galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

No 150 aniversario dos Cantares de Rosalía
Que imos facer? Para achegarmos á figura de Rosalía neste 2013 debemos comezar por reparar en dous aspectos transcendentais para entender en profundidade a obra rosaliana e en especial os Cantares.

Falamos dos Séculos Escuros e da Literatura tradicional oral. Para definir con precisión estes dous asuntos claves para a Historia da nosa lingua podemos botar man de Sarmiento, pai das Letras Galegas, que ademais de vivir nesta época ( 1695-1772) foi o primeiro en reparar na escrita literaria e non literaria da Idade Media, explicar as causas da perda da escrita, estudar as orixes da nosa lingua, recoller a fala dos seus coetáneos máis humildes e escribir un texto en galego á imitación da literatura que circulaba de xeito tradicional de boca en boca. Sarmiento será o precursor do movemento denominado Rexurdimento e do que Rosalía é a súa manifestación plena no momento en que publica os seus "Cantares gallegos".



PROPOSTA DE TRABALLO: ROSALÍA E A TRADICiÓN ORAL

1- Os Séculos Escuros e a Literatura de Tradición Oral.
2- Sarmiento precedente do Rexurdimento.
3- Da Gaita Gallega de Pintos á Alborada de Rosalía.
4- Os Cantares e a tradición oral. (consulta texto de Cantares gallegos)
5- Outros poetas do Rexurdimento e o seu uso da Tradición oral. ( Francisco Añón, Fernández Morales, Eduardo Pondal, Curros, Lamas Carbajal...)
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 14-02-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal