Ghiate por min



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Monte San Miguel

Sendo cativo pensaba que o monte San Miguel era enorme; subir a el era unha gran aventura, para nós como subir o Everest, e ao chegar arriba viamos todo o Val e xogabamos a poñerlle nome aos rueiros que albiscabamos dende alí: Nova York, Katmandú, O Cairo ou Cambridge, nome que aprenderamos nun vello xogo de ordenador. Pero o mellor de todo era baixar facendo a cabra, a ver quen chegaba antes.

Despois de subir de novo o outro día logo de dez anos fun directo a falar ca miña avoa, e pregunteille se elas tamén subían cando eran cativas, ao que ela respostoume coa decisión que a caracteriza:
- E logo que habiamos facer, antes non tiñamos tantas cousas para enredar como teñen os nenos de agora e ala arriba iamos cando tiñamos un rato libre toda a rapazada de Culleredo -Notei nas palabras dela que, malia que asumía que os tempos cambiaran, non era capaz de entender como un neno había de preferir un ordenador que ir ao monte a xogar cos outros rapaces.

Se eu deixara de ir ao San Miguel durante tanto tempo foi porque éste fora marcado cun oleoducto anos atrás, e como non acabara de entender porqué había que cortar así algo tan especial quitáronsenme as ganas de subir a aquel monte que tan bos momentos deixara no meu recordo.

Quen me ía decidir que anos máis tarde ía voltar a subir para defendelo dunha inxustiza aínda maior ca do oleoducto, a súa completa destrucción; unha vez alí arriba vin claro a riqueza que tiña a parroquia de ter aquel xigante vestido con árbores ainda que tivera unha raia de pedras xusto polo medio.

O monte San Miguel máis os seus catro irmáns, que ainda que máis pequenos axúdanlle a controlar todo a contorna, a protexer aos rueiros dos ventos, das secas e mais das inundacións, están en perigo de desaparecer xa que alguén parece ter un escuro interés en ampliar o aeroporto de Alvedro, nunha obra que non ten xustificación nin económica nin social, e moito menos ecolóxica. Esperemos que ésta non sexa a derradeira historia deste monte e que poida encher as tardes de moitos máis cativos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2010 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Estou de acordo coa protección do Monte San Miguel.É un disparate o que se pretende facer. No seu día (23 de xaneiro deste ano) escribinlle ao alcalde de A Coruña o seguinte:
Sr. Losada:
Hoxe a Voz de Galicia publica que as obras iniciaranse este ano. Eu vivo na Coruña e son mestre na localidade de Tarrio e, dende o Colexio, vese perfectamente o que se vai ampliar e como se vai facer a obra.
Invitoo -de verdade- a que si ten un oco na sua axenda veña ata es#blgtk08#te colexio e lles explique aos meus alumnos (6º de E.P)os beneficios de tal ampliación para A Coruña e os perxuicios que han sentir eles,as súas familias e o entorno do lugar e por que para beneficiarse uns non se teñen en conta os males que han causar aos outros.(Non é necesario ver publicado este comentario, só lle quero facer chegar o que se pensa dende estoutro lado e que vostede -se quere- pode comprobar)
Moitas grazas.
Paco Pita mestre no CEIP Tarrío-Culleredo.
Comentario por Paco Pita (14-07-2010 11:34)
2 Este foi un texto que foi enviado o concurso Montañas en Rede.
Eu penso que se todo o mundo tivera a oportunidade de ter a información sobre o aeroporto de Alvedro, esta#blgtk08#rían en contra da amplicación. Pero os medios de comunicación meteron moi ben o pensamento único neste tema.
Grazas por amosar a carta que lle escribiches ao Sr Losada.
Comentario por pablo (20-07-2010 15:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0