|
|
|
|
| Javi Gracia renovado como adestrador do Pontevedra |
|

Na tarde de onte, en comparecencia de prensa do presidente do Pontevedra e do adestrador do conxunto granate anuncióuse a renovación de Javi Gracia por dous anos.
A directiva e os siareiros mostraron claramente á súa estima co vasco que chegou na metade da segunda volta e que cambiou por completo a actitude e moral do conxunto granate.
A pesares de que aínda non se coñece en qué categoría vai xogar a escadra lerezana a vindeira tempada o presidente Nino Mirón aposta forte por un proxecto de futuro con Javi Gracia. |
|
|
|
|
| O "partidazo" o único que non vai ser televisado |
|
Dos oito partidos que se xogarán esta fin de semana da fase de ascenso á Liga BBVA, o considerado como "o gran partidazo" que será o que enfrentará ao Pontevedra co Córdoba vai ser o único que non será televisado polas discrepancias aínda existentes entre a Televisión de Galicia e o Pontevedra C.F. que nin para o play-off parece que teña visos de ser solucionado. Unha verdadeira mágoa. |
|
|
|
|
| A volta xogarase o domingo ás 20:00 |
|
Á mesma hora co partido de ida vaise xogar o partido de volta no estadio de Pasarón. Un terreno de xogo que ao parecer vai contar coas bancadas dos fondos para este encontro.
O venres publicaremos unha galería co estado das obras a falta de nove días para a celebración do encontro. |
|
|
|
|
| Viaxe a Córdoba: 15€ |
|
A vindeira semana os afeccionados que se queran achegar ata a cidade cordobesa para presenciar o partido de ida das semifináis da fase de ascenso coa Federación de Peñas do Pontevedra poderá facelo polo prezo de 15€.
O plan de viaxe depende de se se escolle opción de hotel ou non. O prezo non varía.
- Opción Hotel: Saída ás 6 de mañá do sábado (do venres ao sábado) dende o Pavillón dos Deportes con chegada aproximada a Córdoba ás 21:00 (paradas incluídas). O hotel só ten réxime de aloxamento.
- Sen hotel sairase as 0:00 horas do domingo.
En ambos casos, a volta será ao remate do encontro con chegada aproximada arredor das 14:00.
Sen dúbida a data e hora do partido, establecida para o domingo ás 20:00 fai un flaco favor aos siareiros granates. |
|
|
|
|
| Retornamos |
|
Hoxe, a escasas horas de que comece o primeiro partido das eliminatorias de ascenso á Liga BBVA voltamos para dende a propia cidade de Pontevedra seguir a actualidade do clube granate.
¡Re-benvidos! |
|
|
|
|