galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un exemplo de recreacción actual da tradición oral na música


O grupo Caamaño & Ameixeiras vén de poñer no mercado musical o seu segundo traballo deforte inspiración na tradición oral titulado Quitar o aire. Trátase dun exemplo a día de hoxe de como a nosa tradición oral segue dando fruitos marabillosos para a nosa cultura.

Podes escoitar outro tema este do seu primeiro traballo: Maneo de Cambre.


No vídeo que acabas de ver evócase a presenza dun corpo aberto. Un dos casos da manifestación do denominado aire dos mortos tema sobre o que o pasado ano serealizou unha película en Galicia:



ACTIVIDADE:
Investiga sobre que é o aire de morto e o corpo aberto (dous temas que as Caamaño & Ameixeiras afondan no seu traballo recentemente presentado).
Comentarios (0) - Categoría: MÚSICA GALEGA - Publicado o 26-10-2023 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
Para comezar a falar da Lírica Galaico-portuguesa:

O trobador eran elas?

Primeiro paso: Lemos a introdución necesaria (páx. 70-75) do libro de aula e logo reflexionamos sobre os seguintes aspectos:
O Rei de Galicia García e a traizón do seu irmán, Afonso VI de León.
Afonso VI pai de Urraca, a súa primoxénita e a súa relación (que se observa ben na política matrimonial) cos reinos Francos de Borgoña e de Aquitania para imaxinármonos como puído chegar a escrita en galego.
Os conflitos que no século XI-XII van preparando o esplendor medieval na que denominamos coloquialmente "adolescencia do galego".

Lembremos como Guillerme X de Aquitania que morreu en Compostela tras peregrinar a Santiago 1137, amigo de Xelmírez o arcebispo da catedral.

Este Guillerme era fillo dun rei apodado o trobador, criado na corte familiar de onde procedía a primeira esposa de Afonso VI, Inés de Aquitania que morre en 1077, curmá da segunda esposa deste mesmo rei, Costanza de Borgoña e nai de Urraca en 1081 (rematando o século XI)

Finalmente Urraca tivo con Raimundo de Borgoña a Afonso (1105-1157) que vai ser o rei de Galicia, León e Castela nos comezos do século XII, momento no que podemos asegurar que a lírica estaba en pleno apoxeo e a piques de pasar a ser escrita.

Volvamos ao Arcebispo compostelán Xelmírez que mandará redactar o Códice Calixtino en latín creado entre o 1140-1160. O autor da obra, Aimerico Picaud, de orixe francesa, quixo poñela baixo un triplo padroádego, procurando que os tres patróns quedasen dalgún xeito vinculados ao manuscrito, que se fixo para ser depositado na catedral de Santiago de Compostela. Os tres padróns que se mencionan son: o papa Calisto II, o arcebispo compostelán Diego Xelmírez, probable promotor desta e moitas outras obras compostelás; e o patriarca de Xerusalén. Engádese finalmente o recoñecemento de Cluny, o gran mosteiro borgoñón, que se presenta como un dos grandes centros de difusión do manuscrito de Santiago, ao que se rende homenaxe polo que lle deben as peregrinacións a Santiago, e consecuentemente o esplendor da propia catedral de Compostela e o culto que nela se celebra.
Finalmente non podemos esquecer que unha irmanastra de Urraca, Tereisa de Portugal casada con Henrique de Borgoña fora a nai do primeiro rei de Portugal Afonso Henríques e qu eun dos seus descendentes Afonso III de Portugal será alcumado o boloñés por residir unha longa tempada en Francia antes de asumir a coroa.

ACTIVIDADE

Realiza un relato usando todos estes nomes e datos sabendo que será ficticia esta explicación de como nace a literatura escrita en galego-portugués.
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 17-10-2023 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
CAL É A IMPORTANCIA DA NOSA TRADICIÓN ORAL?

In memoriam Dorothé Schubart

Para a cultura galega e, en especial, para a súa lingua, a tradición oral é singularmente importante. Por esa razón imos saber que é a tradición oral, como podemos coñecela e analizar a súa evolución a través das distintas etapas polas que pasou ao longo da historia dende o nacemento do galego ata os nosos días. Esta pequena investigación nos permitirá valorar mellor o aporte significativo que esta literatura popular ofrece á cultura galega.

AS RAÍCES DA TRADICIóN ORAL
A nosa tradición oral ten tamén unhas raíces que afondan na prehistoria atlántica castrexa a modo de substrato, para asentar unha base latina -mediterránea que logo na Alta Idade Media tera unha etapa digamos de superestrato, antes do nacemento do galego.

