galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha colección de textos da lírica medieval
Sobre a lírica galaico-portuguesa podemos procurar na rede verdadeiroas marabillas. Conformándonos co sinxelo e valioso deixamos aquí a ligazón a entrada na galipedia trobadorismo que vos permitirá repasar os conceptos que traballamos na clase e no libro de texto.

Na rede tamén podes consultar unha morea de textos das cantigas de amigo ou cantigas de amor.
Máis difícil é lograr datos de todos os xogreres dos que en moitos casos coñecemos os seus nomes e pouco máis, tan só os datos que se poden desprender das composicións conservadas e asinadas por eles.

Outro tanto pasa coas denominadas cantigas de escarnio ou maldizer.

As cantigas de Santa María, cantigas de carácter relixioso como ben sabedes son outro dos tesouros literarios e documentais da nosa lírica medieval.




As jarchas mozárabes parecen gardar certa relación coas nosas cantigas saberías atopala. Aquí deixamos este vídeo coa adaptacións actual deste tipo de cantigas femininas:



Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 22-01-2010 06:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal