gardalivros



Programa dispoñíbel na bitácora Literactua
Comentarios (4) - Àrea Novas.Comentarios - Publicado o 21-08-2007 21:38
Bibliomulas, Cibermulas
As outras bibliotecas - nomeadamente as bibliotecas móbiles rurais- deveñen prácticas necesarias cando as disparidades de acceso ao livro obrigan a pór en práctica o vello dictado utilitarista: achegar ao maior número posíbel de persoas materiais para a leitura. Venezuela, atraveso da Universidad Valle del Momboy, potencia agora esta práctica incorporando tamén computadoras e telefonía wireless (Vieiros)
Comentarios (23) - Àrea Novas.Comentarios - Publicado o 16-08-2007 09:17
Ministro Cesar Antonio
E no entanto chega o novo ministro de Cultura. Visto e ouvido debería andar atento o esteta se non quer chegar a ser mais unha nova versión do galego aquele que sempre quixo facer carreira na Villa y Corte.
Comentarios (46) - Àrea Novas.Comentarios - Publicado o 13-08-2007 18:36
De feirantes e pregoeiros
Mália concordarmos co extremo afago do pregón de Suso de Toro na Feira da Coruña, hei de dizer ca leitura ainda co semelle non é un acto solitario indentificado asín coas formas da exterioridade do corpo debruzado nun livro, mesmo ousaría dicir que é todo o contrario. É falar cos que non están, é dialogar cos mortos. Nefeito, é falar "con moitos outros" tal e como quixo Pessoa. Mais acho que de Toro lle concede prerrogativas de máis aos meios audiovisuais concebidos coma espectáculo e pase de vedettes, do mesmo xeito que o livro en canto que aparello ou dispositivo tamén non permite de seu oportunidade de réplica nengunha.Outra cousa é falarmos dos textos, e disto, como en botica. E as feiras, feiras son. Quer dizer, onde de Toro ten saudades de maior prestixio intelectual, Gadamer achou no diálogo entre feirantes unha expresión maior do auténtico diálogo entre iguais.A Platón dábanlle ataques de pánico cada vez sentía "falar" da escrita.

A falta da crítica da información ou se se quer, a falta de perspectiva ou de atención - de interese-, dase tanto perante un livro como diante da pantalla. Nen todos os "textos" dialogan nen todos os media enaxenan. Velaí, para pormos algún exemplo do eido televisivo, os programas Libro aberto, Marcapaginas, Pàginas 2, De llibres.O livro non é unha condición dada e malia os intentos de naturaliza nunca a leitura foi un valor universal.Mália o medre consustancial á democratización e alfabetización. Máis do que naturaliza-la o que se precisa é (re)politizar a leitura(de textos, imaxes,son). O ano pasado, por mor do 3º Simposio do livro a leitura quixemos trasladar como "cada vez se fai máis evidente a disonancia entre quenes defenden a leitura como máximo acto de individuación e coidado de si- tendente á súa ontoloxización- e a necesidade da súa socialización previa e posterior. A primeira tende a obturar e enxergar a necesidade e preeminencia da segunda, aquela onde as institucións teñen a obriga de intervir con políticas culturais precisas e orzamentadas". Con ou sen populismo.
Comentarios (1) - Àrea Novas.Comentarios - Publicado o 02-08-2007 20:17
Chumbo e leitura
Sabiamos do feliz e benefactor efecto da leitura. Coa axuda das neurociencias,a socioeconomía, a pedagoxía e o día a día, intuiamos que xenética, educación e habilidades cognitivas ben poden contribuír á reserva cognitiva - e afectiva- de todos nós. Polas súas connotacions culturais e socioeconómicas, o novedoso é empregar a leitura coma indicador do impacto cognitivo da exposición a un metal pesado - a ciencia cada vez se asemella máis a si mesma- . Segundo un estudo realizado entre traballadores da industria do chumbo de Canadá e que ven de ser publicado na prestixiosa Neurology os máis afeccionados á leitura son os que menos redución teñen da súa capacidade cognitiva. Noutras palavras,seica ler protexe o cerebro fronte dos efectos adversos da exposición ao chumbo.

Malia os efectos - e acho que deven ser moitos e prexudiciais- algunhas funcións cerebrais parecen resistir á exposición. Unha delas é a relacionada coa capacidade de ler, que tamén é un indicador das reservas cognitivas do individuo, e outra a habilidade cerebral de funcionar malia sufrir danos.

Os obreiros foron submetidos a diferentes análises motoras e cognitivas, a máis de estudar e valorar as súas capacidades de leitura.

Os investigadores calcularon o tempo de exposición ao chumbo ao longo de toda a súa vida laboral dos fundidores deste metal a través dos seus niveis de metal en sangue.


Logo da análise, os traballadores dividironse en grupos: o primeiro, considerado de alta reserva cognitiva -definido como leitores de grado 12 ou alto- e o segundo, de inferior reserva, nivel 11 ou baixo.


Segundo o estudo, malia experimentaren os dous grupos unha exposición similar ao metal, os efectos cognitivos do metal foron 2,5 veces maiores nos traballadores con menores habelencia leitora.

Pola contra, os efectos do chumbo no sistema motor foron comparabeis en ambos e dous grupos. Estes resultados suxírenos que altas reservas cognitivas teñen unha especie de efecto protector que permite a estes traballadores manter sas as súas funcións, mesmo cando o chumbo afecte o seu sistema nervioso e mostre os seus efectos nas habilidades motoras. Evidentemente, nada se dí sobre as condicións de traballo dos fundidores ou si entre as medidas da patronal se albisca orzamentar axudas para potenciar a compra de livros no departamento de prevención e saúde laboral dada a influencia demostrada da leitura para compensar as disparidades millorando as capacidades cognitivas, quer dicer, o seu potencial productivo. Certo é que o modelo institucional do novo capitalismo o podería utilizar perversamente para desmantelar ainda máis as condicions laborais e a fondar na inseguridade e a desigualdade que veñen asociadas segundo Richard Sennett á nova economía.


Xa se sabe que baixo a cuberta do cranio todos os vieiros son insondáveis...
Comentarios (0) - Àrea Nos livros - Publicado o 01-08-2007 09:31
As contas da Cidade da Cultura
O informe do Consello de Contas proponos revisitar en tempo vacacional e de exceso o debate sobre a megalómana e excesiva Cidade da Cultura. Acontece que o citado informe revela non só a falla dunha dirección estratéxica global,senón o máis importante, a falla dun proxecto e a desproporción e discutibel localización da intervención arquitectónica o que xerou a posteriori un debate falso sobre un desatino de difícil solución xa que ninguén sabe ainda onde é que hai que chegar. Segundo o informe, o anterior governo non só incumpriu os procedimentos pròprios e basilares dunha administración democrática senón que errou no máis óbvio para a enxergar e xestionar este tipo de equipamentos, nas formas prèvias que informan e anticipan tanto das formas xurídicas pròpias como o que será o seu contido,gañando en autonomía, competividade e eficàcia, gañando públicos locais e acrescentando aliados, dimensionando a incidencia social e económica do produto nunha contorna global que muda moi rápido e nunha realidade cultural nacional con grandes indixencias e limitada capacidade de recepción.E todo isto préviamente e á marxe de concluirmos se compria ou non encetar unhas instalacions destas características. Obrouse exactamente do aveso, abríndolle unha hipoteca ás contas públicas e ao sector cultural todo para logo tentar dirixir o debate de como facela necesaria e atinar en como pór en valor un contedor, en como facelo interesante - máis alá do hipotético impacto dunha obra do postmoderno Einsenman-, en como facelo atractivo e sobretodo, rendível.Unha intervención excesiva e paradoxalmente polivalente para tan poucas ideas. Para elo, compria arrodearse dos millores, creando e anticipando ad initio vieiros de participación denantes de tirar dos orzamentos nacionais, amosando intencións, alentando o debate que abrira novas frontes, en investigación cultural, no eido universitario, en biblioteca e documentación, en novas líñas de organización das industrias culturais....Precisábase tanto exceso?
Comentarios (0) - Àrea Novas.Comentarios - Publicado o 31-07-2007 11:29
Bibliotecas portuguesas
O pasado mes de maio os editores de Bibliotecas em Portugal, Fernando Vilarinho e José Pedro Silva entenderan terminar proxecto.Éste último mantén a pulsión blogueira no novo seu novo blogue Bibliotecas portuguesas. Un referente para manterse informado do que acontece no país irmán.
Comentarios (0) - Àrea Blogues e Bibliotecarios blogueiros - Publicado o 30-07-2007 14:07
Hipertexto
Ando estes dias revisitando a cuestión do hipertexto literario, aparello informático e meio electrónico omnipresente que está a amosar os seus límites ao tempo que fornece a súa potencia creativa e propón novos vieiros de aprendizaxe (cinema, teatro, performance,e-learnig). O livro entre mans alicérzase na escolla dos pioneiros da teorización da hipertextualidade e a crítica da literatura dixital e a cibercultura. Teresa Vilariño Picos e Anxo Abuín González (do que xa leramos Escenarios del caos.Editorial Tirant Lo Blanch) achegan textos da tradición francesa do hipertexto de ficción ( Jean Clément) e nomeadamente da nordeamericana (Michel Joyce, Bolter,George Paul Landow,..). Albíscase como os eidos criativos e críticos ben poden ampliar o seu campo de intervención poiético, alén do tópico da súa banalización, cando se ensarillan coas tecnoloxías dixitais.


VILARIÑO, M.ª Teresa; ABUÍN, Anxo (ed.) (2006). Teoría del hipertexto.
La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros. ISBN: 8476356404.

Comentarios (0) - Àrea Nos livros - Publicado o 28-07-2007 18:31
Imaxe de marca
Tal e como ten afirmado Antón Costas, as raiceiras dunha vida laboral identificada con unha empresa na que desenvolver unha carreira profesional perden protagonismo e entran de cheo no eido do efémero, do traballo efémero. Agás a monarquía, esa grande cultura do esforzo e da conciliazón da vida laboral coa familiar. Acontece que a chegada do novo capitalismo pon en circulación moitos factores que repercuten sobre o mercado sen regulación do Logo. A liberdade de expresión, alicerce da democracia, repercute asín sobre a imaxe de marca da monarquía. Efectos colaterais sobre o vello capitalismo social de traballo fixo.O anuncio dos 2500 € por fillo fai visíbel esa descompensación.Tamén a monarquía terà que aprender a conviver no mercado da nova economía do Logo e da decadencia do emprego de por vida.
Tamén nós nos solidarizamos cos traballadores da revista El Jueves e con Anasagasti
Comentarios (0) - Àrea Novas.Comentarios - Publicado o 27-07-2007 09:53
Últimas leis de ámbito estatal
Comentarios (1) - Àrea Lexislación galega e e estatal de bibliotecas - Publicado o 27-07-2007 09:25
Ensino en galego
Entidades que apoian a campaña:
- A Mesa pola Normalización Lingüística.
- AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).
- CAE (Comités Abertos de Estudantes).
- CC.OO.-Ensino (Comisións Obreiras).
- CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega).
- CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos).
- FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino – Centros Católicos).
- FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores).
- FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino).
- Mocidade pola Normalización Lingüística.
- Nais e Pais polo Ensino en Galego.
- NEG (Nova Escola Galega).
- Sindicato de Estudiantes.
- STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza).

Malia a pluralidade e representatividade dos colectivos que apoian o decreto, notábeis ausencias.Os bibliotecarios-documentalistas galegos sempre a agocharse nun "profesionalismo" asèptico para non comprometerse e non opinar, confundindo o vello desideratum de garantir o dereito ao acceso igualitario á información - do que as bibliotecas públicas son valedoras cando axudan a compensar as disparidades de orixe e a igualar dereitos- coa evidència de levarmos trinta anos a obviar o feito de que un dereito fundamental está a ser vulnerado coa nosa harmónica indiferéncia. A non ser que se pense que ser bibliotecario sexa apenas iso, traballar nunha biblioteca.Propoño que os bibliotecarios galegos se mobilicen a favor do novo decreto.

Decreto Decreto 124/2007, do 28 de xuño ou do 50%
Comentarios (3) - Àrea Novas.Comentarios - Publicado o 19-07-2007 19:22
Britannica Blog: Web 2.0 Forum.
Britannica.com
Comentarios (1) - Àrea Novas.Comentarios - Publicado o 17-07-2007 14:07
Bibliotecas Municipais, novo blogue
A descuberta desta semana é o blogue Bibliotecas Municipais de Galiza: blogue de información de actualidade e recursos para as bibliotecas municipais. Una potente declaración de intencións. A acelerada implantación dos blogues, do web social, dos agregadores de feeds e doutras tecnofilias (e fobias) de incerto futuro, viron amosar, cando menos, a agochada e desproporcionada presenza social do bibliotecario galego. Unha percepción que hai anos pasava desapercebida hoxe percébese por elisión e ausencia. A maior presenza do galego na rede, un sistema bibliotecario con unidades de información dabondo e titulacións específicas, a indixencia de meios dos últimos vinte anos e os novos e alentadores proxectos (Rede de Bibliotecas, Biblioteca Nacional,Lei do livro e a leitura...) reclaman a reconversión dos perfís e a socialización dun debate longamente adiado sobre o futuro da profesión,as novas habelencias e competencias e, sobretodo, as necesidades actuais dos usuarios galegos. Unha presenza na rede que medrou nos últimos dous anos e que deveria producir devagariño masa crítica dabondo para que esta visibilización permita unha maior penetración nos temas de maior actualidade no noso eido profesional - os debates de política cultural e de inclusión social , e os proprios do eido en todo o mundo: propiedade intelectual, alfabetización informacional, software livre, servizos de biblioteca pública, web social, sindicación, sistemas e servizos de acceso á información, interaccón en sistemas de recuperación,, catalogación e organización de servizos dixitais... e un conpromiso inequívoco coa nosa función e contorna social. Na historia social da profesión bibliotecaria en Galiza é unha mudanza moi importante. Agradecemos a presenza entre nós dun blogue que se apresenta coas utilidades do blogger.com. Que sirva para nos fornecer de novos folgos.
Comentarios (5) - Àrea Blogues e Bibliotecarios blogueiros - Publicado o 13-07-2007 10:06
Bibliotecas Livros Leitura




Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

 Contidos
 Sinalamos
 No cartafol
 Achegas
 Arquivo
 Coñeza tamén



Blog Directory

Free Web Counter

Free Web Counter
Join the Public Library of Science

© by Abertal