Ghiate por min



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O Jameseo 2010 de Galicia
O outro día chegoume un correo publicitario no que viña o cartel completo do MTV Galicia, no que se destacaba a presenza de Cornelius 1960 como única banda nacional do evento; efectivamente, é a única banda que provén de Galicia, mais no que xa non todo o mundo estará de acordo é en que a música que fan sexa galega, que cada un o escoite e opine que sonar non soan mal. Paréceme moi ben que este grupo estea no cartel do festival, o que xa non vexo tan lóxico é que non se atope un grupo que lle poida poñer a este festival un valor engadido dende a nosa cultura. Seguín lendo o mail e vendo os grupos que viñan o festival, que se un de Australia, que se outro de Inglaterra e finalmente o cabeza de cartel, Arcade Fire, seguramente unha das mellores bandas da actualidade, pero que a pesar de ser de Quebec, cantan en inglés. Co tema do valor engadido andamos a fallar non só nas políticas económicas senón tamén nas políticas culturais.

Uns días antes no festival Xacobeo 2010, que reuniu a 25.000 persoas, había un cartel de características similares nas que desta vez tamén tiñamos un grupo de orixe galego, The Right Ons, un islandés (Jonsi) e dúas bandas británicas moi coñecidas como son Pet Shot Boys e Muse. Qué tiñan en común: que todas cantan en inglés, e xa está, porque neste caso nin se podía dicir que fixeran música dun mesmo estilo. Non se me ocorre mellor ocasión para promocionar a musica galega, que tan poucas oportunidades ten, que un festival onde se tiña un cheo asegurado grazas o poder do espectáculo da banda de Matt Bellamy; sen embargo á organización so lle faltou cambiar o nome do festival e poñelo en inglés.

No ano 2000 tiven oportunidade de asistir o Santi-Rock 2000 onde puiden disfrutar de grupos como Iggy Pop, Yo la Tengo ou Skunk Anansie ,entre outros, pero entre os concertos mais animados tamén estiveron os Heredeiros da Crus, que tiveran que desenchufarlles o equipo para conseguir que marcharan xa que estaban moi cómodos entre ese publico que é capaz de escoitar musica cantada en galego, pero que ademais sorprendentemente tamén éche capaz de escoitala en ?inghlés?; xunto aos de Ribeira tamén estaban a Psicofónica de Conxo.

Dez anos máis tarde vemos que nos dous grandes eventos organizados polo Xacobeo para a xuventude non hai ningún grupo que cante en ningunha das linguas que maioritariamente coñecen todos os galegos.Se cadra os Feijoo e compaña equivocáronse de inimigo na súa loita para evitar que o castelán desapareza desta terra, o galego semella inofensivo á vista deste inglés que cada vez globaliza máis forte.

Poderíamos pensar que qué internacionais somos, pero nin iso, xa que todos os grupos pertencían a unha mesma cultura, a angloxasona. No favor da organización hai que dicir que escolleron o idioma no que máis produción musical hai e seguramente por cuestións meramente estatísticas máis calidade, pero non a suficiente como para que o inglés invisibilize o resto dos idiomas, nin os que nós son mais próximos como poderían ser o galego, o castelán, o portugués, o catalán, o francés, o euskera ou o italiano, ou os que nos son mais distantes como o chinés o finés ou o búlgaro.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-09-2010 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 PORQUE NON É SÓ O IDIOMA O QUE ESTÁ AMEAZADO

SENÓN A NOSA PROPIA CAPACIDADE LINGÜÍSTICA, sexa cal sexa o idioma que falemos

A LINGUA É PRODUCCIÓN, a lingua produce, produce COMUNICACIÓN
PRODUCE PENSAMENTO, PRODUCE CAPACIDADE POÉTICA, produce ganancia e beneficio, PRODÚCENOS como HUMANOS, prodúcenos como FELICIDADE

A lingua é PRODUCCIÓN, de aí os intentos do CAPITAL por PRIVATIZAR a lingua, por deixarnos SEN PALABRAS

--------------------------------------------------

A LINGUA, calquera LINGUA NO CAPITAL, tende ao esvaecemento#blgtk08#, tende a converterse en algo que se consume. En algo que xa non PRODUCIMOS os falantes, senón o CAPITAL, no seu intento de privatizarnos, PRODUCE PARA NÓS

---------------------------------

No CAPITAL os creadores da Lingua, os falantes, pasan a ser CONSUMIDORES; a Lingua, calquera Lingua no Capital, pasa a ser un producto de consumo, o mesmo que calquera outra MERCADORÍA

-----------------------

LINGUA-SERVIDUME LINGÜÍSTICA
KAPITAL-KILLER
ASASINA

********************************
********** Chus Pato ***********
Comentario por alberto (14-09-2010 18:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0