galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os verbos en galego e a súa conxugación

Imos repasar a estrutura verbal e a conxugación dos verbos regulares.

Formas persoais e non persoais en galego:
Infinitivo, xerundio e participio: amar, amando, amado.
O infinitivo conxugado e práctica do seu uso en oracións e frases:


Os tempos e os modos.


O primeiro que hai que saber para conxugar ben que...:





Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 28-02-2023 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
A PROSA MEDIEVAL E A SÚA CONEXIÓN COA TRADICIÓN ORAL

A Prosa da época medieval atópase a medio camiño entre as creacións cultas e as de carácter popular porque varios textos dos que conservamos tanto teñen unha raíz que nos leva a tempos do Primeiro espertar cultural da Gallaecia (anterior á aparición do galego) como son quen de convivir cunha tradición oral potente que á vez que provocan a creación de novas obras de carácter culto, recrean esa tradición.

No blog aula galega podemos consultar unha ligazón sobre este asunto da prosa medieval e as súas conexións co pasado e co presente.
Comentarios (0) - Categoría: PROSA MEDIEVAL - Publicado o 22-02-2023 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
ENTROIDO E A TRADICIÓN ORAL

Un dos ciclos anuais máis representativos do noso calendario tradicional é sen dúbida o Entroido. Esta celebración converte a Galicia nun verdadeiro país das marabillas ao levarse a cabo un dos 10 entroidos máis orixinais do mundo debido pola súa duración. O Entroido en Galicia comeza en moitos lugares de Ourense despois do Nadal. En Xinzo de Limia por exemplo dan comezo ao entroido o día 2 de febreiro, no día da Candeloira no que casan os paxaros, contan os nosos avós e avoas. Di o refrán que na Candeloria medio inverno vai fóra. Ese comezar a medrar os días está intimamente ligado ao ciclo.

Lembremos que o ano da Natureza comeza coa primavera, no mes de marzo, e que o Entroido como se pode ver pola súa etimoloxía ten que ver coa entrada do ano que vén marcado polas estacións. Esta festa da fecundidade era unha especie de festa de fin do ano que hai que despedir cos estómagos cheos, de aí que a cuestión da gastronomía sexa relevante. Tamén o son os lobos animais que poñían en perigo os rabaños tan importantes para a economía do rural.






Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 15-02-2023 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGO, PORTUGUÉS E BRASILEIRO
Formamos parte dun grupo de linguas qu emoitos coñecen como Lusofonía, ou habería que considerar denominarnos Galegofonía? Para ir dando resposta a esta cuestión vexamos estes vídeos:







Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONÍA - Publicado o 14-02-2023 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS E ÁTONOS

Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos evitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
(non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada:que, porque, se (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos e adverbios: (alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".

Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución.



Tamén se inclúen os denominados pronomes de solidariedade

Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 12-02-2023 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
PRONOMES DETERMINANTES (Práctica)
Para practicar cos pronomes determinantes ademais dos exercicios do libro páxinas 113, 115, 139 e 141 podes facelo nas seguintes ligazóns de galego eu:
pronomes demostrativos
posesivos
cuantificadores numerais e indefinidos
pronomes relativos
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 07-02-2023 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
CANTIGAS DE SANTA MARÍA DE AFONSO O SABIO
A cuarta categoría de cantigas da lírica medieval galaico-portuguesa é de tematica relixiosa e responde a unha creación propiciada polo rei Afonso o Sabio. Este conxunto de cantigas resulta ser extraordinario tanto polo volume de composicións (427 cantigas) como polo seu valor literario e ademais polas características dos códices orixinais de luxo (en particular o toledano) nas que se conservan e que conteñen a música das cantigas e unha coidada serie de ilustracións.

A autoría das cantigas non é exclusiva do rei que dirixiu a obra e que se pode rastrexar cando introduce un "eu fiz" fronte outras que "ordenei que se escrevera...", pero foron dun conxunto de trobadores colaboradores reunidos arredor do proxecto entre os qu ese cita ao crego compostelán Airas Núnez.

Tamén se ten afondado nas diversas fontes e intencións de carácter político e de motivación relixiosa que moven a Afonso á hora deemprender esta complexa obra como podes constatar na páx. 171 do libro.

Repararemos aquí nos tipos de Cantigas de Santa María:
A) AS CANTIGAS NARRATIVAS
Imos colocar un par de exemplos deste tipo de composicións nos que se relatan milagres atribuídos a Santa María.




CUESTIONARIO:
1: A cantiga presenta un refrán. Cal é o seu contido?
2- Se te fixaches na primeira estrofa aparece o personaxe protagonista desta cantiga. Como se chama? E que " oficio" ten? Que calidades destaca ademais o texto deste personaxe?
3- O protagonista comete un erro. Cal é? Que castigo recibe?
4- Quen e como o salva do seu castigo?
5-Cal é o epílogo desta historia, que remata por facer o noso personaxe?

*No texto úsase a palabra "meiryo"/ meiro: autoridade administrativo-xudicial dun territorio menor, tipo gobernador rexional na Idade Media.

Assi como Jesu-Cristo
- 13 -
Esta é como Santa Maria guardou o ladron
que non morresse na forca, porque a saudava.



Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

E porend' un gran miragre vos direi desta razón,
que feze Santa Maria, dun mui malfeitor ladron
que Elbo por nom' avia; mas sempr' en ssa oraçon
a ela s' acomendava, e aquello lle prestou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Onde ll' avo un día que foi un furto fazer,
e o meiryo da terra ouve-o log' a prender,
e tan toste sen tardada fez-lo na forca põer;
mas a Virgen, de Deus Madre, log' enton del se nenbrou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

E u pendurad' estava no forca por ss' afogar,
a Virgen Santa Maria non vos quis enton tardar,
ante chegou muit' aga e foil-ll' as mãos parar
so os pees e alçó-o |assi que non ss' afogou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Assi esteve tres dias o ladron que non morreu;
mais lo meiro passava per y e mentes meteu
com' era viv', e un ome seu logo lle corregeu
o laço per que morresse, mas a Virgen o guardou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

U cuidavan que mort' era, o ladron lles diss' assi:
«Quero-vos dizer, amigos ora por que non morri:
guardou-me Santa Maria, e aque-vo-la aqui
que me nas sas mãos sofre que m' o laço non matou.»

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Quand' est' oyu o meiro, deu aa Virgen loor
Santa Maria, e logo foi decer por seu amor
Elbo, o ladron, da forca, que depois por servidor
dela foi senpr' en sa vida, ca en orden log' entrou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

CUESTIÓN: Procura nos seguintes exemplos o relato dun dos milagres e comproba como é a estrutura semellante nestas cantigas narrativas.








B) AS CANTIGAS DE LOOR: Son as cantigas que loan a Santa María aparecen a cada dez cantigas no códice, é dicir, os números 10,20,30.. Son cantigas que teñen tam´ne unha estrutura específica e uns contidos de gabanza ao amor divino e aos dons da virxe.






Establece as semellanzas entre estas dúas cantigas de loor a modo de exemplo descargando a súa letra.
Podes consultar os textos na seguinte ligazón: Cantigas de Santa María
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 05-02-2023 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Nova lectura: SENLLEIRAS de Antía Yáñez

Un libro para esta segunda avaliación que de novo vai servir para activar a nosa reflexión sobre temas de actualidade e sobre o feito de escribir porque esperamso mesmo poder contar coa autora nas nosas aulas tras da lectura.

Imos coa presentación tirando dunha entrevista na TVG á Antía nos minutos 16 ao 23.

Unha alumna doutro centro anímanos a ler o texto:
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 01-02-2023 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0