galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Autóctono ou tradicional e Trobadoresco ou Cortesán nas cantigas.
O tradicional e o trobadoresco na lírica medieval galego-portuguesa En Galicia, o reino medieval máis vello de Europa, temos moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral popular que crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática amorosa, interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida, persistiu ata os nosos días a través das cantadeiras.
Pero a literatura escrita en galego-portugués non comezará ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal a nosa terra grazas ao Camiño de Santiago que fixo chegar a Compostela en peregrinación cos nobres occitanos as ideas do amor cortés ou trobadorismo e as súas formas.
Deste encontro entre a canción feminina tradicional e a lírica trobadoresca da Provenza comezan a escribirse as nosas cantigas en galego-portugués por autores galegos que tomando como modelos a lírica tradicional oral autóctona e o trobadorismo crearán os xéneros que hoxe coñecemos das cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir. Este vai ser neste curso un dos obxectivos principais ao estudalas: deberemos distinguir elementos tradicionais, ou autóctonos, dos trobadorescos, ou provenzais.

A chegada do lirismo Provenzal e a moda do “amor cortés”:
A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos:

-Total submisión do namorado á dama( de aí que se lle chame “señor” á namorada).
- A amada sempre está distante e é admirada pola súa perfección física e moral (velida e fremosa)
- A distancia da namorada provoca a coita/ cuita de amor (a queixa, a dor do namorado).
-Os namorados nobres para poderen comunicarse pasan por varias etapas, dada a inaccesibilidade da namorada (frecuentemente é un amor adúltero). A primeira é de suspirante (fenhedor na que non ten contacto coa namorada, pero a desexa ver) unha segunda suplicante (precador) naque o contacto existe, pode falar con ela para expoñer o seu amor e unha terceira e que case nunca se dá na lírica galego-portuguesa a de entendedor e drut que son etapas de éxito nos que a namorada corresponde ao amor.

O xénero das CANTIGAS DE AMIGO: subtipos e distinción tradicional/trobadoresco:

As cantigas de amigo máis fieis á tradición da canción feminina empregan cobra(estrofa) de dous versos pareados máis un refrán e seguen un paralelismo perfecto, mesmo o leixaprén. O espazo é sumamente importante. Escenas da vida rural na fonte, no río , ante o mar, na romaría ou bailando coas amigas. Expresan ou ledicia polo encontro co amigo ou pena pola ausencia deste. A paisaxe está sempre inzada de simbolismo.

Un segundo tipo de cantigas que respecta o paralelismo, lévanos a ambientes domésticos: a namorada falando coa nai ou as amigas, achegándose a expresar con maior profundidade os estados psicolóxicos da namorada.

Un terceiro grupo será o que se incorpora plenamente á estética trobadoresca, sentimentos da muller que responden ao amor cortés, poden perder o refrán, mesmo a estrutura paralelística. Estes modelos son máis urbanos e/ou do medio cortesán que os rurais. Uns e outros elementos poden e adoitan aparecer mesturados nunha mesma cantiga.

A continuación podedes escoitar, Leliadoura, un exemplo destas cantigas máis influenciadas polo amor cortés na versión moderna de Amancio Prada dunha camtiga de Pero Eanes Solaz, na que unha namorada velida, é dicir "fermosa" non é capaz de durmir na espera do seu amado:


Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 28-11-2013 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Textos de Made in Galiza
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS

Do terceiro dos textos comezamos por ver un vídeo baseado no relato:



Logo podemos responder ás cuestións 148,149,150.

É interesante saber cando perdemos a lingua os galegos: no mesmo momento de nacer, na escola, na adolescencia, ao comezar a ligar, no traballo,... tirando deste fío hai cousas moi interesantes na rede, como por exemplo os problemas que ten a xente á hora de dar clase de galego:


ou ao escoitar a Radio Galega:

Realiza un comentario dos prexuízos máis evidentes que aparecen nestes dous testemuños.


FALAR

O segundo texto que lemos na aula ímolo traballar seguindo a proposta dunha páxina creada con propostas didácticas sobre este libro: Made in Galiza de Séchu Sende. Imos logo ver que tal se che dá a ti agora responder a as seguintes cuestións: 117,118, 119,120,121,122,123
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 07-11-2013 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos as tomas de contacto coa sociolingüística
Utilizamos como noutros anos o libro de Séchu Sende Made in Galiza como pretexto literario para tratar da sociolingüística... Escoitemos estas confesións dun curioso neofalante autor dun libro co que imos traballar e divertirmos:

Como comezou a falar en galego?




Por que comezou a falar en galego no fondo e como despois de escribir en galego normativo agora usa outra norma:



E comezamos tamén coa lectura dos seus textos que aparecen frecuentemente versionados ou adaptados na rede:



Aquí temos outra versión de "Eu fixen ouigha co espíritu de Castelao":

Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 07-11-2013 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal