Coincidindo co peche de
Liber celebrouse o primeiro encontro de blogueiros enredados nisto do livro e o blog. Apañamos as precisas observacións de
Brétemas xa que unha das achegas das bitácoras é que codifican un outro espazo do opinabel e das relacións sociais. O "Encuentro blogs y libros en el Liber 06" argallouse en autoconvocatoria co alvo de transformar nunha oportunidade o diarismo de editores, poñendo en valor o debate sobre o livro,a leitura e a comunicación (blogs). Un debate que, na actualidade global, semella deslocarse cara a esfera do comercio e como simples produtos dunha industria cultural e do lecer enxergada sob os parámetros da oferta e da demanda. A informalidade da xuntanza propiciou pouca presenza de bibliotecarios. Mágoa,porque os temas son de urxente intervención nun debate globalmente comandado pola crematística e que deve ser recuperado na dimensión democrática que lle correponde a temas de común interese:cambio do rol do escritor, do editor, do libreiro e do bibliotecario,intermediación, literacidade crítica, e por achegar mais un: autonomia do cidadán & autonomia do consumidor.
Convídase á publicación de propostas co alvo de celebrar un segundo encontro no 2007. Ficaremos á espreita.Parabéns