galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Materia da Próxima proba de 1º Bacharelato
A próxima proba constará terá preguntas teóricas e prácticas dos temas do libro de texto
16,17 e 18 (deste tema só ata a biografía de Rosalía
de Castro incluída).
Do tema de eleboración sobre a literatura de tradición oral haberá na proba escrita algunha pregunta teórica sobre as xeneralidades explicadas na aula e algunha de carácter práctico sobre textos propios escollidos da tradición oral.
Lembrade que a gramática desta proba xirará arredor do repaso dos verbos da páxina 335

Recordade que os temas 14 e 15, dados nesta avaliación sobre cantigas de escarnio e maldicir e Sta. María, non serán avaliados nesta proba.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2009 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Corrector ortográfico da Universidade
Podes usar este corrector da Universidade de Vigo para consultar dúbidas e mellorar os teus textos.
Tamén existen tradutores automáticas bastantes efectivos como este: tradukka
Corrector da Universidade de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: LÉXICO E DICIONARIOS - Publicado o 14-03-2009 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Un dicionario na rede útil
Se queres buscar unha palabra podes usar Dicionario de dicionarios ou o dicionario digalego. com e outros que poremos ao teu dispor nos enlaces.

Para traducir textos tedes varias ferramentas , unha que nos resulta moi próxima é Traducíndote
traducíndote
DIGALEGO
Tradutor da Xunta
Comentarios (0) - Categoría: LÉXICO E DICIONARIOS - Publicado o 14-03-2009 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Para elaborar un tema sobre a Literatura de Tradición Oral
Apartados:
-Introdución: Dos xograres aos cegos esmoleiros (Texto, lectura e comentarios sobre: romance de Don Gaiferos, os tipos de romances e Faustino Santalices.

I-A literatura de tradición oral : definición, características e relación co folclore e o patrimonio inmaterial dunha cultura.

II-Xéneros e Ciclos da literatura de tradición: (Líricos, narrativos e dramáticos. Os tipos musicais. Os ciclos do ano e da vida na oralidade.

III-Fontes de información e estudo da literatura de tradición oral: Cancioneiros e recolleitas.Do Seminario de estudos Galegos, Casto Sampedro 1942, Bal y Gay e Torner 1973, D.Schubarth e Antón Santamarina 1982.

IV- Conexion entre a literatura de tradición oral e a culta. Antes do esplendor medieval. O vigor da oralidade nos Séculos Escuros. Contribución ao Rexurdimento: do Pai Sarmiento a Rosalía, Curros e Pondal. O sinuoso camiño da modernidade (Irmandades e Nós) no século XX. Situación actual e perspectivas de futuro.
Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 12-03-2009 07:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal