galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cantigas de Santa María
As Cantigas de Santa María poden ser narrativas , narran un milagre da virxe como a que colocamos a continuación. Obsérvense as ilustracións que son as orixinais que a coas que o códice foi ilustrado por orde de Afonso X.



CUESTIONARIO:
1: A cantiga presenta un refrán. Cal é o seu contido?
2- Se te fixaches na primeira estrofa aparece o personaxe protagonista desta cantiga. Como se chama? E que " oficio" ten? Que calidades destaca ademais o texto deste personaxe?
3- O protagonista comete un erro. Cal é? Que castigo recibe?
4- Quen e como o salva do seu castigo?
5-Cal é o epílogo desta historia, que remata por facer o noso personaxe?

*No texto úsase a palabra "meiryo"/ meiro:

Assi como Jesu-Cristo
- 13 -
Esta é como Santa Maria guardou o ladron
que non morresse na forca, porque a saudava.



Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

E porend' un gran miragre vos direi desta razón,
que feze Santa Maria, dun mui malfeitor ladron
que Elbo por nom' avia; mas sempr' en ssa oraçon
a ela s' acomendava, e aquello lle prestou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Onde ll' avo un día que foi un furto fazer,
e o meiryo da terra ouve-o log' a prender,
e tan toste sen tardada fez-lo na forca põer;
mas a Virgen, de Deus Madre, log' enton del se nenbrou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

E u pendurad' estava no forca por ss' afogar,
a Virgen Santa Maria non vos quis enton tardar,
ante chegou muit' aga e foil-ll' as mãos parar
so os pees e alçó-o |assi que non ss' afogou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Assi esteve tres dias o ladron que non morreu;
mais lo meiro passava per y e mentes meteu
com' era viv', e un ome seu logo lle corregeu
o laço per que morresse, mas a Virgen o guardou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

U cuidavan que mort' era, o ladron lles diss' assi:
«Quero-vos dizer, amigos ora por que non morri:
guardou-me Santa Maria, e aque-vo-la aqui
que me nas sas mãos sofre que m' o laço non matou.»

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Quand' est' oyu o meiro, deu aa Virgen loor
Santa Maria, e logo foi decer por seu amor
Elbo, o ladron, da forca, que depois por servidor
dela foi senpr' en sa vida, ca en orden log' entrou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.



Pola contra as cantigas líricas ou de loor son as que aparecen con intención de gabar á Virxe sen máis e presentan un contido máis lírico e semellante ás cantigas de amor. Véxase este exemplo:

Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 01-02-2011 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal