galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Como fago un comentario dun texto
Comentar un texto esixe de nós, ademais dun esforzo, seguir os seguintes pasos:

1º/Lectura e información: Implica realizar as lecturas do texto necesarias para entendelo e consultando as dúbidas do significado das palabras que lemos, o vocabulario utilizado. O coñecemento da obra serve de gran axuda nesta fase previa.

2ºLocalización do texto: Determinar xénero, período no que se encadra, identifiando ao autor, a obra da que procede e a corrente ou contexto literario e da época á que pertence.

3º Interpretación do texto: Este é o núcleo do comentario, presentando por separado as seguintes partes da:
a) Asunto, tema e punto de vista: Resumir o que transmite coas nosas palabras, para deducir un tema central ou idea principal de forma clara e breve é fundamental para continuar coa interpretación o resto do comentario xirará arredor del. Finalmente analizar o punto de vista lírico ou narrativo que utiliza o autor.
b) Estrutura: Analizar as partes nas que se pode dividir e as relacións que se dan entre elas ( no caso dos textos narrativos aquí analizaremos personaxes, espazo, tempo e modos de discurso).
c) A linguaxe: Analizarémola por niveis
Nivel semántico ou de contido ( Do léxico e das súas relacións, das connotacións e artificios deduciremos o ton do texto melancólico, optimista, máxico, reflexivo…)
Nivel morfosintáctico ou da forma (Dos distintos elementos gramaticais, tipos de oracións e artificios referidos ao ritmo, deducimos o dinamismo expresivo que será negativo ou lento, se abondan as figuras de repetición por exemplo, e positivo no caso contrario)
Nivel fónico ou do son: (Especialmente importante para a poesía medida e rima, artificios que contribúen á musicalidade do texto).

4º Valoración: Unha valoración debe conter unhas conclusións extraídas dos pasos anteriores do comentario unindo cada un dos apartados anteriores, identificando dende a idea central ao seu valor literario nun contexto histórico e social.
Comentarios (3) - Categoría: TEXTOS COMENTADOS - Publicado o 21-04-2009 07:05
# Ligazón permanente a este artigo
Adolfo Caamaño presente unha nova novela en Pontevedra

Unha aventura nun contexto difícil como é a etapa coa que comeza o século XIX, coas guerra napoleónicas e dúas personaxes nos que se percibe o instinto da liberdade. Adolfo Caamaño vén de publicar unha novela con este tema titulada CRIS CANALLA e editada por A Nosa Terra, coa que xa editara anteriormente Soberano, que era unha novela ben distinta ao estar ambientada nos anos 60-70 do século XX.
Caamaño xa publicara tamén outra novela na colección Fóra de Xogo de Xerais titulada O paxaro do mel.Precisamente Adolfo, o noso profe de galego, donou onte exemplares da súa nova e trepidante novela á biblioteca para quen queira lela. Paga a pena!
en Galicia hoxe
reseña da VOZ de GALICIA
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2009 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Consulta a vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro
Na rede pode consultar a obra de Celso Emilio Ferreiro en parte. Un dos títulos máis coñecidos podes consultalo nos enlaces que che ofrecemos máis abaixo, así como tamén a súa biografía.
Para saber máis sobre Celso Emilio
LONGA NOITE DE PEDRA
Comentarios (2) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 03-04-2009 07:20
# Ligazón permanente a este artigo
Consulta as obras de Rosalía
Na rede e nas denominadas bibliotecas virtuais pods atopar as obras de Rosalía de Castro. Busca nos enlaces que te ofrecemos máis abaixo.

Cantares gallegos

Follas novas
CANTARES GALLEGOS
EN LAS ORILLAS DEL SAR
FOLLAS NOVAS
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 03-04-2009 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
O CD de 1º BACH.
Imos facer unha selección de música en galego con diversa temáticas:

-O AMOR, será o primeiro, un pouco polo condicionamento da importancia que tén na nosa literatura medieval esta temática, outro tanto por ser un tema de carácter universal.

- GALICIA CONTRA O MUNDO, será unha mestura de temas nos que a terra, a fala e o noso xeito de ver o mundo tomarán protagonismo como colofón ao noso traballo transversal ao longo do curso "Por que me sae de dentro"

Non descartamos unha terceira selección de temas ao redor da MULLERES entre o reivindicativo e a evidencia do aporte tan interesante que as voces femininas están ofrecendo no panorama da literatura e da cultura galegas. Deixamos unha pequena mostra que seguro provocará en vós comentarios.


Comentarios (0) - Categoría: MÚSICA EN GALEGO - Publicado o 02-04-2009 07:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal