Para entender a decadencia da lírica medieval no contexto da Historia da Lingua, temos que botar man da propia historia de Galicia e nese proceso imos primeiro descubrir as claves que nos permitan coñecer o significado da Revolta dos IRMANDIÑOS.
Esta reacreación pertencen a unha iniciativa recente de coñecer a historia revivindo os acontecementos que protagonizaron por exemplo os Irmandiños
Logo debemos reparar na separación do galego do portugués, intentando identificar algunha das diferenzas que fan posible esta separación a partir do século XV-XVI.
Logo por curiosidade deberiamos saber algo do que se reclama como último trobador da nosa lírica medieval tras coñecer como vai declinando o uso da moda trobadoresca tanto en Galicia como en Portugal e Castela que conservan cancioneiros desta etapa de decadencia