galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MADE IN GALIZA de Séchu Sende
Unha segunda lectura centrada na sociolingüística que é un apartado importante e consitente da Lingua e Literatura Galega de 1º de Bacharelato e que ademais pode servirnos de fonte de inspiración para a obra de teatro que preparamos.
É un libro que seguro nos fará sorrir e reflexionar sobre a situación da lingua galega a día de hoxe.
para saber máis sobre o libro
Comentarios (1) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 05-02-2008 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Un primeiro paso
Xa está colgada na rede hai tempo unha primeira parte unha historia da lingua. Agardamos este curso dar outro paso máis que protagonizarán os actuais alumn@s de 1º de Bacharelato tentando incorporar unha segunda parte ligada ao esplendor medieval da nosa lingua. Veremos do que somos capaces de facer.

Para quen queira ir consultando o xa realizado consulte na páxina web do San Narciso no departamento de Galego dentro dos Departamentos Didácticos
Enlace coa páxina do colexio
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-02-2008 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Que me queres, amor? de Manuel Rivas
A primeira lectura en primeiro de bacharelato é un clásico vivo da nosa literatura, un libro premiado,que fala da Galicia de hoxe ou dende a Galicia de hoxe, levado ao cine e que pode ser unha boa forma de entrar na literatura con maiúsculas.

Reseña na Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: LECTURAS - Publicado o 05-02-2008 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
FALANDO NA PROCURA DE NÓS
"o saber consiste en buscar algo novo sen esquecer nunca o pasado"


Este blog é unha ferramenta educativa que promove un diálogo máis fluído nos distintos cursos de galego do CPR SAN NARCISO de Marín.
Inauguramos pois unha vía de comunicación nova para innovar e facer máis dinámica a experiencia de coñecer máis e mellor a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa terra.


Un lugar para consultar en galego
Categoría: Xeral - Publicado o 24-01-2008 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal