galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

En Entroido lembramos un propósito


Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 28-02-2014 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
Portugués e galego distintos, mais non distantes
A lingua portuguesa e a galega naceron xuntas e as circunstancias da historia foron separándoas ata se constituíren en linguas distintas, pero non distantes. Imos comprobar cales son esas pequenas diferenzas con dúas cancións e os seus textos escritos:






Imos agora coa fonética do portugués: Dous vídeos feitos en Portugal sobre a Galiza:





O traballo en grupo para expoñer na aula que propomos a continuación tería como título:
Achegamento á proximidade do galego e do portugués

1- Exlicar en que consiste o proxecto Meniños Cantores, cales eran os seus contidos e que é a iniciativa Ponte nas Ondas.

2- Partimos das cuestións da pregunta 3 da páx 56 do libro de texto para configurar o noso mapa da Lusofonía.

3- Unha cala na Literatura Portuguesa quen eran Camoens, Pessoa, Saramago ... Falar de cinco grandes autores das letras portuguesas de distintas épocas.

4- Brasil e a súa aportación á literatura lusófona.

5- Volvemos ás preguntas do libro a 5 da páxina 56 para procurar cancións e cantigas dos diversos lugares da Lusofonía. Ademais investigade ademais sobre iniciativas como Cantos na Maré e Corasóns, en que consisten?

6- Localizar na rede algún vídeo sobre as semellanzas e diferenzas do galego co protugués ou brasileiro

Prazo de entrega: 26 de febreiro.
Comentarios (0) - Categoría: LUSOFONÍA - Publicado o 14-02-2014 06:25
# Ligazón permanente a este artigo
Que tipo de cantiga é?



TRES MOÇAS CANTAVAN D' AMOR
Lourenço, jogral

Tres moças cantavan d' amor,
mui fremosinhas pastores,
mui coytadas dus amores.
E diss' end' unha, mha senhor:
―«Dized' amigas comigo5
o cantar do meu amigo».

Todas tres cantavan mui ben
come moças namoradas
e dus amores coitadas.
E diss' a por que perço o sen:10
―«Dized' amigas comigo
o cantar do meu amigo».

Que gran sabor eu avya
de as oyr cantar enton!
e prougue-mi de coraçon15
quanto mha senhor dizia:
―«Dized' amigas comigo
o cantar do meu amigo».

E sse as eu mays oysse
a que gran sabor estava!20
E que muyto me pagava
de como mha senhor disse:
―«Dized' amigas comigo
o cantar do meu amigo».
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 06-02-2014 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal