galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Penélope de Díaz Castro


Imos realizar un comentario en profundidade do poema máis cioñecido deste autor non sen antes botar unha ollada a biografía e a obra de Díaz Castro a través desta Exposición.



A primeira vez que se publicou este poema de Penélope de Díaz Castro foi en Alba, a revista de poesía da posguerra que dirixía o tamén poeta Ramón González-Alegre. Foi no ano 1952. Unha versión do poema que logo depurará, actualizando a ortografía, o propio poeta na edición que se fixo de Nimbos no ano 89, e quedando así:

PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante e outro atrás, Galiza!


Xosé María Díaz Castro, Nimbos


Reparemos agora no léxico do poema

Reparemos agora nos dous carteis da Exposición antes citada que se lle dedican ao único libro de poemas en galego editado por Díaz Castro en vida. Sobre Nimbos, faise unha referencia á complexidade da estrutura e estilo da obra, ademais das temáticas da mesma, información que nos pode axudar para abordar ese comentario que queremos realizar. O poema Penélope está incluído no grupo de catro poemas que aparecen baixo epígrafe xeral da ESPRANZA. Penélope é o segundo, xusto despois destoutro poema:

TERRA SUCADA

Terra sucada, poema
de cen versos, na outonía!
Orballa na cal, no escuro
camiño de tantas vidas...

Ferve o grao, pulo enterrado
da espranza, nena dormida.
Terra do ceo arrincada!

Chora a terra desterrada,
terra arada, nai perdida.


Comentarios (0) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 15-05-2014 06:46
# Ligazón permanente a este artigo
DÍAZ CASTRO
No ano 2014 dedícase o Día das Letras a un poeta de Guitiriz chamada Xosé María Díaz Castro. Despois de visitar a súa Exposición situada na Biblioteca de Secundaria, e de realizar unha breve a proximación a súa vida e a súa obra realizaremos un comentario na aula do seu poema máis coñecido.

Para contribuír ao este tema específico que cada ano traballamos na Semana das Letras seleccionamos unha serie de enlaces que podes consultar para saber máis sobre este poeta da posguerra, autor de Nimbos.





Un poeta que este ano recibe homenaxes tan fermosos coma este:

Comentarios (0) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 14-05-2014 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal