Ghiate por min



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Carta a unha xeración.
boveda en Ourense
Coñézote ben, sei que estás a favor das políticas que favorecen a xustiza social, sei que te manifestaches cando foi aquelo da LOU, sei que foches limpar o chapapote do Prestige, e sei que te cabreas cada vez que les a prensa. A verdade é que xa non me lembro se te declaras de esquerdas ou non, e para serche sincero tampouco me interesa. Ti coma min medraches á par da sociedade da información, só que ela medrou máis do que podiamos imaxinar e ti e máis eu, sen embargo, apenas saimos de debaixo da saia das nosas nais.

Todas as sinais que nos chegaban eran de que nada, absolutamente nada, ía cambiar. Xa pasaran por unha guerra civil, polos anos da fame e incluso por unha transición ?modélica?, como di o dogma. Agora xa estamos nunha monarquía parlamentaria, disque unha democracia ?modélica?, tanto que non nos plantexamos demasiado qué fai un rei como xefe do estado. Certo é que non toda a culpa é nosa, os nosos pais xa se encargaron de dicirmos que esto era imposible de cambiar, asi que o mellor que podiamos facer era adicarnos a estudar para poder ter un traballo polo menos tan bó como o seu, e nós , ti e máis eu, caimos na trampa; ainda por riba pensabamos que o traballo que iamos ter non é que fora ser igual, é que ía ser moito mellor, e a cousa non che era para menos, xa que oportunidades para formarnos non nos faltaron. Coa nosa capacidade creativa minguada pola informática, a tele e pola idea de mellor deixar as cousas como están, dedicamosnos a pasalo ben e de vez en cando a estudar un pouco. Pouco máis tiñamos que facer se nos prepararan para eso, e ollo con non sairse dese camiño, non foras ser un deses que  traballan para os demáis, que sei eu, estando nunha asociación de veciños, nunha asociación cultural, nun clube deportivo modesto ou nun sindicato.
Fai tempo que non nos vemos pero chegou aos meus ouvidos que sentiches envexa polos franceses que xa ían polo oitava folga xeral e os ?nosos? sindicatos só foran capaz de convocar unha tarde,mal e arrastro. Porque colaborar non nos gusta moito, pero se de criticar se trata aí si que estamos ben educadiños, sobre todo se se trata de sindicatos ou funcionarios. Onte tamén me dixeron que estabas indignado porque o governo e os sindicatos estatais estaban cambiando, como se de cromos se trataran, anos de xubilación por centrais nucleares.

Tras estos dous últimos anos estamos na posición de afirmar que as cousas si que cambian, pero para peor. Primeiro fixeron que non nos preocuparamos polos anos de cotización e de súpeto querennos cambiar as regras de xogo, condicionando xa todo o que nos queda de vida. Ainda que non mo queiras dicir sei que sabes que hai unha folga convocada para  o 27 de xaneiro por varios sindicatos no estado español, sí, os dos cromos aos que criticas non a convocan pero sí están a CIG(sindicato maioritario en Galicia), a CUT, a CGT, a CNT,  ELA ou LAB entre outros.Tamén sei que non pensaches moito no tema, non fora ser que para ser coherente contigo mesmo tiveras que respaldar a folga, ainda que  por se acaso alguén se molesta en preguntarche pola túa opinión tes preparada a excusa fácil de que total vai ser un fracaso así que para que vas ir ti e catro máis.

Igual vai sendo tempo de sair de debaixo da saia das túa nai e afrontar a realidade, e asumir que a sociedade non funciona sen ti, que tantas oportunidades de formarte tiveches. Non vaia ser que cando queiramos reaccionar sexa demasiado tarde ou o que é peor que demos por asumido que a verdadeira xustiza é unha andrómena.

Para despedirme gustariame que leras un anaco dun artigo chamado ?Indignádevos!? publicado no diario GaliciaHoxe o 16 de xaneiro do 2011: ?Coa dignidade pasa coma coa liberdade: por moito que se teña, se non se exerce acábase por perdela. De xeito que, unha e outra, compre exercelas. Sobre todo cando están en perigo, cando alguén chas ameaza, cando chas restrinxen ou chas negan -que é mesmamente cando custa, cando compre facer un esforzo e asumir un risco para pólas en acción?. X.M.B.?

Un saúdo.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2011 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0