galnarciso
<language>ga</language> 
XORNADA ACTIVA POLA PAZ
   <description><![CDATA[Día escolar pola non violencia e a Paz no Colexio San Narciso 
Os alumnos/as de Secundaria do  CPR SAN NARCISO hoxe luns día 30 de xaneiro, día escolar da non violencia e a Paz, levaron a cabo unha xornada didáctica e activa pola Paz. Este tipo de actos se ven realizando en centros de ensino en todo o mundo en lembraza da figura de Mahatma Gandi que foi asasinado tal día como hoxe no ano 1948.
A Xornada consistiu nun traballo inicial nas aulas de cada curso tras da reflexión inicial da mañá no que as distintas materias foron desenvolvendo actividades referidas á celebración para ao concluír a xornada realizar unha posta en común coa lectura de textos (Miguel Hernández, Gianni Rodari, Celso Emilio Ferreiro…) , a confección dunha xigantesca pomba da paz de papel e algunha dramatización utilizando temas tan coñecidos como o de “Imagine” de Jonh Lennon ou " Blowin in the wind"  Dylan interpretados en directo polos propios alumnos/as de 4º da ESO e Bacharelato.
De Dylan:  Blowin in the wind
   <description><![CDATA[Imos intentar traducir ao galego este texto para tempos de paz de Bob Dylan, dunha das cancións máis famosas deste trobador americano:
How many roads must a man walk down / Before you call him a man? / Yes, 'n' how many seas must a white dove sail / Before she sleeps in the sand? / Yes, 'n' how many times must the cannon balls fly / Before they're forever banned? / The answer, my friend, is blowin' in the wind, / The answer is blowin' in the wind. /
How many years can a mountain exist / Before it's washed to the sea? / Yes, 'n' how many years can some people exist / Before they're allowed to be free? / Yes, 'n' how many times can a man turn his head, / Pretending he just doesn't see? / The answer, my friend, is blowin' in the wind, / The answer is blowin' in the wind. /
How many times must a man look up / Before he can see the sky? / Yes, 'n' how many ears must one man have / Before he can hear people cry? / Yes, 'n' how many deaths will it take till he knows / That too many people have died? / The answer, my friend, is blowin' in the wind, / The answer is blowin' in the wind. /
Traballando "Que me queres. Amor?"
   <description><![CDATA[Acabamos de ler os tres relatos que deron pé á película " A lingua das bolboretas" de J.L. Cuerda. Imos realizar agora o comentario para entregar dun dos tres textos: 
- A lingua das bolboretas.
- Carmiña. 
- Un saxo na néboa. 
A continuación deberemos seguir  lendo  o resto do libro. Nas seguintes clases ( traballaremo sinterpretación, comprensión e outras cuestións) tras da lectura dos seguintes títulos:
- Que me queres, Amor?
- A leiteira de Vermeer
- Só por aí.
- Vostedes serán moi felices
E noutro bloque de textos os seguintes serán:
-O míster e Iron Maiden
- O inmenso campo Santo da Habana.
- A moza do pantalón pirata
- Debuxos animados]]></description>
A VERDADE E A PUBLICIDADE
   <description><![CDATA[Un dos spots publicitarios en galego que vén tendo máis éxito na época do Nadal é o famoso; Vivamos como Galegos!
Queremos realizar un pequeno traballo de reflexión creativa ao redor do lema do curso: a verdade faranos libres contrapoñéndoo á publicidade.
VERDADE versus PUBLICIDADE.
As mensaxes publicitarias amosan en moitas ocasións os máis perversos defectos da sociedade: ambición, machismo, consumismo, etc.... están cargadas de enganos,de verdades a medias e ás veces, as menos, de lecturas positivas como algunhas das que se poder tirar do anuncio antes citado.
Realicemos logo unha montaxe audiovisual sobre o tema. Estamos á espera dos resultados.]]></description>
Imos descubrir os sons da nosa lingua na Idade Media
   <description><![CDATA[Podemos gustar de textos e música da lírica galaico-portuguesa medieval sen ningún problema grazas aos documentos e a investigación de estudosos na materia. Dúas cantigas de Martín Códax do século XIII soarían así:
MADE IN GALIZA  na aula
   <description><![CDATA[Comezamos a lectura na aula para ir tratando elementos da sociolingüística a medida que lemos os diversos textos. Imos seguir o fío da lectura sen realizar unha selección previa dos textos, seguindo a orde dos mesmos segundo aparecen no libro.
 O primeiro dos textos titúlase "falar" sobre el ios reparar no tipo de narrador escollido nas súas vantaxes á hora desenvolver o seu tema.
Repararemos tamén en dúas cuestións relacionadas co uso da lingua entre os adultos e a lingua que transmitimos ao máis cativos. Faremos unha reflexión sobre a importancia da lingua nai á hora de conservar unha lingua. Falaremos da diglosia e procuraremos unha enquisa para averiguar as razóns polas que unha nai ou un pai escolle un idioma diferente ao seu propio para transmitirllo aos seus fillos/as. Pode ser esta forma de actuar acorde coa dignidade e a verdade?
Pasaremos a observar as gráficas que acompañan esta entrada e finalmente a visualizar un vídeo sobre realizado sobre o presente texto que aparece nas actividades dunha guía de lectura de Made in Galiza onde ademais pode completar o teu traballo sobre este texto inicial do libro de Séchu Sende. ]]></description>
Botémoslle un ollo á  traxectoria da nosa lingua
   <description><![CDATA[Insistíamos hai pouco sobre isto de coñecer mellor a nosa propia historia e como a lingua está vencellada en cada momento por ela, de como esta panorámica está fortemente influenciada pola historia. De aí que curioseando ao redor da lingua teñamos que reparar en cousas como:
- Como se chamaba esta terra antes da chegada dos romanos?
- Quen eran e como vivían os castrexos?
- Como foi o proceso de Romanización? Que ten que ver o Priscilianismo coa latinización do territorio?
- Que é o 1º Espertar cultural da Gallaecia?
- Que aportan os Suevos á identidade de Galicia?
- Como evoluciona o mapa das linguas peninsulares dende antes da chegada dos romanos atá hoxe? Dende o ano 1000 ata hoxe podédelo ver nun mapa dinámico das linguas peninsulares.
 Son só algunhas das preguntas que podemos facernos nesta descuberta da verdade que estamos invitados a realizar.
Para quen desexe procurar respostas pode consultar neste blog a categoría Historia da Lingua que aparece na listaxe da parte esquerda da pantalla.]]></description>
Día Europeo das Linguas
   <description><![CDATA[ No día no que toda Europa celebra o Día europeo das linguas, é moi interesante saber ata que punto Europa recoñece que existen linguas como o Galego que sen ser as oficiais en todo o territorio do estado ao que pertencen son consideradas dalgún xeito. Un status que podería ser mellor, pero que tendo en conta documentos importantes para dito recoñecemento como a Carta das Linguas Rexionais e Minoritarias son hoxe obxectivos alcanzados. Consulta esta entrda na Galipedia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_da_Uni%C3%B3n_Europea
Podemos botarlle un ollo a este material do ecolingüísmo]]></description>
DESCUBRE A VERDADE ... A GALICIA QUE LEVAS DENTRO
   <description><![CDATA[ Chegamos ao Bacharelato e despois de pasar por un proceso longo de socialización que comezou tras o noso nacemento na nosa propia casa na que eramos o centro do mundo onde só parecía importar eu, despois de aprender a andar e a falar, fomos incorporados ao Sistema Educativo onde soubemos da existencia dun nós resultado da suma de moitos eu cos mesmos dereitos, e cos mesmos deberes. 
Pasada logo a etapa de Primaria comezamos un proceso se se quere inverso de volta de novo cara ao eu, na procura do eu como adolescentes que deben descubrir quen é cada quen, cal é o seu carácter, a súa identidade. Esa persoa en formación rematada a ESO, está en disposición de asentar a súa personalidade para comezar a responsabilizarse seriamente co seu futuro como persoa adulta.
Fixemos un recordatorio nestes días de como a lingua fainos humanos, a diversidade lingüística que nos caracteriza fronte as restantes especies e mesmo como ser orixinal nun universo tan diverso pasa por non avergoñarse dun mesmo, ser verdadeiro e asumir que a nosa Terra ten unha cultura e unha lingua en boa medida por descubrir.
Hai quen pode crer que somos galegos simplemente por ter nacido en Galicia, pero como nos demostra Castelao no seu relato " Chegou das Américas..." ser galegos significa máis cousas que ser habitante dun territorio.
Nesta unidade inicial temos seguidamente que abordar outra vez, agora con maior profundidade, o tema de cómo nace unha lingua.
Utilizaremos algunhas citas que seguro vos soarán de anos anteriores:
Creando valores na lingua propia, axiña seremos universais… Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. ¿Qué cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo? (...)   
ANTÓN VILAR PONTE
Un idioma non nace pola vontade xenial dun grupo de homes; nace pola disposición psicolóxica dun pobo, que, en condicións históricas favorables, crea unha cultura e a súa correspondente maneira de expresión.
CASTELAO
“Cada lingua dálle personalidade cultural ao seu pobo e transmítella a cada un dos seus membros. Cada pobo ten a súa. Cada home ten a do seu pobo. Nós, os galegos, temos a nosa.”
RAMÓN PIÑEIRO
Intenta logo deducir e redactar coas túas palabras cómo nace unha lingua.
Finalmente imos pechar esta unidade dándolle un repaso á situación actual da nosa lingua sobre a que imos traballar este curso botándolle unha ollada as últimas estatísticas e comentándoas brevemente. Observa o mapa de uso de galego concello a concello de Galicia ou tamén nesta dirección da galipedia: sobre o uso real da lingua galega. (2001) 
Non sei dicir mentiras...falando de amor
   <description><![CDATA[DESCUBRE A VERDADE...A GALICIA QUE LEVAS DENTRO
O noso lema para este curso vai da verdade e imos ir vendo temas compostos por galegos que nos ilustren. Comezamos por este tema de Leilía do seu álbum Madama titúlase Hei de estar alí, a letra é dun autor moi coñecido na literatura actual Suso de Toro. Podería ser unha cantiga de berce, na que unha nai, ocórresenos que Galicia nos agarima coas súas palabras, porque as palabras son a mediciña máis codiciada cando falamos de sentimentos verdadeiros. Tamén poderíamola interpretar como un diálogo entre dous namorados, o amor que fai xirar o mundo e que é unha das esenciais que nos definen, a lingua pode ser tamén coas súas palabras segredas son elementos que permanecen e transcenden. Fanos eternos, orixinais e universais. O agarimo das falas de amor son pois sómbolo de autenticidade.
No título do tema hai unha esperanza permanente de futuro e de lealdade por cariño,ante a adversidade diversa coa que o mundo complexo nos abafa. Lealdade e proxección de futuro moi desexables á hora de establecer unha verdadeira relación coa nosa lingua: 
"Mais se ti mo pides , hei de estar alí". 
Imaxinade logo que quen nos fala así é a nosa lingua, a nai Galicia que sempre sabe estar alí.
HEI DE ESTAR ALÍ 
Non che prometo, amor,
falar do que non sei 
mais se as mans che enfrían,
hei de estar alí.
Non sei dicir mentiras
falando de amor
mais se faltan as forzas,
 hei de estar alí.
Preguntas polo amor
non me atrevo, non sei,
 mais se todos marchan,
 hei de estar alí.
queres falas de amor
que eu non sei dicir,
mais se todos calan, 
hei de estar alí.
Cantei coplas de amor
con palabras segredas
mais se ti mo pides, 
hei de estar alí.]]></description>