galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DOS CICLOS NA TRADICIÓN ORAL
O CICLO DO ANO ou O CICLO DA VIDA.
Para estudar os distintos xéneros e subxéneros que se dan na tradición oral adoitanse a traballar con dous ciclos: o da vida e o do ano, para intentar abarcar os numerosos tipos de manifestacións deste patrimonio inmaterial da nosa cultura que foi primeiramente estudado e clasificado polos especialistas en Cancioneiros dende o século XIX ata hoxe e que máis recentemente tamén se vén traballando con gravacións de campo a informantes o que nos permite reproducir tal e como se producen estes actos da tradición que en Galicia se mantivo moi viva ata a irrupción da mecaniación e abandono do rural e a impronta de fenómenos como o do Franquismo e o dos Meddios de comunicación de masas que desvirtuaron xa para sempre este sistema tradicional de comunicar esta literatura popular e anónima.

O CICLO DA VIDA
Do ancemento á morte o home e mais a muller pasan por unha serie de acontecementos que resultan cíclicos para cada persoa: celebracións do nacemento, cantigas de berce, cantos, contos e xogos dos primeiros anos de vida, asociados á infancia, logo cantigas de traballo, regueifas e careos, cantos de voda, etc...

Chamar a atención sobre cantigas asociadas a determinados traballos falamos e escoitamos os cantos asociados ao traballo do liño e as fiadas ou coa sega, tamén chamada seitura e
como a que se escoitou na clase sobre os canteiros (mesmo coa xerga específica "latín dos canteiros" o "verba dos arxinas"). Pódela escoitar de novo neste vídeo interpretado polo grupo Pallamallada:




O CICLO DO ANO
Este é o ciclo de celebracións que ao longo do ano se celebran e repiten de xeito períodico unha vez ao ano. Son moitas delas manifestacións festivas propiamente ditas Nadal, Maios, Romarías... ou simplemente festeiras onde o traballo habitualmente asóciase a unha festa a modo de remate do labor correspondente: Fiadas, Segas, Seráns.
Un grupo moi importante de creacións está asociado ao mesmo baile tardicional: muiñeiras e xotas e outros ritmos bailables con coplas populares cantadas por pandeireteiras, por exemplo.

Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 28-03-2011 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal