galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Días das LETRAS A CONCURSO
CONCURSO DA BIBLIOTECA, EDLG E O DEPARTAMENTO DE GALEGO

Podes participar ata o 30 de maio, día no que seentregarán os premios aos gañadores/as.

É un CONCURSO DIARIO.

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (20)

CUESTIÓNS para o 29 de maio ( derradeiro día)

1ª Como se chama o autor de obras como Días sen Gloria, Animaliños ou Criaturas? En que ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas?
R _ _ _ _ _ _ _ I _ _ _ _ _ _ _ _ O

_ _ 1 _

2ª Saberías como se chama unha das súas obras máis polémicas que van representar os alumnos/as de 1º Bacharelato proximamente?
A_ _ _ _ _ _ _ D _ S_ _ _ _ _ _

3ª Esta obra é unha revisión sobre a visión que os galegos temos sobre unha figura clave do Rexurdimento, saberías cal é o seu nome ?
_ _ _ _ _ _ _ D_ C_ _ _ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (19)

CUESTIÓNS para o 28 de maio

1ª A que gran poeta nacido en Celanova en 1912 se lle dedicou un Día das Letras ?
C _ _ _ _ E_ _ _ _ _ F _ _ _ _ _ _ _
2ª Saberías como se chama un dos seus máis coñecidos libros de poemas cuxo título se interpreta como unha metáfora da ditadura de Franco?
L_ _ _ _ N _ _ _ _ D_ P_ _ _ _
3ª Que outro poeta nacera tamén en Celanova e é unha das figuras principais do Rexurdimento ?
M_ _ _ _ _ C _ _ _ _ _ E _ _ _ _ _ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (18)

CUESTIÓNS para o 27 de maio

1ª A quen se lle dedicou o ano 1984 o Día das Letras a un referente do teatro dese tempo. Cal é o seu nome?
A _ _ _ N_ _ C_ _ _ _ _ _ _ V _ _ _ _ _ _ _
2ª Saberías como se chama un autor que foi homenaxeado un ano antes que o anterior?
M_ _ _ _ _ L _ _ _ _ _ P_ _ _ _ _ _ _
3ª Este autor escribiu un libro no 1911 que se chama igual que outro dos famosos escritos por Rosalía. Cal é o seu título?
C_ _ _ _ _ _ _ G _ _ _ _ _ _ _

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (17)

CUESTIÓNS para o 24 de maio

1ª O ano 1990 dedicouselle o Día das Letras a un poeta nado en Lugo capital. Cal é o seu nome?
L_ _ _ P_ _ _ _ _ _ _

2ª Máis recentemente outro escritor de Lugo capital, este autor de obras en prosa foi homenaxeado no Día das Letras ? En que ano foi homenaxeado?
• A_ _ _ _ F_ _ _ _
• 1_ _ _
3ª Catro títulos fixeron coñecido a este autor. Cales son?
Á L_ _ D_ C_ _ _ _ _
T _ _ _ _ _ _ A_ _
C_ _ _ _ _ D_ N_ _ _A
H_ _ _ _ _ _ _ _ Q_ _ N_ _ _ _ _ _ C_ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (16)

CUESTIÓNS para o 23 de maio


1ª O ano 1971 dedicouselle o Día das Letras a un poeta do mar, seguramente por nacer en Muxía. Cal é o seu nome?

G _ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ A _ _ _ _ _

2ª Un membro pouco coñecido da xeración Nós, autor homenaxeado no Día das Letras no ano 1985,como se chamaba?

A_ _ _ _ L_ _ _ _ _ D_ _ _ _ _ _




PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (15)

CUESTIÓNS para o 22 de maio


1ª O ano 1968 dedicouselle o Día das Letras a un dos membros da Xeración Nós coñecido polos seus estudos arquolóxicos. Cal é o seu nome?

F _ _ _ _ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ C_ _ _ _ _ _ _ _

2ª Outro membro desta xeración, autor dunha considerable obra en prosa foi homenaxeaado anos despois, como se chamaba e en que ano se celebrou o seu Día das Letras?


V_ _ _ _ _ _ R_ _ _ _ _

_ 9 _ _

3ª Procura un par de títulos deste autor, o dunha das súas novelas máis coñecidas e a súa obra de teatro?

O P_ _ _ _ D_ P_

O B_ _ _ _ D _ _ R _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (14)

CUESTIÓNS para o 21 de maio


1ª O ano 1970 dedicouselle o Día das Letras a un estudoso do léxico galego. Cal é o seu nome?

M _ _ _ _ _ _ V_ _ _ _ _ _ _ _ _

2ª Ademais de edoitar un dicionario galego-castelán no ano 1884, tamén fixo unha novela. Saberías como se chama ?


M_ _ I _ _ OU A F _ _ _A E_ _ _ _ _A

3ª Cal foi o poeta a quen se lle dedicou o Día das Letras o ano anterior?


A_ _ _ _ _ _ N _ _ _ _ _ _ V_ _ _ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(13)

CUESTIÓNS para o 16 de maio

1ª Antes da aparición de Roberto Vidal Bolaño na nosa Literatura Dramática case que nada parecido sucederá no eido do Teatro en galego a non ser no 1º terzo do século XX, xusto antes do Franquismo e despois de Rosalía. O ano 1977 dedicouselle o Día das Letras a un referente do teatro dese tempo. Cal é o seu nome?
A _ _ _ N V_ _ _ _ _ P _ _ _ _

2ª Saberías como se chama a súa obra de teatro máis coñecida e como se chama o poeta que a compuxo a medias con el ?
• M_ _ _ _ _ _ _
• R_ _ _ _ C _ _ _ _ _ _ _ _ S
3ª Como se chama a organización coa que logo se coñece tamén ao período previo ao nacemento do nacionalismo galego?
A_ I _ _ _ _ _A_ _ _ D _ F_ _ _



PARTICIPA!!
CONCURSA!!

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG



CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(12)

CUESTIÓNS para o 15 de maio

1- Cal é o nome do autor, lugar de nacemento e da súa morte do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas?

R_ _ _ _ _ _ V _ _ _ _ B _ _ _ _ _

S_ _ _ _ _ _ _ D_ C_ _ _ _ _ _ _ _ A

2ª Este dramaturgo está considerado fundamental á hora de comprender a evolución do Teatro Galego entre outras cousas por ser "o pai da profesionalización" do teatro galego, é dicir, que fundou compañías ou grupos de teatro profesional, actores e actrices que vivían de representar obras polas vilas de Galicia. Que dúas compañías fundou na súa vida?

T_ _ _ _ _ A_ _ _ _ _ _ _

T_ _ _ _ _ D _ A _ _ _

3ª Deste autor que só escribiu teatro ou guións para series ou películas,lembras cinco dos títulos das súas obras máis importantes?

L _ _ _ _ _ _ _ _

D _ _ _ _ _ _

S_ _ _ T _ _ _ _

A_ _ _ _ _ _ _ _ _

C_ _ _ _ _ _ _ _


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA(10)

CUESTIÓNS para o 13 de maio

1ª Houbo un autor que a pesar de morrer con 37 anos de idade foi homenaxeado no ano 1974 no Día das Letras. Cal é o seu nome?
X _ _ N V_ _ _ _ _ _ V _ Q _ _ _ _ _

2ª Saberías como se chamaba outro autor que tamén morreu novo e que foi homenaxeado hai poucos anos?
L_ _ _ P_ _ _ _ _ _
3ª Aínda hai outro poeta do mar que tamén morreu mozo. É o autor do poemario De catro a catro, un exemplo da poesía das Vangardas galegas do 1º terzo do século XX. Como se chamaba e en que ano foi homenaxeado?

M _ _ _ _ _ A_ _ _ _ _ _ 1_ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!



CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (9)

CUESTIÓNS para o 10 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 1972 no Día das Letras ?
V _ _ _ _ _ _ N L_ _ _ _ C _ _ V _ _ _ L

2ª Trátase doutra das grandes figuras do Rexurdimento do galego do século XIX que é moi coñecido por unha obra publicada por entregas en 1888, cal era o nome desta obra?
C_ _ _ _ _ _ _ O D_ L _ _ R _ _ _

3ª Outro dos aportes deste autor é o primeiro xornal editado en galego. O título desta publicación en homenaxe ao P. Sarmiento foi tomado dun nome que o erudito nomea como autor das súas coplas, cal é ese nome ?

O T _ _ M _ _ _ _ _ D _ P _ R_ _ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (8)

CUESTIÓNS para o 9 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 1973 no Día das Letras ?
M _ _ _ _ _L L_ _ _ G _ _ _ Á _ _ _

2ª Foi un relixioso bispo en varios lugares, pero tamén arcebispo de…
S_ _ _ _ _ _ _ D_ _ _ _ P _ _ _ _ _ _

3ª Outro autor ligado á Igrexa, tamén foi homeaxeado no Día das Letras Galegas. Como se chamaba este autor que chegou a publicar tres novelas en galego?

A_ _ _ _ _ _ L _ _ _ _ F _ _ R_ _ _ _

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundaria!




CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (7)

CUESTIÓNS para o 8 de maio

1ª Cal é o nome do homenaxeado no ano 2000 no Día das Letras ?
M _ _ _ _ _L M _ _ _ _ _ A

2ª Foi o primeiro presidente da Real Academia Galega e o súa obra xira, en gran medida, ao redor da identidade da nación galega. Cal é a súa obra máis coñecida?
H_ _ _ _ R _ _ D_ G _ _ _ C _ _

3ª Este autor aínda que non escribiu literatura foi quen animou a escribir e publicar a diversos autores en galego, entre eles a súa esposa. Como se chamaba a súa muller?

R_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _R_

PARTICIPA!!
CONCURSA!!
Busca información no blog
da Biblioteca de Secundariaou nos seguintes enlaces:
Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (6)

CUESTIÓNS para o 7 de maio

1ª Cal é o nome do autor pontevedrés homenaxeado no ano 1975 no Día das Letras?
X_ _ _ M _ _ _ _ _L P _ _ _ _ _

2ª Trástase do autor dunha obra das máis recoñecidas dos Precursores do Rexurdimento do galego escrito no século XIX. Como se chma esa obra, cuxo fío é o diálogo entee un gaiteiro e o seu aprendiz que toca o tambor?
A G_ _ _ _ G _ _ _ E _ _

3ª Este autor tamén foi un gran entusiasta das obras do denominado Pai das Letras, quen nacera no Bierzo, pero vivirá a infancia e a adolescencia en Pontevedra. Por ese motivo editou en 1859 o seu Coloquio de 24 rústicos ou as 1200 coplas, como se chama este ilustrado tan admirado polo noso autor?

P_ _ _ _ M_ _ _ Í _ S_ _ _ I_ _ _ _

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG


CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (5)

CUESTIÓNS para o 6 de maio

1ª Cal é o nome dos autores homenaxeados nos anos 66 e 67?
F_ _ _ _ _ _ _ _ A _ _ _ P_ _
M _ _ _ _ _ _ _ _ R _ _ E _ _ _ _ _ _ _

2ª Cal é o título do poema máis coñecido do primeiro ( compuxo uns 50 poemas)? E do segundo poeta cal é o título da obra poética pola que foi excomulgado?

A _ _ _ _ _ I _
A_ _ _ _ _ _ M _ _ _ _ E _ _ _

3ª O primeiro foi un dos máis destacados poetas dunha das etapas, da cal o segundo é un dos seus piares, un poeta fundamental para a entender. Como se denomina a este período da literatura galega?

R_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ O

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (4)

CUESTIÓNS para o 3 de maio

1ª Cal é o nome do autor do Hinmo galego? En que ano lle dedicaron o día das Letras?

E_ _ _ _ _ _ P_ _ _ _ _
1 _ _ _

2ª Con que título editou este autor o poema do que as primeiras estrofas logo serían o Himno galego?
Q _ _ I _ _ _ _ _ D_ _ P_ _ _ _

3ª Quen lle puxo música ao Himno de Galicia? O himno foi estrenado no Centro Galego da Habana (Cuba) en que ano?
P_ _ _ _ _ _ V_ _ _ _
_ 9 _ _


Contestar a cuestións como estas:

CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (3)

CUESTIÓNS para o 2 de maio

1ª A quen se lle dedicaron o Día das Letras no ano 2002.

P_ _ _ _ M_ _ _ Í _ S_ _ _ I_ _ _ _





2ª Despois de escoitar atentamente o microprogramada CRTVG do Día das Letras do ano 2002 contesta en que lugares, por vez primeira da súa historia, celebrou a Academia ese ano a sesión en honor do homenaxeado?
Por que motivo?


3ª A pesar de vivir no século XVIII foi considerado Pai das Letras Galegas, ao ser o primeiro filólogo da nosa lingua e precursor do Rexurdimento por escribir en galego unha obra en verso, cal é o seu título?

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG



CONCURSO GALICIA LETRA A LETRA NA BIBLIOTECA (2)

CUESTIÓNS para o 30 de abril

1ª Adiviña a que tres medievais se lle dedicaron un 17 de maio:
M_ _ _ _ _ C_ _ _ _X
J_ H _ N _ _ C _ _ _ _ _
M_ _ _ _ _ H _

2ª Indica de cal dos tres só a conservamos unha composición: "Sediam'eu na ermida de San Simón".

3ª Indica de cal dos tres autores conservamos a letra e a música das súas cantigas do mar de Vigo?

4º A que rei galego do século XIII afincado en Toledo se lle dedicaeon as Letras galegas? Cales son as composicións en galego-portugués máis coñecidas deste autor?

Para poder respostar podes facer uso dos seguintes enlaces:

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG



CUESTIÓNS para o 29 de abril

1ª Adiviña a que tres mulleres se lle dedicaron un 17 de maio:

R_ _ _ _ _ _ _ _ C_ _ _R_

F_ _ N_ _ _C _ H_ _ _ _ R_ G_ _ _ I _ _

M_ _ _ _ M_ _ _Ñ_

2ª Indica cal das tres foi a primeira muller que entrou na Academia Galega.


3ª Indica o motivo e a causa de cal das tres se escolleu o día 17 de maio para celebrar un Día dedicado ás Letras Galegas?



Para poder respostar podes facer uso dos seguintes enlaces:

Na REAL ACADEMIA GALEGA
No microprograma de LETRA en LETRA da CRTVG
Comentarios (0) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 28-04-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
VIDAL BOLAÑO
Eu son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo, non? E, sen embargo, por eso, máis grandiosas [sic]. Roberto Vidal Bolaño

Un candidato ás Letras Galegas imprescindible.









OBRAS
Agasallo de sombras (a prol da desmitificación dos nosos mitos)




A burla do galo ( a partir de Cunqueiro, un dos nosos clásicos)



Un anaco de Saxo Tenor:




Bailadelas: Unha montaxe coas mulleres do teatro de Vidal Bolaño na súa homenaxe.



VIDAL BOLAÑO E O CINE

A súa relación co cinema defínea un tanto el mesmo
Comentarios (0) - Categoría: VIDAL BOLAÑO - Publicado o 25-04-2013 08:09
# Ligazón permanente a este artigo
O prólogo de Cantares

Estudamos os Cantares despois de introducirmos na vida da propia Rosalía, pero non sen antes botarlle unha ollada á dedicatoria do libro e ao seu prólogo:

DEDICATORIA:

A Fernán Caballero.


Señora: Por ser muger y autora de unas novelas hácia las cuales siento la mas profunda simpatia, dedico á V. este pequeño libro. Sirva él, para demostrar á la autora de la GAVIOTA y de CLEMENCIA, el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algun tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones, con que se pretende manchar mi pais.

Santiago, 17 de mayo de 1863.

ROSALIA CASTRO DE MURGUIA.


PRÓLOGO:


Grande atrevemento é sin duda par' un probe inxenio com' ó que me cadrou en sorte, dar á luz un libro, cuyas páxinas debian estar cheyas de sol, d' armonia, e d' aquela naturalidade que unida á un-ha fonda ternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d' os nosos cantos populares. A poesia gallega toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros, e doces sonrisiñas, mormuxando un-has veces c'os ventos misteriosos d' os bosques, briland' outras c' ó rayo de sol que cai sereniño por enriba d' as auguas d' un rio farto e grave, que corre baixo as ramas d' os salgueiros en frol, compriálle para ser cantada, un sprito subrime e cristaiño si asi ó podemos decir, un-ha inspiracion fecunda, com' á vexetacion que hermosea esta nosa privilexiada terra e sobre todo un sentimento delicado e penetrante prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo rayo d' hermosura, como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos chaman estúpido, e á quen quisais xuzguen insensibre, estraño a devina poesia. Mais naide ten menos qu'eu teño, as grandes cualidades que son precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d'un mais bon deseo, prá cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer barbaro, os que non saben que aventaxa âs demais linguas en doçura e armonia. Por esto, inda achándome debil en forzas, e nabendo deprendido en mais escola qu' á d' os nosos probes aldeans, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oidos desd' á cuna, e que foran recollidos po-lo meu corazon como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares, esforzándome en dar á conocer como algun-has d' as nosas poeticas costumes, inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e com' ó noso dialecto doce e sonoro, é tan aproposito com' ó pirmeiro, para toda clase de versificacion.
As miñas forzas é certo quedaron moito mais abaixo d' ó que alcançaran os meus deseyos, e por eso comprendendo canto poidera facer nesto un gran poeta, dóyome inda mais da miña insuficença. Ó libro d' os Cantares de D. Antonio Trueba, que m' inspirara e der' alento prá levar á cabo este traballo, pasa pó-Io meu pensamento com' un-hun remorso, e casi asoman as vagoas ôs meus ollos ô pensar como Galicia se levantaria hastr'ó lugar que lle corresponde, si un poeta como Anton ó d' os Cantares, fose o destinado prá dar á conocer as suas bellezas e ás suas costumes. Mais á míña infeliz patria, tan desventurada nesto como en todo ó mais, tense que contentar c' un-has páxinas frias e insulsas, qu' á penas serian dinas d' achegarse de lonxe âs portas dó Parnaso, como non fosse pó-lo nobre sentimento c' as creou. Qu' esto mesmo me sirva de disculpa, prá os que xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que ó que s' esforça por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á sua patria, é acreedore á algun-ha indulxencia.
Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerias, paisaxes, debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod' aquelo en fin que pó-la sua forma e colorido e dino de ser cantado, todo ó que tuvo un eco, un-ha voz, un runxido por leve que fosse, que chegase á conmoverme, tod' esto m' atrevin á cantar neste homilde libro prá desir un-ha vez siquera, y anque sea torpemente, ôs que sin razon nin conocement' algun nos despreçan, qu' a nosa terra é dina d' alabanzas, e qu' a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nás mais ilustradisimas províncias, c' un-ha risa de mofa, qu' á desir verdade (por mais qu' esta sea dura), demostra á iñorancia mais crasa y á mais imperdoable inxusticia, que pode facer un-ha provincia á outra provincia hirman por probe qu' esta sea. Mais he aqui qu' ó mais triste nesta cuestion, é á falsedade con que fora d' aqui pintan así ôs fillos de Galicia com' á Galicia mesma, á quen xeneralmente xuzgan ó mais despreciable e feyo d' España, cando acaso sea ó mais hermoso e dino d' alabanza.
Non quero ferír con esto á susceptibilidade de naide, anque á decir verdade, ben poidera perdonarsell' este pequeno desafogo á quen tan ferida foy de todos. Mais eu qu' atravesei repetidas veces aquelas soledades de Castilla, que dan idea d' ó deserto; eu que recorrin á feraz Estremadura y á estensa Mancha, dond' ó sol cai á plomo alomeando monotonos campos, dond' ó cor d' á palla seca prest' un tono cansado ô paisaxe que rinde e entristece ó esprito, sin un-ha herbiña que distraya á mirada que vai perderse nun ceo sin nubes, tan igual e tan cansado com' á terra que crobe; eu que visitei os celebrados arredores d' Alicante dond' os olivos, có seu verd' escuro, sembrados en fila e de raro en raro parecen chorar de verse tan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, e tan alabada, e que, cansada e monotona com' ó resto d' aquel paise, amostra á sua vexetacion tal como paisaxes pintados nún carton con árbores postos simetricamente y en carreiriños para divertision d' os nenos, eu non podo menos d' indignarme cand' os fillos d' esas provincias que Dios favoreceu en fartura, pero non ná belleza d' os campos, bulranse d' esta Galicia competidora en clima e galanura c'os paises mais encantadores da terra, esta Galicia donde todo é espontaneo na natureza y en donde á man do home, cede o seu posto á man de Dios.
Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos com' os d' Italia, horizontes nubrados e malenconicos anque sempre hermosos com' os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos qu' aterran e adimiran po-la sua xigantesca e xorda cólera... mares imensos... que direi mais? non hay pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tóda-las estacions de herviñas e de frores, os montes cheyos de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes y os torrentes derramándose fervedores e cristaiños, bran e inverno, xa po-los risoños campos, xa en profundas e sombrisas ondanadas... Galicia é sempre un xardin donde se respiran aromas puros, frescura e poesia... E á pesar d' esto chega á tanto á fatuidade d' os iñorantes, á tanto á indina preocupacion que contra á nosa terra existe, qu' inda os mesmos que poideron contemprar tanta hermosura (xa non falamos d' os que se bulran de nos sin que xamais nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os mais) inda os que penetraron en Galicia e gozaron d' as delicias qu' ofrece, atreveronse á decir que Galicia era... un cortello inmundo!!... Y estos eran quisais fillos... de aquelas terras abrasadas d' onde hastra os paxariños foxen!... que diremos á esto? Nada mais sinon, que taes fatuidades, respecto do noso pais, teñen algun-ha comparanza c' as d' os franceses ô falar d' as suas eternas vitorias ganadas ôs españoles. España, nunca, nunca os venceu, po-lo contrario sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó mais triste d' esto é que vale antr' eles tan infame mentira, así como vale prá á seca Castilla, prá á deserta Mancha e prá tóda-las demais provincias d' España, —ningun-ha comparada en verdadeira belleza de paisaxe, có á nosa,— que Galicia é ó rincon mais despreciable da terra. Ben din que todo neste mundo está compensado, e ven asi á sofrir España d' un-ha nacion veciña que sempre á ofendeu á misma inxusticia qu' ela, inda mais culpabre, comete c' un-ha provincia homillada de quen nunca s' acorda, como non sea prá homillala índa mais. Moito sinto as inxusticias con que nos favorecen os franceses, pró neste momento casi lles estou agradecida, pois que me proporcionan un medio de facerlle mais palpabre á España á inxusticia qu' ela á sua vez conosco comete.
Foy este ó movil principal que m' impeleu á pubricar este libro, que mais que nadie, conoço que necesita á indulxencia de todos. Sin gramatica, nin regras de ningun-ha clás, ó lector topará moitas veces faltas d' ortografia, xiros que disoarán ôs oidos d' un purista, pró ô menos, e prá disculpar en algo estes defectos, puxen o mayor coidado, en reprodusir ó verdadeiro esprito d' ó noso pobo, e penso qu' ó conseguin en algo... si ben de un-ha maneira débil e froxa. ¡Queira ó ceo qu' outro mais afertunado qu' eu, poida describir c' ó seus cores verdadeiros, os cuadros encantadores que por aquí s' atopan, inda no rincon mais escondído e olvidado! prá qu' asi ô menos en fama, xa que non en proveito, gane e se vexa c' o respeto e adimiracion merecidas esta infortunada Galicia.

CUESTOIÓNS:
DEDICATORIA:
-A quen lle dedica Rosalía este libro e por que razóns?
- A data que se asina esta dedicatoria ofrece algún tipo de comentario?

PRÓLOGO:
-Pretendemos a continuación discernir a estrutura do mesmo e averiguar que agocha este prólogo para entender mellor a súa obra. Como axuda inicial botámoslle unha visión aos temas que toca segundo o profesor Alonso Montero no prólogo atopamos:
a) O desexo de cantar as belezas e costumes dun pobo non estúpido.
b) A expresión do erro e a inxustiza para con Galicia e a súa marxinación.
c) Defensa do idioma galego.
d)Resposta a unha provocación exterior, que conleva a gavanza do propio e o desprezo do estraño (especialmente, a meseta)
e) Aceptación dun dato negativo (a pobreza de Galicia).
f) Necesidade (un dos puntos maís importantes) non se trata dunha moda, senón do resultado dunha urxencia, é todo un pobo quen o necesita.
g) Realizar un canto xeral a Galicia.
h) Por último, a autora lamenta a situación da lingua e pide desculpas polas súas posibles imperfeccións.
Nós intentarémolo sintetizar e adaptar á nosa propia lectura.
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 19-03-2013 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
PUBLICACIÓN FACSIMIL
O Consello da Cultura Galega acaba de publicar unha edición facsimil dos Cantares Gallegos de Rosalía
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 13-03-2013 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
CUESTIONARIO INICIAL
I- O Espertar cultural da Gallaecia
1- Define que é o 1º Espertar cultural da Gallaecia
2- Quen son: Prisciliano, Exeria, Orosio, Hidacio, Valerio do Bierzo.
3- Que é o Codex Calixtinus cal é a súa importancia?
II- Variedades internas da lingua
1- Unha conversa familiar é de tipo formal o informal?
2- Onde se fala o seseo?
3- Nomea algunha xerga que coñezas
4- En que parte de Galicia se di : camións, - camiós e camiois?
5- Os refráns a que nivel pertencen?( nivel sociocultural)
6- Diferenza entre variedade diastrática e diafásica.
III- As Linguas da Península
1- Cales son as linguas do Estado Español?
2- Teñen todas as linguas a mesma orixe?
3- Cales son as lingua s oficiais e non oficiais?
4- Que ocorrerá no futuro coas linguas que non gozan de cooficialidade?
5- Cal é a lingua cooficial con máis falantes porcentualmente do Estado?
IV- A diglosia e as porcentaxes de falantes do galego a día de hoxe
1- Que é a diglosia?
2- Que é unha lingua hexemónica? Cal sería en Galicia?
3- En que ámbito podemos atopar o galego?
4- O galego atópase en situación diglósica fronte ó castelán, pero cualitativamente podemos apreciar que está presente en moitos ámbitos. Cal é entón a causa desta diglosia?
V- O éuscaro e o galego
1- Principais diferenzas e semellanzas entre o éuscaro e o galego á hora de empregar o idioma no territorio?
2- Cales poden ser as razóns de que a xente nova en Euskadi estea recuperando o uso do éuscaro?
VI- O catalán e o galego
1- Pódese dirixir un galego ás intitucións europeas en galego?
2- O galego é unha lingua minoritaria. Por que?
3- Se estudásemos en Cataluña, aprenderías catalán. Por que?
4- Só se fala catalán en Cataluña? En que outros lugares se fala?
5- Que diferenza hai no uso do catalán en comparación co galego ?
VII- O Galego e o Portugués
1- Que é a lusofonía?
2- Pódese incluír o galego na lusofonía? Por que ?
3- Cales son os rasgos que diferencian o galego do portugués?
VIII- Europa multilingüe e o galego en Europa
1- 1.- ¿Que é unha lingua franca? ¿Cal é a lingua internacional por excelencia?
2- 2.- ¿Que é o esperanto? ¿Por que non tivo éxito?
3- 3.-¿Ten o galego dialectos? Dá algúns exemplos
4- 4.-¿É o galego unha lingua minoritaria ou maioritaria? Explica porque.
5- 5.- ¿En qué consiste a Carta das linguas minoritarias?

IX- Fala. Norma e normalización ( normativización)
1- O galego normalizouse despois ou antes das outras linguas románicas? Por que?
2- Que é a normalización dunha lingua?
3- Para que nos serve a Lei de Normalización ?
X- O galego de cara a norma do XIX ao XX
• -1- ¿Cales foron as persoas que axudaron en defensa do noso idioma durante os Séculos Escuros?
• 2- ¿Qué é o Provincialismo?
• 3- ¿Qué supoñía saber falar o castelán e quen o falaban?
• 4-¿ Que normas aplicou a Real Academia Galega en 1980?

XI- Os bloques dialectais do galego
1- Cales son os bloques dialectais da lingua galega e onde se sitúan?
2- Algúns bloques teñen en común a gheada e o seseo? Cales? Sinala algún outro trazo característico de cada bloque.
3- Fálase Galego fóra da Galicia admitistrativa? Por que? En que territorios?
XII- A fraseoloxía do galego
1-Que é unha frase feita ou dito? Que a diferencia dun refrán?
Temos moito ou pouco tesouro fraseolóxico? Canto?
Que quere dicir: “Marzo marzal, pola mañán cara de can,
ó mediodía mellor o fasía e pola tarde lle acontesía”?

XIII- A Toponimia do galego
1- Quen fixo o primeiro mapa toponímico de Galicia?
2- Son os topónimos galegos os máis abundantes da Península?
3- Indica as orixes etimolóxicas dalgunhas clases de topónimos
4- Como clasificamos os distintos tipos de topónimos?
XIV- Antroponimia do galego
1- Que estuda a antroponimia?
2- Segundo a orixe dos apelidos, en que tipos ou categorías se poden clasificar?
3- A partir de que século se produce a castelanización de moitos apelidos?

XV- Do galego no século XVIII ata o século XX

1-Que son os Séculos Escuros?
2-Quen inaugura o Rexurdimento?
3- Quen son os membros máis destacados da Xeración
Nós ?
4-Que supuxo o Franquismo para o galego ?

XVI- O galego nos medios de comunicación
1- ¿Cando chega a imprenta a Galicia? Cita 3 xornais actuais da prensa en galego e 1 abolido
2- ¿Cando chega a televisión a Galicia? ¿Cal é o seu obxectivo?
3- ¿Cal é o programa infantil que destacou en Galicia?

Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 12-03-2013 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
No 150 aniversario dos Cantares de Rosalía
Que imos facer? Para achegarmos á figura de Rosalía neste 2013 debemos comezar por reparar en dous aspectos transcendentais para entender en profundidade a obra rosaliana e en especial os Cantares.

Falamos dos Séculos Escuros e da Literatura tradicional oral. Para definir con precisión estes dous asuntos claves para a Historia da nosa lingua podemos botar man de Sarmiento, pai das Letras Galegas, que ademais de vivir nesta época ( 1695-1772) foi o primeiro en reparar na escrita literaria e non literaria da Idade Media, explicar as causas da perda da escrita, estudar as orixes da nosa lingua, recoller a fala dos seus coetáneos máis humildes e escribir un texto en galego á imitación da literatura que circulaba de xeito tradicional de boca en boca. Sarmiento será o precursor do movemento denominado Rexurdimento e do que Rosalía é a súa manifestación plena no momento en que publica os seus "Cantares gallegos".



PROPOSTA DE TRABALLO: ROSALÍA E A TRADICiÓN ORAL

1- Os Séculos Escuros e a Literatura de Tradición Oral.
2- Sarmiento precedente do Rexurdimento.
3- Da Gaita Gallega de Pintos á Alborada de Rosalía.
4- Os Cantares e a tradición oral. (consulta texto de Cantares gallegos)
5- Outros poetas do Rexurdimento e o seu uso da Tradición oral. ( Francisco Añón, Fernández Morales, Eduardo Pondal, Curros, Lamas Carbajal...)
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 14-02-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Lectura e traballo de sociolingüística
Hai varios cursos que decidimos traballar os temas de sociolingüística a través dun texto, mesturando así literatura e sociolingüística. Traballamos co libro de "Made In Galiza" de Séchu Sende e usamos algunhas das propostas, vídeos e demais que sobre a obra e os seus textos, e mesmo sobre o propio autor hai na rede. Chegamos incluso a realizar algún vídeo reacreando textos do libro ou experiencias de Normalización ou mellor dito de dramatización sobre algún dos seus relatos. Este curso sen descartar calquera destas propostas estamos implementando as propostas de traballo. Poñamos algúns exemplos:

- FALAR: un relato sobre o que hai varios vídeos na rede e mesmo un realizado por alumnos/as do centro:



Levounos a falar da diglosia.

NA OFICINA DE OBXECTO PERDIDOS: É un texto que volve a tocar o tema da perda da lingua.




Por iso comezamos a preguntarmos: cando perdemos a lingua os galegos: no mesmo momento de nacer, na escola, na adolescencia, ao comezar a ligar, no traballo,... tirando deste fío saen cousa mos boas como por exemplo os problemas que ten a xente á hora de dar clase de galego:


ou de escoitar a Radio Galega:

O LADRÓN DE PALABRAS: foi un relato-conto que nos fixo pensar na chiscadela do dente de ouro de Pedro Navaja, e fundamentalmente na cuestión de quen foi o ladrón das nosas palabras, do noso idioma. Hai quen se lembro de Franco, pero lembrando a Sarmiento cremos que o texto pode servir para retratar aos non galegos nobres laicos e eclesiáticos que durante os Séculos Escuros roubaron paseniño as nosas palabras.


No relato A FÁBRICA DE PALABRAS atopámonos coa evocación de dous temas como son a lingua universal, ante a que nos facemos sempre unha pregunta é posible?. Unha pregunta sobre a que somos algo escépticos, con perdón polo esperanto, porque lembramos as palabras de Castelao cando escribiu aquilo de que a característica esencial do ser humano é a diversidade lingüística, e concluímos que a pesares da globalización iso segue a ser unha evidencia.
Mais hai outra cuestión suxerida polo texto, a das linguas que son promovidas polo mercado, pola fría economía. O Inglés ou a lingua chinesa na que desde pequenos se educan a nenos coa intención de facelos "máis competitivos" na aldea global (antes foran o francés, ou o latín ou o grego, esas linguas de prestixio que normalmente son imprescindibles na educación das clases máis elevadas (alienadas) ata o estremo de negar as linguas propias.
Vexamos este vídeo:


-CURTAMETRAXE. Hai relatos nos que o fundamental é disfrutar coa súa lectura por iso o medio dramatizamos na aula. (Temos varias versións en vídeos de cursos pasados) outro relato deste tipo é UF do que sempre quixemos facer unha boa versión en vídeo e aínda non fomos quen de facela.
Outro destes relatos de tamática "máis literaria" pode ser A MULLER QUE VIVÍA NO FUTURO, pero sempre aparece unha pequena referencia, unha insinuación á problemática do idioma, nesta caso a protagonista chámase " Manhá".
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 14-01-2013 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Listaxe de traballos da segunda avaliación
Os seguintes traballos para presentar na aula deberan usar datos tirados en primeiro lugar do libro de texto da materia, ademais de outras consultas en libros de texto que proporcionará o profesor ademais de consensuar con el o guión e outras consultas na rede para concretar a presentación na aula do tema escollido no que contarán a corrección nos contidos e na forma (ortografía e demais) da presentación, así como os enlaces e información complementaria suxerida e destinada para unha mellor comprensión do tema por parte dos compañeiros/as e que deberá formar parte da mesma.

1-Espertar cultural da Gallaecia. Autores e textos da literatura en latín na nosa terra do século III ao XIII.( Consulta na rede e no libro do mesmo nome)
2- Variacións internas da lingua (Consulta no libro o tema 6 e dun libro de 4º ESO páx 45, 71 e 95)
3- Europa multilingüe e o galego en Europa.(Consulta no libro tema 7)
4-LINGUAS DA PENÍNSULA non oficiais e sen normalizar. (Consulta no libro tema 8)
5- O portugués e o galego( Consulta no libro tema 10)
6-O catalán e o galego.(Consulta no libro tema 8)
7-O éuscaro e o galego. (Consulta no libro tema 8)
8- A diglosia: as razóns das porcentaxes a día de hoxe (na educación)(Consulta no libro tema 9 e os temas 8 e 9 do libro de texto anterior)
9- Fala, norma e normalización/ desviacións da norma.(Consulta no libro tema 9 e os temas 8 e 9 do libro de texto anterior)
10-O galego do século XVIII á actualidade.(Consulta no libro tema 4 e no libro de texto anterior o tema 5)
11- O galego cara a norma no século XIX ao XX.(Consulta no libro tema 4 e no libro de texto anterior o tema 5)
12-O galego na prensa, TV e outros medios.(Consulta nun libro de texto anterior o tema 10)
13-Os bloques dialectais do galego e o galego fóra da Galicia administrativa. (Consulta no libro tema 9 e no libro anterior os temas 6 e 7)
14- Fraseoloxía do galego, usos de vello e de novos(Consulta páx 156 do libro e logo nun libro de texto anterior no tema 9)
15-Toponimia galega, a metade do Estado Español.(Consulta no libro o tema 10 e no libro anterior tema 7)
16-Antroponimia do galego (os nomes e apelidos galegos no mundo)( Consultar no libro tema 11 e no libro anterior o tema 6)
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 07-01-2013 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
De cantar de nadal e reis
Unha introdución á tradición oral aproveitando o Nadal, esta festa tan distinta hoxe da que se vivía hai só uns poucos anos:





Por que se facían en castelán? fixádevos na letra nesta páxina do canto de nadal e dos reis de Cela (Bueu)


Comentarios (0) - Categoría: CULTURA TRADICIONAL - Publicado o 19-12-2012 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
Da arte de trobar
Un dos Cancioneiros, o da Biblioteca Nacional de Lisboa, que documenta a nosa rica lírica medieval conserva ademais un tratado de poética incompleto que estuda os diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan.

Na arte de Trobar fálase das cobras(estrofas) e versos (que reciben o nome de palavras). Na nosa lírica as cantigas de amor raramente pasan de tres cobras ou estrofas cun número variable de versos, polo regular catro nas que teñen refrán, sete nas que nas de mestría.

No apartado referido á métrica das cantigas certifica que os trobadores usaban un cómputo silábico no que se contaba ata última sílaba tónica do verso.

O verso máis frecuente nas cantigas de amor é o decasílabo. Veremos que tamén moi comúns en todo tipo de cantigas o redondilho maior (heptasílabo) e menor(pentasílabo), pero é de sinalar que en moitas das cantigas o número de sílabas é irregular, polo que podemos deducir que esta irregularidade (que se dá nas pezas menos influídas polo lirismo provenzal e en especial nos refráns)sería de orixe popular ou tradicional. Pola contra o isosilabismo sería unha clara influencia occitana.
Na lingua un trazo tradicional son os arcaísmos en palabras como (irmana, louçana, mañana, salido...)

En canto á rima (asonante ou consonante)cando os versos remataban en sílaba grave, dicíase que había rima femia, e cando remataban en aguda, rima macho. O modelo provenzal (que aparece nas cantigas de amor de mestría normalmente)a rima consoante macho. Se aparece un verso solto este chamábase palavra perduda.

As estrofas denominadas "cobras" adoitan ser cobras unissonans (un único esquema de rimas) cobras doblas( cando varia a cada dúas estrofas e cobras singulars (cando era diferente rima en cada estrofa).

Algúns procedementos formais propios das cantigas de amor (nas cantigas de amigo falamos do paralelismo)son:
o dobre (repetición de palabra/s nun mesmo lugar do verso e na mesma estrofa):

Pero que eu mais long´estou
de mia senhor e do seu ben
nunca me de Deus o seu ben
pero m´eu dela long´estou


o mordobre (repetición dun mesmo lexema con variación de sufixos, diversas formas do mesmo verbo):

Cativo, mal conselhado
que me non sei conselhar,
e sempre viv´en cuidado
pero non posso cuidar


Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 27-11-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [21]
© by Abertal