galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alá cando eu era un mozo
En Galicia existe unha grande variedade de contos (marabillosos, humorísticos, mnemotécnicos, eróticos,etc...) pero o estraño é atopalos en forma de canto. Trátase sen dúbida dunha mestura de subxéneros da tradición oral pois son acontecidos cargados de ironía que usando as técnicas propias dos romances( ese formato tan popular e tan antigo)manteñen con eles unha semellanza formal, sendo de contidos menos elevados, máis populares e que podían perfectamente ser parte do repertorio dos cegos aínda que non sempre foron historias escritas nos pregos.Esta que transcribimos a continuación pode ser de orixe "culta", pero o seu anonimato fai dela unha peza singular dentro da literatura de tradición oral.
Traemos aquí este exemplo conto cantado coñecido e popularizado a partir da gravación do CD "GALICIA DERRADEIRA POLAVILA" unha gravación realizada na casa dos mesmos informantes, é dicir, por especialistas cun estudo móbil que percorreu Galicia nos anos 80.

Alá cando eu era mozo foi interpretada por Xosé Abilleira nunha versión que xa fora recollida a principios de século con máis coplas. Tiña 75 anos no momento de ser rexistrada no ano 1985 en Neira de Rei, Baralla ( Lugo).

Alá cando eu era mozo,
tiña doce anos cumplidos
fun ver a unha nena guapa
filla de Xoan dos Despidos.

Eu levaba un pau tan grande
coma un fumeiro dun carro,
unhas zocas de chinela,
fumando nun gran cigarro.

Cheguei, déille as boas noites,
sae un can moi apurado,
eachóume o calzón de estreno
e máis deixoume deitado.

A rapaza non estaba,
que iba dar un viaxiño
e saín para aguardarlle
ó alboio dun veciño.

Sae outro can tan grande
coma a cabeza dun sapo,
arrastróume polo chan
coma se eu fora un trapo.

Eu a sentir tal barullo
deixei as zocas chinelas
e para que non me colleran
déille cebo ás canelas.

Miña nai ó chegar á casa
fíxome unhas boas sopas,
cantóume as cuarenta en bastos
e máis dispois vinte en copas.

Meu pai ó chegar á casa
para quentarme ben as moas
dóume sete bofetadas,
encima de mans, filloas.

* Outra versión versión cantada
Comentarios (1) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 26-02-2009 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Deste conto sacaron unha #blgtk08#canción fanny e alexander
Comentario por actualidade (17-05-2009 19:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal