|
|
|
ESQUEMA PARA UN COMENTARIO DE TEXTO |
|
 Esta que segue é unha proposta que circula polos libros e que precisa unha pequena explicación ou un modelo de comentario seguindo o esquema que se propón. Colocamos un texto de Castelao de modelo a continuación ( é importante ver o debuxo que realizou para ilustrar este texto o propio Castelao):
Esta morea de pedras e tellas, de latas tomadas e táboas podres, que semella un cortello abatido, foi o tobo en que viveu moitos anos a vella Fanchuca.
Esta figueira de ponlas ensarilladas foi o amparo da vivenda. Os figos ninguén degoraba comelos porque sabían a miseria.
A vella Fanchuca pregaba de porta en porta, alá cando nas nosas aldeas había máis fartura de pan que de diñeiro. Aínda era no tempo en que cada esmola recibía un bico de quen a daba e outro bico de quen a collía; porque as esmolas non eran cachos de cobre acuñado, que eran codelos de pan ou espigas de millo.
A siña Fanchuca, por ser tan probe e tan vella e por estar tan perto da morte, ía tornándose terra e xa se confundía de lonxe coa lama dos camiños. Mais a vella Fanchuca sabía remozarse o día da festa prendendo na roupa moitos remendiños bonitos: adobíos da súa probeza, que o sol e a choiva de todo o ano ían trocando en novos ferrapos torreiros.
A vella Fanchuca contaba máis de catro veces vinte anos e portaba nas roupas os remendiños de tódalas festas, talmente como levan as plumas os paxaros cativos.
A primeira mostra de probeza que fitaron os meus ollos foi a siña Fanchuca e dende aquela tiven tan aparelladas na miña memoria a vellez e a miseria, que aínda hoxe tódolos vellos enrugadiños parécenme probes de pedir polas portas.
COMENTARIO
TEMA: A decadencia do ser humano é a pobreza.
Resumo ou asunto: O lugar onde a vella Fanchuca viviu é unha figueira e un cortello. A siña Fanchuca pedía de porta en porta na aldea de por si pobre. A proximidade á morte achega a vella á terra, aínda que se poña remendiños bonitos. Logo vén a reflexión final do autor que ten dende neno: a asociación mental sobre identificación da miseria e a vellez.
O punto de vista narrador testemuña, polo tanto un narrador interno, que se nos descobre cara o final do texto, dálle sentido completo a biografía da siña Fanchuca, como icona máis próxima na que se asocian na memoria de Castelao miseria e vellez.
A Estrutura do texto parte dun lugar que evoca en sentido retrospectivo a vivenda do personaxe protagonista, a Siña Fanchuca (ver o nome). O debuxo que acompaña o relato é precisamente unha figueira de pólas ensarilladas. A continuación describe a situación da aldea como contexto de atraso económico onde subsiste Fanchuca. Unha terceira parte na que se repara na condición terreira de Fanchuca e a súa vellez e aspecto. E o final, de tipo conclusivo, no que se extrapola a impresión que dende a nenez do autor provoca a visión da miseria personificada nesta vella, unha asociación coa que invita a reflexión.
Analizando a linguaxe do texto, en primeiro lugar, debemos destacar a descrición inicial da vivenda de Fanchuca punto de arranque da evocación ideas de fachuco, enliado, amoreamento, revolto, podre, derrubado e a metáfora tobo, último elemento da enumeración da primeira oración na que aparece previamente un simil cortello asociable á connotación do sufixo despectivo en -uco. Esta enumeración inicial, unha selección de substantivos e adxectivos maxistralmente combinados na que Castelao presenta unha asociación degradante, un lugar máis propio de bestas e animais coa intención de retratar unha vivenda indigna do ser humano. Finalmente presenta, en oración aparte e en primeiro plano, unha figueira enmarañada, único amparo daquela vivenda, para convertela nun símbolo do desprezo que provocaba a vella Fanchuca, pois os seus figos, ninguén os degoraba. Unha hipérbole suliñada no momento en que nos dí o por qué: ?sabían a miseria?. Xa desta primeira parte do texto se desprende un valor negativo que o narrador presenta como colectivo, asumido polo conxunto dos veciños.
A vella (epíteto case constante ligado a siña Fanchuca vencellando permanentemente vellez á miseria) reside na Aldea. O contexto é Galicia esa economía do intercambio e atrasada onde a esmola se exerce non con moedas (palabra evitada cun rodeo ...cachos de cobre acuñado... a propósito, para facer máis evidente a súa rareza). O punto de partida de onde emerxen as preocupacións de Castelao, o telón de fondo é sempre Galiza. A preocupación polas súas xentes humildes aquí se transparenta na figura da siña Fanchuca. A atención está pois centrada nun pobo, o galego, e nunha clase, a humilde, e no seu retrato sentimental, conmovedor, o ton reflexivo co que aborda a presentación do personaxe no que a miseria, a sitúa mesmo petando na porta da morte, de aí a hipérbole coa que di que ía tornándose terra cofundida na lama dos camiños, metafórica descrición da soidade e desamparo que xa se insinuaba na palabra tobo do primeiro parágrafo e mesmo na figueira dos figos da miseria, elementos ligados todos á terra, esa que nos acolle cando morremos. O dramatismo da situación aparece aínda máis marcado no paradoxo de querer remozarse a unha muller tan vella e tan pobre... o valor dos adverbios de cantidade reforzando a imaxe degradada da protagonista. De novo outro paradoxo que recobra folgos ao colocarse no día da festa (elemento aparentemente alegre que entoldará no contraste evidente co personaxe mísero que nos presenta) moitos remendiños bonitos ( fixámonos aquí no valor connotativo do diminutivo que evoca afecto e tenrura cara a Fanchuca como querendo aminorar o tráxico destino e a poderosa evocación buscando o contraste dos adxectivos moitos e bonitos) definidos finalmente como os adobíos da pobreza, potente metáfora que recolle tamén a intención de destacar por parte de Castelao o inútil (ironía tráxica) que resultaba ese esforzo inxenuo. Esta idea tamén aparece máis abaixo no simil talmente como levan as prumas os paxaros cativos, suliñando a imposibilidade de saír dos parámetros da pobreza. Precisamente cara ao final deste parágrafo o mesmo autor coa mención metafórica do paso do tempo (sol e chuvia) desenmascara baixo unha nova fórmula literaria, unha metáfora da forma de vestir da siña Fanchuca que é un reclamo da terra que a espera: novos farrapos torreiros (o adxectivo novos reforza a idea paradóxica e ata certo punto antitética que domina o parágrafo presentando á vez un choque entre o novo e remozado versus o vello e o farrapo, o remendo. Unha vellez física evidenciada polo circunloquio máis de catro veces vinte anos con roupas tamén enrugadas polo paso do tempo como símbolo da pobreza.
No derradeiro dos parágrafos vén a reflexión o ton meditativo expresado nas palabras viven na miña memoria como se as ideas fosen tamén seres que habitan en nós e que se instalan para non marchar nunca. Permanencia e insistencia remarcada con expresións adverbiais como dende aquela e aínda hoxe que suliñan, por unha parte, que estamos ante unha mirada que leva anos lembrando esa imaxe da siña Fanchuca e do que ela representaba (teñamos presente que se nos dí: a primeira mostra que fitaron os meus ollos co que se nos deixa a entrever que o narrador observador que se dirixe a nós era mozo ou neno, o que nos provoca unha maior carga de dramatismo e de valor sentimental. Por outra banda destaca a importancia da sentencia final, esa semellanza da vellez e a pobreza do ser humano, da asociación de calquera vello enrugadiño (de novo o valor afectivo do diminutivo) coa debilidade e decadencia da que tamén son víctimas os humanos que viven na miseria. Neste páragrafo a insistente aparición do concepto de semellanza nos leva a ineludible asociación de miseria co decaimento físico que supón a ancianidade.
O ritmo do texto narrativo é pausado ao recrearse na descrición, dada tamén a importancia de elementos gramaticais como os adxectivos e os adverbios, a subordinación. Na reiteración de enunciados e do nome do personaxe ao comenzo de varios parágrafos a modo dunha anáfora imprimen ao texto e no lector esa sensación de constante recreación dun mesmo tema, que sen dúbida queda reforzado con este ritmo lento escollido polo autor.
Nos aspectos fónicos do texto non destacamos especialmente ningún recurso esencial, anque podemos falar da sonoridade do nome da protagonista e de posibles aliteracións que reforzan valores connotativos de figuras antes sinaldas como farrapos terreiros.
En conclusión, neste texto recoñecemos valores moi singulares do estilo de Castelao tanto á hora de escoller unha temática (contido) que busca a comuñón coas clases humildes de Galicia, a emoción solidaria co ser humano centrada neste caso na pobreza como elemento de decadencia, como á hora de establecer unha estructura textual (forma) na que o final sexa moi relevante, tendo un carácter sintético que provoca a reflexión profunda e universal anque parta no seu relato da anécdota singularizada neses seus personaxes retratados con tanta emotividade, con tanta tenrura que contaxian ao lector. A siña Fanchuca recorda aquí a eses grandes personaxes tráxicos do teatro de todos os tempos nos que o personaxe se revela inutilmente (no que se chama ironía tráxica) ante o drama da súa propia existencia. Os remendiños moitos e bonitos cos que nos días de festa vestía a vella Fanchuca son ante os ollos sensibles de Castelao os adobíos tristes da pobreza.
Castelao como narrador establece fortes relacións co ser galego, coa súa forma de narrar, cos seu estilo achegado a temas tan populares como a morte que aquí tamén se evoca na proximidade de Fanchuca á mesma, recursos tan característicos da nosa literatura como o diminutivo, o certo lirismo das expresións metafóricas comentadas, a proximidade tamén á ironía, neste caso tinxida do escuro da dramática situación do personaxe retratado nos días de festa. Castelao recolle a esencia dunha longa tradición de relato oral para facela pasar polo seu peculiar punto de vista.
Castelao nesta cousa reproduce pois unha visión centrada na Galicia do seu tempo, na que a crítica das inxustizas e a denuncia da miseria na que viven labregos e mariñeiros son aspectos esenciais da súa creacción inserta no momento emerxente do nacionalismo galego no primeiro tercio do século xx, do que como sabemos Castelao é unha peza sustancial.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
http://www.coachstoreonline.com/ coach store online
http://www.coachoutletstoreonline2014.com/ coach outlet store online
http://www.coachfactoryoutlet2014.com/ coach factory outlet
http://www.coachhandbagsnew2013.com/ coach handbags outlet
http://www.michaelkorsoutlet-store.com/ michael kors outlet
http://www.louisvuittonblackfridaybags.com/ louis vuitton black friday
http://www.louisvuittonhandbagsnew2013.com/ louis vuitton handbags new 2013
http://www.chan-luu-inc.com/ chan luu
http://www.marcjacobsmarc.com/ marc jacobs handbags
http://www.marcby-marcjacobs.com/ marc by marc jacobs
http://www.marcjaco#blgtk08#bsoutletstore.com/ marc jacobs outlet
http://www.marcjacobsbagsshops.com/ marc jacobs bags
http://www.marcbymarcjacobsinc.com/ marc by marc jacobs
http://www.marcjacobsinc.com/ marc by marc jacobs bags
http://www.marcbymarcjacobs.org/ marc by marc jacobs
http://www.michaelkorshandbagsnew2013.com/ michael kors handbags new 2013
http://www.sportfanatics.org/ cheap jerseys
http://www.giuseppe-zanottifrance.com/ giuseppe zanotti
http://www.sugarsit.com/ coach outlet
http://azscitechfest.asu.edu/prada-outlet-australia prada outlet
https://sites.google.com/site/marcjacobsoutletshop/ marc jacobs outlet
|
|
|
Comentario por coach factory outlet (05-12-2013 08:31) |
|
|
2 |
Not all foods react the same Percy Harvin Jersey with all Nike Jerseys. The most popular one is one of Tony Gonzalez Jersey him bare chested. More than the artist, the rhythm, the underlying message of the Nike Jerseys or the genre, the thing that affects Tom Brady Jersey your workout the most is the tempo.
Our financial fitness is even more closely tied to our sense of well-being. The neutral point wher#blgtk08#e the body functions at its best is a pH of 7. Their Tokyo Shock and Shriek Show BD releases have been a continued disappointment.
Nike Jerseys http://www.fansfootballshop.com/
Adrian Peterson Jersey http://www.fansfootballshop.com/TOP-Player-Jerseys/Adrian-Peterson-Jersey_c-1122.html
Peyton Manning Jersey http://www.fansfootballshop.com/TOP-Player-Jerseys/Peyton-Manning-Jersey_c-1124.html
|
|
|
Comentario por Official NFL Nike Jerseys (16-03-2014 05:26) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|