galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para unha biografía de Rosalía persoal
Rosalía de Castro
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 17-04-2015 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
DOS PRECURSORES AO REXURDIMENTO PLENO

En primeiro lugar debemos situar o contexto no que xorde o Rexurdimento froito dun complexo conxunto de factores que conflúen todos no século XIX, un século moi convulso.

Partimos dos Séculos Escuros e o movemento da Ilustración galega onde emergen figuras como Sarmiento, ao que podemos considerar o primeiro dos Precursores do Rexurdimento e o primeiro dos autores da literatura galega moderna ou contemporánea, pois, a pesar de vivir no século XVIII, aínda que non publicou en vida nada en galego, as súas 1200 coplas(1746) serán editadas no XIX e servirán de modelo para os autores chamados tradicionalmente Precursores como:

Xoán M. Pintos gran coñecedor da obra de Sarmiento e finalmente o editor da súa obra en galego Coloquio das 1200 coplas ou Diálogo de 24 galegos rústicos en 1859 ademais doutros escritos sobre a lingua, el publica a súa obra A gaita gallega en 1853.

Antonio Fernández Morales una autor pouco coñecido ata o de agora por ser do Bierzo, pero que escribiu e publicou en 1861 unha importante obra de máis de 6000 versos no galego do Bierzo que titulou "Ensayos poéticos en dialecto berciano".

Outros precedentes da escrita en galego do Rexurdimento son os escritos políticos derivados da Guerra da Independencia contra os franceses Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira (1810) e os textos de debate ideolóxico do liberalismo: La tertulia de la Quintana(1820)Coloquio da Chaínsa (1836).


Os Xogos Florais serán outro dos xermolos de gran transcendencia para crear unha intelectualidade que de xeito homoxéneo reivindica o uso do galego na escrita. É moi citado Francisco Añón e o seu poema "A Galicia" (poema premiado no 1861) ademais da edición da antoloxía de poemas Album de la caridad realizada por Antonio de la Iglesia en 1862.

O Rexurdimento Pleno chegará con Rosalía de Castro no momento en que publica os seus Cantares gallegos (17 de maio de 1863). Tamén en Rosalía veremos a influencia de Sarmiento ao escoller como fonte de inspiración de creación a tradición oral e a lírica popular.
Comentarios (0) - Categoría: REXURDIMENTO - Publicado o 10-04-2015 07:22
# Ligazón permanente a este artigo
Instrucciones para aprender a hablar gallego
Nós imos comezar a preparra este asunto tan complexo botando man do manual de sociolingüística particular que se chama MADE IN GALIZA, un libro de Sechu Sende que entroutras propostas escritas presenta a seguinte, da que colgamos unha versión realizadas por unhas rapazas de bacharelato:

Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 18-03-2015 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Quen era Sarmiento?


Imos achegarmos á figura de Sarmiento tanto como Pai das Letras galegas, como autor precursor do Rexurdimento.



A posta en valor da tradición oral é moi importante para os autore que logo virán. Sarmiento parecía intuír ou adiantarse así aos tempos nos que lle tocaba vivir: Os Séculos escuros.

Reparemos grazas a unha carta escrita ao seu irmán na importancia que lle daba á educación en galego:

Comentarios (0) - Categoría: SARMIENTO - Publicado o 12-03-2015 06:52
# Ligazón permanente a este artigo
Día de Rosalía 2015 no Morrazo
Distintos centros de Ensino Infantil, Primaria e Secundaria do Morrazo ( entre os que está o CPR SAN NARCISO) participaron a proposta conxunta dos EDLG dos propios centros esta montaxe de recitación e recreación dun poema de Rosalía no día do seu nacemento:

Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 05-03-2015 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a procura das sombras de Rosalía


Trátase de buscar nos poemas seguintes:

Daquelas que cantan as pombas i as frores do libro Follas Novas

Tecín soia de Follas Novas

Xan de Follas Novas.

Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 20-02-2015 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
QUE TIPO DE CANTIGA É: EsCARNIO OU MALDIZER


Nostro Senhor, que ben alberguei,
quand' a Lagares cheguei, noutro dia,
per ũa chuvha grande que fazia:
ca prougu' a Deus, e o juiz achei,
Martin Fernandiz; e disse-m' assi:
Pan e vinh' e carne venden ali
en San Paaio, contra u eu ia.

En coyta fora qual vus eu direi
se non achass' o juiz. Que faria?
ca eu nen un dinheiro non tragia;
mais prougu' a Deus que o juiz achei,
Martin Fernandiz: saýo a min
e mostrou-m'un albergue cabo si,
en que comprei quanto mester avia.

Se eu o juiz non achasse, ben sei,
como alberguei, non albergaria,
ca eu errei, e já m' escoreçia;
mais o juiz me guariu, que achei:
pero que eu tard'i o conhoci,
conhoceu-m'el, e saýo contra mi
e omilhou-xi-mi, e mostrou-m' a via.




O autor(juglar) ironiza contra o xuíz de Lagares, Martín Fernández, que, en lugar de acollerlle nun día chuvioso e ante a súa necesidade, recoméndalle, con falsa hospitalidade, un albergue próximo para abastecerse.

Noso Señor, que ben me alberguei
cando a Lagares cheguei o outro día,
por unha gran chuvia que caía!
Que quixo Deus que achase ao xuiz
Martín Fernández, que me dixo así:
pan, viño e carne venden alí,
en San Pelaio, cara onde eu ía.
Quedaríame con esta preocupación:
se non achase ao xuíz, que faría?
pois eu non traía diñeiro algún.
Pero quixo Deus que achase ao xuiz:
Martín Fernández saeu cara mín
e mostroume un albergue cercano
onde comprar o que necesitaba.

Se non achase ao xuiz, ben sei
que non me albergaría así,
pois eu errei e xa escurecía:
pero o xuiz que achei me socorreu,
e aínda que tarde o recoñecín, el a mín
recoñeceme e saíu cara mín,
e inclinouse e mostroume o camiño.


Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 19-02-2015 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
No 2015 para o galego
Desexos para unha lingua no 2015.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2015 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
XERMÁNICO
Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 27-11-2014 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
SUPERESTRATO

Comentarios (0) - Categoría: AS RAÍCES DA NOSA IDENTIDADE - Publicado o 27-11-2014 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal