galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN curso 22-23
UNIDADE 2
Lingua e sociedade: Variedades lingüísticas páx. 40-41-42-43 tamén no blog avións, aviós ou aviois
Ortografía: Acento diacrítico
Literatura: A literatura popular introdución. páx. 46 e no blog: Tempo de defuntos: Galicia país dos mortos


UNIDADE 3

Gramática: Clases de palabras pax. 62
Substantivo . páx. 63-64-65- 66-67

Literatura: A Idade Media páx. 70-71.
A lingua na Idade Media páx 72-73
A Lírica medieval páx. 73-74- 75.

Tradicional e Trobadoresco (no Blog)

DA UNIDADE 4 e 5 :
Literatura:
Cantigas de amigo páx.122-123-124-125-126-127
Cantigas de amor páx. 94-95-96-97-98-99

TEXTOS: Identificar textos (tipos de cantigas e subtipos) e
achegamento ao comentario das cantigas medievais.
Primeira audición da lírica medieval galaico-portuguesa
Comentamos unha cantiga?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2022 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS COA PRIMEIRA AUDICIÓN DE LíRICA MEDIEVAL
Para poder ir identificando os catro tipos de cantigas coas que imos traballar comecemos por escoitalas e ir fixándonos nas súas diferenzas:










ACTIVIDADES
Identifica cal das catro cantigas escoitadas se corresponde a cada un dos seguintes tipos de cantigas:
1-Cantiga de amor 2- cantiga de escarnio e maldicir, 3- cantiga de amigo, 4- cantiga de Santa María.
2- Para escoitar cantigas e distinguir as que son de amigo e de amor.
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 14-11-2022 07:05
# Ligazón permanente a este artigo
TRADICIONAL E TROBADORESCO NA LÍRICA MEDIEVAL GALAICO-PORTUGUESA

Despois de ler a introdución que o libro (páx.70-75) fai ao mundo medieval do Reino de Galicia toca ir adentrándonos na Lírica medieval. Ímolo facer complementando o que aparecerá tamén nas páxinas dedicadas ás Cantigas de Amigo (páx. 122-127) e de Amor (páx. 94-99) no libro da aula.

Comezamos con algo esencial á hora de achegarse e tamén de comentar cantigas:

Tradicional e Trobadoresco na lírica medieval galaico-portuguesa.
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 08-11-2022 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO PROXECTO DA TRADICIÓN ORAL COMEZA EN DEFUNTOS

Hoxe comeza a nosa particualr andaina pola nosa tradición oral. Comeza nunha data moi sinalada e vida na Galicia actual, pero que perde as súas raíces en tempos remotos. Trátase da relación de Galicia coa morte: Tempo de Defuntos.

O mes de novembro en Galicia é o mes de Defuntos e imos lembrar que a nosa situación xeográfica fixo de Galicia o país dos mortos


Para Saber máis podes e debes indagar nos seguintes enlaces que fomos traballando en cursos anteriores e que che servirán de memoria desta faceta sinalada da nosa tradición oral:

- Unha esmoliña polos defuntiños que van alá!

- A Danza do Abellón
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 02-11-2022 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0