O SUBSTRATO DA NOSA TRADICIÓN ORAL
Os cultos prerromanos e o seu reflexo na tradición oral (cultos ás pedras, ás augas...). Tanto na epigrafía romana como en certos autores posteriores temos referencias dos deuses e cultos da época dos castros:

- Un deus dos montes ou montañas sen nome claro (que podería relacionarse co que en Lourizán aparece como Vestius Aloniecus. O deus LUG, posiblemente deus céltico da man dereita ou artesán, COSSO: deus guerreiro tamén denominado BANDUA. Unha deusa das augas NAVIA e os deuses dos camiños ou do comercio Mercurio ou Viales para os romanos, podería ser EIDUORIO, logo está VEROBREO que tamén se relaciona co deus que nos transporta ao mundo dos mortos.



A LATINIZACIÓN, MEMORIA ORAL PARA UNHA CULTURA POSTERIOR
O proceso de Romanización e Latinización da Gallaecia asociado á introdución do Cristianismo. Procura información sobre: Lenda ou historia do Río do Esquecemento e do Monte Medulio/

O río Limia podería ser un dos ríos de entrada ao mundo subterráneo ou dos mortos cuxas augas producían o esquecemento da vida anterior. Os exércitos de Roma cando se achegaron ao río temían atravesalo por ese motivo o xeneral Décimo Xuno Bruto logo denominado o Galaico, cruzouno e dende a outra beira comezou a chamar un por un aos seus soldados para lles quitar o medo e proseguir coas loitas contra os galaicos. Era a primeira ocasión na que os Romanos se achegaban ao noso territorio con intención de conquistalo ( ano 138. a.C.) intención de conquistalo (ano 138. a.C.)



A última das guerras de conquista romanas é a denominada do Mons Medulio. Rodeados nun alto denominado Medulio os cántabros, ástures e galaicos que se enfrontaban a Roma pola súa liberdade preferiron morrer envelenándose coas bagas do teixo nenos, mulleres e homes ou ben acoitelándose antes de entregarse e pasar a ser escravos (ano 22 a.C.)



O ESPERTAR CULTURAL DA GALLAECIA ROMANA
Cando chega o Cristianismo a Galicia? Un proceso problemático, lento e progresivo do que teremos referencias grazas ao Primeiro Espertar Cultural da Gallaecia.

Aquelas crenzas precristiáns anteriores aos romanos non van desaparecer tan rapidamente.

Quen era Prisciliano? Un bispo galaico cuxas crenzas cristiás asumían trazos ou crenzas anteriores disque da época prerromana de culto á natureza, as pedras , ás augas...polo que se vai considerar herexe pola igrexa oficial e polo que foi axustizado no ano 386. O seu corpo foi soterrado nalgún lugar da Gallaecia e hai quen pensa que podería ser o que está na catedral de Santiago, en lugar do apóstolo de Cristo, dado que foi obxecto de peregrinación antes de que logo no século IX comezase a xa coñecida peregrinación xacobea a Compostela.

Exeria, a primeira escritora galega que coñecemos, aínda que escribía en latín. Do século IV muller nobre que realiza unha viaxe a Xerusalén e escribe un libro relatando esta viaxe.


O reino Suevo, o primeiro reino medieval era arriano ou versión cristiá do arianismo. Unha diferenza de crenza na que non se cría na existencia permanente da figura de Cristo.

Orosio historiador galaico que ve positiva a chegada dos Suevos á Gallaecia, na súa Historia do mundo que ía ter gran influencia no mundo filosófico do século V e pola contra o Cronicón de Hidacio, ofrece outra visión máis pesimista e negativa da mesma. Son dúas visións dun mesmo feito.

Martiño Dumio, bispo natural de Panonia que vén a Braga para combater o Priscilianismo sendo a man dereita dos reis suevos e asegurando o seu paso do arianismo ao catolicismo.

O nacemento da Compostela xacobea ou se qeuredes tradición xacobea na "inventio" do sepulcro de Santiago na Alta Idade Media que logo queda fixada no Códex Calixtinus ou Liber Santi Iacobi. No contexto da Galicia como un relato do mundo


O CURIOSO ROMANCE DE DON GAIFEROS DE MORMALTÁN.


DOS CICLOS NA TRADICIÓN ORAL

Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 09-10-2023 06:02
# Ligazón permanente a este artigo
UNIDADE I: A LATINIZACIÓN E O COMENTARIO DE TEXTOS

Seguindo a proposta do libro de texto na UNIDADE I abordamos, tras describir de novo o proceso da comunicación e as características da linguaxe, a Latinización da Gallaecia e unha iniciación ao comentario de textos (repasando conceptos sobre os xéneros e os recursos literarios).

SOBRE O COMENTARIO DE TEXTOS
UN TEXTO COMENTADO



Comentarios (0) - Categoría: COMENTARIO DE TEXTOS - Publicado o 03-10-2023 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0