Lemos na
Opinión o peche - deberiamos dicir perda- de mais unha livraria, a vella livraria Colon da Coruña , Real 24, 15003, a máis antiga da cidade (1935). Vai sobreviver á ditadura, mais non a hoxe.
E que dicer? Si fóramos un povo que quere o que é de seu sería un acontecemento que non pasaría desapercebido. Somos unha cidadania que maioritàriamente perde as súas orixes, agora seica é a especulación imobiliaria quen atinxe a cadea do livro (coñecíamos un caso de axexamento á
llibreria Catalònia de Barcelona). Hai pouco líamos en
Tirant al cap o peche da cadea de llibreries Manantial. Para alén de identificacións e adscripcións,o peche dunha livraria non é apenas iso.É a interrupción de algo vivo, dos livros que se atopan nos andeis, e dos livros por vir.As novidades que se incorporan e os que xa non se volveran pedir.Cando una livraria desaparece pérdese bibliodiversidade. Semella que hai livrarias axexadas, existe o
mobbing ou o
bullyng ao livro e á leitura?Desassossega, e muito