galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A espera dunha sesión crítica de maior envergadura
Shakespeare era para ignorantes ou para necios?

Para poder dar unha resposta apropiada debemos retomar a definición que fai Aristóteles dos ignorantes. Cal era?

Por que un necio é necio e sempre o será, debería ser a segunda cuestión.

As diversas fórmulas para matar que Shakespeare puxo en escena eran? Que era o que se reservaba pra detrás das cortinas?


Importante destacar tamén que existen cursos en EE.UU. para empresarios baseados nas obras do noso autor. Será certo? Fai as túas pescudas.

Que ten de semellante, pois, un empresario con algún dos moitos personaxes creados por Shakespeare?



Houbo un brillante monólogo sobre a conciencia, a que obra de Shakespeare pertencía este fragmento seleccionada?

Curioso tamén o argumento de Pericles e o rei de Tiro. Saberías indicar de que trataba nun breve resumo.

Un personaxe patético resulta ser un personaxe que fai unha apoloxía misóxina. En que consistía semellante discurso, cal era o motivo e que impresión dá aos espectadores semellante escena? Cal é o comentario que fai do mesmo o profesor erudito en Shakespeare (Quico Cadabal)?

Shakespeare descobre que cada un de nós leva un heroe no seu interior, mais tamén un covarde ou un traidor. Esta obra quere ser unha versión orixinal sobre este dramaturgo inglés procurando aqueles momentos cómicos que hai en cada unha das súas traxedias, recreándose naqueles personaxes secundarios con gran transcendencia ética e que nos permiten facer unha lectura moi actual do autor.

Non hai moitos vídeos na rede colgados sobre esta montaxe, os que aparecen están ás veces en castelán.




Comentarios (0) - Categoría: TEATRO EN GALEGO - Publicado o 17-02-2011 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal