LibriVox ofrece livros en audio de balde nunha interface que inclue pàxinas traducidas para o português. O web,conducido por
voluntários, arela fornecer en audio o máximo número posibel livros.
Pódese aceder xa a un salientabel
catálogo de audiolivros en inglés: a singradura do Beagle en
'A orixe das especies' de Charles Darwin, cunha duración de 24h. A banda do arquivo sonoro, fornece o texto en versión electrónica e información complementar sobre o autor. Xa se poden ler de balde varios clásicos: "Balada do cárcere de Reading" de Wilde, "O home que sabía de máis', de Chesterton. 'Orgullo e preconceito', de Jane Austen;'A illa do doutor Moreau', de H.G. Wells, 'Extracts from Adam's Diary', de Mark Twain e 'Alícia no país das marabillas'.Van aparecendo proxectos noutras
línguas .