (do venres ao sábado) dende o Pavillón dos Deportes con chegada aproximada a Córdoba ás 21:00 (paradas incluídas). O hotel só ten réxime de aloxamento.

- Sen hotel sairase as 0:00 horas do domingo.

En ambos casos, a volta será ao remate do encontro con chegada aproximada arredor das 14:00.

Sen dúbida a data e hora do partido, establecida para o domingo ás 20:00 fai un flaco favor aos siareiros granates.
Comentarios (0) - Categoría: 07 Marea Granate - Publicado o 31-05-2007 04:10
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Retornamos
Hoxe, a escasas horas de que comece o primeiro partido das eliminatorias de ascenso á Liga BBVA voltamos para dende a propia cidade de Pontevedra seguir a actualidade do clube granate.

¡Re-benvidos!
Comentarios (0) - Categoría: 08 Otras - Publicado o 31-05-2007 03:58
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal