galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XERMÁNICO
Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 27-11-2014 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
SUPERESTRATO

Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 27-11-2014 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
DO SUBSTRATO CELTA

Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 27-11-2014 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
No día contra a violencia de xénero


Pensar: Non; dicir: Non; escribir: Non

Educadas na submisión e no consentimento perpetuo. Obrigadas a dicir sempre si; a sermos como se esperaba que fósemos, como se quería que foramos... as mulleres aprendemos dende moi cedo a calar e asentir, a non dicir e non facer aquilo que nos afastaba da norma, a reprimir e mesmo avergoñármonos de pensamentos e sentires que nos convertían en “malas”, porque a bondade era, é, obedecer.

Afortunadamente sempre houbo transgresoras, mulleres insubmisas e rebeldes que se atreveron un día a dicir NON: na casa, na cama, na rúa, na fábrica, tamén na escrita.

Escribir cura as miñas dores. Libérame dos meus medos, escorrenta as pantasmas que me atormentan. Escribir permíteme crear espazos de xustiza e liberdade máis semellantes ao mundo no que desexaría vivir. Pero, como muller feminista, escribir non é tan só unha opción individual . Escribir forma parte tamén do compromiso colectivo coas mulleres que loitan en diferentes frontes. Escribir é unha homenaxe as mulleres que me abriron camiño, aquelas que dixeron NON, moitas veces a costa da súa vida. Pero, sobre todo, escribir é unha obriga con todas aquelas outras que aínda non descubriron a palabra que nos fai libres e fortes, aquelas que aínda non saben a grande revolución que se desencadea cada vez que alzan a voz e da súa boca sae un simples NON.

Begoña Caamaño.

outro
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2014 07:14
# Ligazón permanente a este artigo
Non aos pronomicidios

Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos evitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos e adverbios: (alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".

Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución. Tamén se inclúen os denominados pronomes de solidariedade
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 20-11-2014 07:31
# Ligazón permanente a este artigo
Exercicios cos pronomes: demostrativos, posesivos, cuantificadores...
Para prácticar cos pronomes determinantes ademais dos exercicios do libro podes facelo nos seguintes enlaces de galego eu:
pronomes demostrativos
posesivos
cuantificadores numerais e indefinidos
pronomes relativos
Comentarios (1) - Categoría: GRAMÁTICA - Publicado o 13-11-2014 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
DE GALLAECIA AO GALEGO:
Dende o século IX a.C. ao IX d. C. suceden na nosa Terra acontecementos decisivos para conformaren as raíces da nosa identidade. Imos procurar argumentos para xustificar este título seguindo o esquema seguinte no que enumeremos os eventos, as circunstancias e os protagonistas destes 1000 anos transcendentais da nosa historia que rematan co nacemento do galego.

PREHISTORIA E MITO, O SUBSTRATO DA IDENTIDADE E DA LINGUA:

- A cultura megalítica atlántica: Oestrimnia, unha cultura preindoeuropea.

- As invasións dos Saefes: Ophiusa, a pegada indoeuropea e céltica. Breogán e o seu fillo Ith (podes ver máis abaixo ou nesta entrada do curso pasado)

-A cultura castrexa preromana. Diversas linguas, crenzas animistas: cultos a pedra, a auga, á árbore...

O COMEZO DA HISTORIA COA ROMANIZACIÓN E LATINIZACIÓN DE GALLAECIA.

Como nos vían os historiadores gregos: O río Letes.

- A chegada dos lobos de Roma. Gallaecia, cultura galaico-romana.

- Cristianismo e Latinización.

-1º Espertar cultural en latín. Prisciliano, Exeria, Orosio...


O INICIO DA IDADE MEDIA, SUPERESTRATO CULTURAL

- O 1º Reino medieval de Europa: O reino Suevo.

- De Martiño de Dumio a Fructuoso do Bierzo. A Gallaecia medieval.

- Xermánico e árabe. Comezo do camiño Francés a Compostela. A raíña Lupa e o corpo do Apóstolo.

- Nacemento do galego: Cal era a súa primeira tradición oral.Que cantaban e contaban os galegos do ano 800.


Esta é a estrutura dun traballo a desenvolver en grupo. Cada traballo tocará os aspectos anteditos procurando un fío condutor e a coherencia e ritmo do traballo, válido para expoñer nun formato Power Point (unhas 30 diapositivas). O grupo terá como máximo tres persoas.


DO MITO

En Brigantium (disque hoxe é A Coruña) reinando Breogán, mandou construír unha torre que servise de vixía e de referencia aos navegantes. Desde aquela torre o seu fillo, Ith, viu unha terra verde ao lonxe e quixo ir coñecela. Tras de Ith, que non regresou por non facerlle caso ao pai (Breogán lembraralle que non desmontase do cabalo en toda a singradura). Outros fillos seguiron a mesma ruta e desde entón somos irmáns de todos os pobos da beira atlántica de Europa.
Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 05-11-2014 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal