galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezamos
Este curso imos entrar de cheo ao mundo das cantigas medievais e para empezar e situarmos imos escoitar algunha de Martín Códax:



Se vos gustou aquí hai outra do mesmo autor:



Máis abaixo ofrecemos un enlace para saber máis e escoitar máis obras de Martín Códax este gran autor galego do século XIII.
PARA SABER MÁIS DE MARTÍN CÓDAX
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 25-11-2008 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
O libro da memoria do San Narciso na TVG
Estivo hai uns días a TVG no San Narciso, en Primaria, para gravar un miniprograma "Ben falado! cunha das nosas actividades a prol da lingua... podes velo no enlace de máis abaixo.
Outro día voltará, esta vez por Secundaria.
BEN FALADO do 14 de novembro 2008
Comentarios (1) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 21-11-2008 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Mamá, de Manuel Rivas
COMENTARIO DE TEXTO: Mamá,
da novela “ Os comedores de patacas” de Manuel Rivas.
O protagonista de Os comedores de patacas é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Manuel Rivas, móvese a cabalo entre dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside a cotianidade deste adolescente galego. O paro, o walkman, o teléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, o reencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dun protagonista tenro e entrañable, que camiña pola vida empuxado polo optimismo. O Manuel Rivas de Os comedores de patacas é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión.

Comentarios (0) - Categoría: TEXTOS COMENTADOS - Publicado o 06-11-2008 06:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal