galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

un parruliño feo
Os galegos somos en moitas ocasións como o parruliño feo que pensa que é un desleigado, un desgraciado ou un malpocado. Non ten ningunha autoestima. Mais a vida que é sabia, a que se alimenta da nosa historia para poder xermolar o futuro e máis a memoria encargaranse de ensinarnos que realmente somos un cisne branquiazul fermosísimo que está á espreita, que aínda está por medrar agochado en cada un de nós, no noso ser colectivo que agora aínda está na fase de negarse a si mesmos. Todos e cadanseu levamos ese tesouro connosco sen sabelo, sen ser conscientes do potencial e da fermosura que se agocha tras das primeiras plumas da nosa infancia colectiva coma cultura sen desenvolver plenamente.

Visualiza este vídeo:


- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.Con que se sorprende máis?
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora? Que coñecemento ten do galego?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista?
- Cres que é coherente a súa reflexión cos seus sentimentos cara á lingua?
-Que imaxe che proxecta esta concursante?
- Cres que poderíamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
-A que opción ideolóxica liga a xente nova urbana que fala en galego?
-Cres que é xeral a percepción negativa da lingua en todos os falantes?
-Que trazos dialectais considera que son "brutos"?
-A diversidade dialectal da lingua galega é apreciada como algo positivo pola concursante?
Comentarios (0) - Categoría: SOCIOLINGÜÍSTICA - Publicado o 11-03-2011 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal