galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vídeos propios sobre Vidal Bolaño




Trátanse de dous vídeos para a chegarense á vida e a obra de Vidal Bolaño. Para coñecer máis en detalle a súa vida e obra podemos facer uso de traballos como a biografía publicada polo Seminario Galán, cunha chea de datos sobre a súa vida, pero sobre todo cunha contextualización da obra de Roberto Vidal Bolaño na traxectoria e evolución do teatro escrito en galego dende o século XIX.
Comentarios (0) - Categoría: VIDAL BOLAÑO - Publicado o 14-05-2013 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
AGASALLO DE SOMBRAS
Estamos lendo na aula Agasallo de Sombras de Roberto Vidal Bolaño como exercicio de achegamento a súa obra, peor tamén de afondamento ao mundo literario do Rexurdimento.
De feito na escena da obra na que se entrevistan Pondal e Aurelio Aguirre fálase da visión que eles tiñan da poeta Rosalía. Son sombras ambos que asedian á vez ás propias de Rosa e Rosalía ( unha dobre visión da vida por parte da autora de Iria, por unha banda a nova cuns 21 anos, por outra a que vén de morrer no ano 1885. Reproducimos a continuación un anaco desta escena VI:

" Os que acudiran ó chamado de Aguirre, dispoñen sillas arredor da mesa e sentan nelas. Agora máis ca antes, relembran a aquel soado banquete que xuntos celebraran en Conxo. Os estudaiantes, de levita, poñen a mesa e serven ós artesáns. Pondal baixa do seu empoleiramento, vai ó chineiro, colle unha botella e vailles enchendo os vasos a todos.

PONDAL: Que estraños e complicados son, os camiños que levan á gloria, ¿non si Aurelio?
AGUIRRE: Se non foran así, poderíaos seguir calquera.
Pondal serve unha copa para el e outra para Aguirre
PONDAL: Din que unha copa de bo anís é coma unha taza de bo caldo. Non alimenta moito pero quécelle a un o corpo. E o anís ten sobre o acaldo a vantaxe de que afía o inxenio e alixeira a fala.
AGUIRRE: Pois ti xa a traes ben lixeira e aínda non o probaches.
PONDAL: Probareino logo, máis tarde. Cando brindemos, ¿ se é que hai por que? Hoxe non son eu quen precisa ter fácil a palabra e agudo o inxenio, senón ti. Ou moito me equivoco ou fuches convidado aquí esta noite para lucilas túas mañas nunha e outra cousa.
AGUIRRE: Non te equivocas.
PONDAL: !E que! ¿ Como che vai?
AGUIRRE: ¿ E como me había ir? Mal.
PONDAL: Hai en cantos na alma das mulleres, contra os que pouco ou nada se pode.
AGUIRRE: Nunca a vin tan vencida.
PONDAL: Nunca o estivo tanto como agora.
AGUIRRE: Antes ríalle ata o mirar.
PONDAL: Antes foi hai tanto tempo. Eran outros os desacougos e outras as penas.
AGUIRRE: ¿Que penas?
PONDAL: Todas. As vellas, as novas, as propias , as alleas.
AGUIRRE: Das novas poderíase desfacer dicíndolle a Manuel o que realmente pensa del mandándoo á...
PONDAL: Non o fará nunca. Ela, no fondo é feliz así. É a nosa Rosa, Aurelio. A de sempre cuns anos e unhas ataduras máis. ¿ Xa esqueciches como era?
AGUIRRE: Non se pode esquecer a quen nunca se coñeceu de certo."




Esta cabeceira da escena sitúase nun soado banquete celebrado en Conxo.

CUESTIÓNS:
Cando se realizou este acto?
En que consistiu?
Que aportan Pondal e Aguirre a aquel acto?
Que ideoloxía tiña o grupo que frecuentaba Rosalía no que estaban Pondal e Aguirre? Que defendían?
Durante aquel banquete o lugar estivo rodeado de soldados por que?

Pero a esta parte da escena axiña deriva cara Rosalía. Que visión teñen de Rosalía na obra de Bolaño os personaxes de Pondal e de Aguirre segundo as palabras que reproducimos máis arriba? Por que cres que din : "Nunca a vin tan vencida"
Que é o que credes que Bolaño pensa que desexa Aguirre ao dicir: "poderíase desfacer dicíndolle a Manuel o que realmente pensa del..."

Parece ser que os propios Pondal e Aguirre foron ameazados con ser deportados ás Illas Marianas por causa do evento. Parece ser que ambos se retractaron. Nun tempo de numerosas revoltas populares en toda Europa, o Banquete de Conxo foi un dos primeiros actos reivindicativos e de toma de conciencia nacional galega, ademais de reivindicar os dereitos das clases máis populares do país. Lembremos que anos antes o Levantamento Provincialista fora reprimido con fusilamentos.

Lembras que se reclamaba daquela e en que ano foran estes fusilamentos?
Comentarios (0) - Categoría: VIDAL BOLAÑO - Publicado o 10-05-2013 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal