Ghiate por min



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Avante carnocho!
Onte voltaron a xuntarse despois de moitos anos Os Papaqueixos e alí estaba coma sempre nun acto deste tipo Xurxo Souto. E pareime a pensar as veces que aparece na miña vida este coruñés, primeiro cos Diplomáticos de Monte Alto con esas cancións que sempre formarán parte da miña vida: ?Gaiteiro?, ?Oda o futbolín?,?Nordés? e aquela versión de Radio Océano ?Coma o Vento?. Tamén aqueles concertos como o do Castelo de San Antón cando eu só tiña catorce anos e segue a estar no meu maxín como un dos mellores concertos os que fun nunca. Ou aquel do San Froilán onde merquei a camiseta que tiña debuxadas dúas parrochas enrocadas.
Despois co seu programa A Tropa da Tralla onde el e 15000 carnochos máis enchíannos as mañas dos domingos nas que reivindicaban as figuras de Pucho Boedo, Los Satélites ou Andrés Dobarro e daban a coñecer entre outros O garbanzo neghro ou os mesmos Papaqueixos. Tamén ca súa literatura co seu Libro de relatos Fumareu que en cada historia achegábache a súa Coruña cunha visión pangalaica ou cas súas colaboracións na revista esporádica Bravú onde entre outras cousas reivindicaban a creación dunha selección galega de fútbol.
Tampouco escapa á miña cachola aquel bar chamado Parrús onde pasábamos moitas tarde xogando o futbolín e arranxando o mundo. Baixabas aquelas escaleiras escuras con moito coidadiño coidado de non darche na testa e alí a esquerda ,estaba pintada na parede a Corunnécora , alí naquel curruncho do bar é onde sacaran a foto da contraportada de aquel gran disco, para moita xente o mellor do rock galego ?Avante Toda?.
Pasaron os anos e el voltou a aparecer cun novo proxecto: ese programa de radio que empezou sen nome para que llo puxeran os oíntes pero quedou co provisional ?Aberto por reformas?, un programa que demostrou que o galego vale para todos os estilos de música que poidades imaxinar. Lamentablemente esa ?reforma? do nome non puido continuar, a dirección da Radio Galega finalizou a emisión deste programa. Esta e outras accións do goberno da Xunta de Galicia levaron a xente a saír a rúa o 18 de outubro en Santiago e alí ca Quintana ateigada de xente estaba Xurxo falándolle a xente e deixando clara o seu gusto polos topónimos tanto de lugares grandes como dos pequenos, de vilas como de aldeas, de cidades como de barrios. Citándoo moitos nomes do país da microtoponimia , parándose especialmente a citar moitos aos dos barrios da Coruña e Vigo: Monte Alto, Coia; Labañou, Calvario; Os Mallos, ou O berbés, esta parada non era casual se non que foi para botar abaixo o tópico de que nas cidades non queremos ao galego. E de paso para deixar ver que cada lugar por pequecho que sexa ten a súa singularidade e personalidade. Para Xurxo non che é o mesmo ser da Coruña que dos Rosais, non che é o mesmo ser de Vigo que ser de Teis. Eso si sempre deixando claro o prexudicial que é para a nosa sociedade as disputas localistas como por exemplo a que hai entre Vigo e Coruña.
Ese rapaz que ao final do seu discurso botoulle peito e cantou a capela ?A nosa historia facémola nós?, diante de 50000 persoas, ten a capacidade de ser ben querido pola xente da súa cidade polos de Juan Florez e polos de Labañou, polos maiores e polos novos. Nunca dende que sei del escoitei a ninguén falar mal del, menos nalgún comentario carente de todo sentido e fundamento nalgún sitio polo internete adiante, pero xa di un bo amigo meu que o internete ten estas cousas malas.

Na contra do vazquismo que nunca deixou de estar de moda na Coruña esperamos algún novo proxecto de Xurxo.

Partiu!.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2009 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 tantas veces que aparece na túa vida #blgtk08#xurxo souto...quizais é un sinal?? XD
Comentario por marta (06-11-2009 15:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0