galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Botémoslle un ollo á traxectoria da nosa lingua

Insistíamos hai pouco sobre isto de coñecer mellor a nosa propia historia e como a lingua está vencellada en cada momento por ela, de como esta panorámica está fortemente influenciada pola historia. De aí que curioseando ao redor da lingua teñamos que reparar en cousas como:

- Como se chamaba esta terra antes da chegada dos romanos?
- Quen eran e como vivían os castrexos?
- Como foi o proceso de Romanización? Que ten que ver o Priscilianismo coa latinización do territorio?
- Que é o 1º Espertar cultural da Gallaecia?
- Que aportan os Suevos á identidade de Galicia?
- Como evoluciona o mapa das linguas peninsulares dende antes da chegada dos romanos atá hoxe? Dende o ano 1000 ata hoxe podédelo ver nun mapa dinámico das linguas peninsulares.

Son só algunhas das preguntas que podemos facernos nesta descuberta da verdade que estamos invitados a realizar.

Para quen desexe procurar respostas pode consultar neste blog a categoría Historia da Lingua que aparece na listaxe da parte esquerda da pantalla.
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 13-10-2011 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal