galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PONDAL VERSUS ROSALÍA

MACHISMO-FEMINISMO: PONDAL e ROSALÍA

Eduardo Pondal :
Pondal naceu en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835.
En 1856 asiste ao Banquete do Conxo. En 1860 remata os seus estudos de Medicina e en 1862 aparece no Álbum de la Caridad o seu primeiro poema galego: “A campana de Anllóns”.
En 1863 ingresa no Corpo de Sanidade Militar, o que deixa ao pouco tempo, abandonando a medicina para se dedicar só á poesía.
En 1867 coñece, por medio de Murguía, os poemas ossiánicos de James Macpherson. A partir de aquí, Galicia empezará a ser o eixe da súa poesía e el converterase no bardo do pobo galego.
Na Cova Céltica, Pondal era considerado o Bardo, pois estes homes compartían o amor á fala e a cosmovisión poética de Pondal.
En 1886 publica Queixumes dos pinos, colección de 21 poemas que están escritos todos en galego agás dous deles.
Outra obra de Pondal é Os Eoas que é un poema épico no cal se enxalza a conquista de América por parte do pobo ibérico.
Pondal morre no ano 1977 na Coruña.

Pondal caracterizase por escribir unha poesía chea de contrastes, xa que nela podemos diferenciar diversas palabras antónimas que se refiren a conceptos propostos por Pondal. A súa poesía pode dividirse en dúas temáticas diferentes: poesía de carácter político e poesía lírica. Nesta última cabe destacar que aquí atópanse as súas poesías máis “polémicas”, xa que neste apartado aparecen as poesías dedicadas as mulleres e a súa visión delas.

Para descifrar a poesía pondaliana cómpre saber as definicións e as relacións que o autor establece coas diversas palabras e adxectivos que utiliza nas súas poesías:
Pondal establece unha relación machista entre os conceptos que se refiren ao feminino e os conceptos que se refiren ao masculino.
Para Pondal o masculino relacionase co viril, co heroe, co férreo, forte, xeneroso e bo, duro... mentres que o feminino caracterízase por ser brando, doce, silencioso, estúpido, mórbido... incluso fai referencia que todo o relacionado á muller implica escravitude pois estas non son máis ca un obxecto sexual para os homes, un agasallo (ilotas, escravas en Grecia).
Pondal crese como un Bardo para Galicia pois pensa que él é o salvador e quere ser como os grandes heroes gregos tan ben descritos nas súas poesías do bardismo:
“Oh! Quen morrer puidera,
Coma o forte Leónidas;
Envolto en duro ferro,
Noutras duras Thermópilas;
Por unha patria escura,
De escravos e de ilotas.”

Pondal, ademáis de considerarse un dos máis importantes escritores galegos do século XIX, é considerado como un dos poetas máis misóxinos e racistas galegos, xa que en contadas ocasión alude á muller como algo cariñoso, bonito... e considera aos de outras especies como meros obxetos inferiores.

O machismo de Pondal observase na maioría das súas poesías.
Moitas delas ao home descríbese como: agre, agreste, altivo, audaz, bravío, duro, erguido, patrio, salvaxe, traballoso, valente, valeroso, xigante...
Mentres que a muller considérase como algo negativo: vulgares propósitos, brandos, cousas muliebres, afectos mórbidos...´
Os atributos femininos son: aleve, brando, escravo, covarde, pequeno, estreito, submisa, vil, engreido...
Claros exemplos destes conceptos son os que aparecen nestas poesías:
“E pois eu aborrezo
Os vulgares propósitos;
E o fin do meu traballo
Certo, é non remoto;[...]”

“Non, non está nos brandos
Regalos ociosos,
Nin nas cousas muliebres,
Nin nos afectos mórbidos,
A meta escrarecida
Do ánimo glorioso;
Máis só nas cousas fortes
E nos férreos propósitos;
E en caer con fragor, como caera
Brásidas Valeroso.”

O adxectivo muliebres equivale a escravas, infames, lento...
A consideración da superioridade do home fronte a muller é un elemento fundamental do pensamento patriarcal e pondaliano.
Segundo Pondal o home non ten que facer nada para ser superior a unha muller, pois iso xa lle ven dado dende que naceu.
A pesar da súa visión machista, xa que a muller é algo inferior, Pondal é capaz de igualar a un home con unha amazona. Isto é curioso xa que as amazonas, aínda que sexan guerreiras e loitadoras, na súa substancia seguen sendo mulleres.
Pondal describe as amazonas como algo con valor positivo, xa que as mulleres só conseguían ser valoradas positivamente cando adoptaban os valores positivos ou masculinos. É por isto polo que Pondal apreciaba a estas mulleres.
Pondal considera a Virxe Moroñas, intrépida amazona, como unha cazadora valente, igualándoa aos fillos dos nobres celtas e enterrada como tales.
Malia ao seu machismo, Pondal non concibe a sexualidade como unha forma de dominio e submisión, xa que o termo erótico dás relacións de poder e de violencia que se establecen na súa poesía é inadecuada.
A pesar disto, nos poemas pondalianos, onde se fai referencia as violacións, son tan abundantes como evidentes:
“ Non te poñas a tembrar,
Meniña, non teñas medo
Que ninguen te quer matar...

Gandra esquiva de Moureda,
¡quen poidera, entre as túas irtas uces,
Falar a soas con ela!”
Nestas poesías, Pondal é consciente de que a rapaza lle ten medo:
“Ias gozando no meu tormento,
Ías fuxindo,
Por medo a min;”
A rapaza rógalle que a deixe. Pero hai un sadismo manifesto que o autor transmite ao lector debido a descrición detallada do pánico da rapaza. Pondal non se avergoña da súa conduta se non que se mostra satisfeito:
“Abonda xa de oración...
Porque de min non che libran
Nin Dios nin o demo, non.”

Nestes poemas, PILLAR significa sorprender e agarrar, non se trata de abrazar con tenrura. A rapaza atópase soa, sen axuda. Nestas poesías non se trata dun pracer conxunto nin agradable, senón que simboliza unha fame que só se pode saciar rudamente e con rapidez.
“Pilleina entre os pinos soa,
Alba de medo tornou;
Quixo fuxir, máis non pudo,
(quen sabe que peixe eu son).

Rogárame de rodillas;
De rodillas me rogou;
Tembrou como a vara verde
Que estremece a virazón.

Cal quen teme ser oída,
Dixo:-...pídocho por Dios...!

-¡Estás fresca!,- lle contesto-
Vente a min con oracións:”

A rapaza quere escapar pero o autor (que peixe eu son) síntese orgulloso de ser violador, de ter ese “poder”. A rapaza humillase e roga en baixo por medo do que dirá a xente, pois a violación significa unha mancha social.


Aínda que Pondal escribira algúns poemas nos que se refire a muller como unha idealización á que se lle ten que dar culto, pois son o amor e a tenrura personalizadas e Pondal un galante cabaleiro:
“Eu sei dunha doce meiga
Por quen teño admiración,
Que decote me ten preso
Na súa doce prisión.”

Sempre están máis presentes os seus poemas nos que o home é superior a muller, pois estas son obxectos sexuais sen valor, que co tempo, os fortes téñenas que “tomar” como mera diversión, pois son homes fortes e virís.
Aínda que a visión de Pondal dos homes sexa como algo forte e duro, estes teñen que tomar as mulleres covardemente, as agachadas, xa que nunca as collen na súa casa, nin na aldea, senón que as toman lonxe onde ninguén poida miralos.
Pondal caracterízase por ser un poeta misóxino, racista, despectivo, capaz de sentirse orgulloso de ser un violador e considerándose como un bardo(cantor) que salva a Galicia e axuda aos “nobres fillos dos celtas”.



Rosalía de Castro :
Rosalía naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. a súa nai era unha fidalga e o seu pai un membro do clero.
Rosalía estará baixo a custodia da súa tia paterna na aldea de Ortoño. A estes primeiros anos débelle Rosalía o coñecemento e a vivencia do mundo rural galego que tanto peso ten en Cantares Gallegos.
En 1856 vai vivir a Madrid onde publica o seu primeiro libro de poemas, La flor, e onde coñece a Murguía con que casará a finais de 1858.
Morreu na súa casa de Matanza o 15 de xullo de 1885.

Rosalía caracterízase por facer unha poesía chea de elementos polisemánticos, xa que teñen varios significados que fan difícil a tradución dos seus poemas.
Os poemas de Rosalía céntranse no amor que sinte cara Galicia. Pero tamén aluden as vivencias das mulleres que como deberían ser algo máis que obxetos.
En Cantares Gallegos atopamos diversos núcleos temáticos fundamentais como, por exemplo, a temática amorosa, pois é aquí onde Rosalía escribe as coitas amorosas que forman o eixo central dunha serie de poemas. Estes poden aparecer en forma de diálogo ou en forma de monólogo, posto en boca dunha muller ou dun home. Rosalía escribe as diferentes relacións amorosas partindo do popular.
“«Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón».
Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.”

Na poesía de Rosalía aparecen conceptos positivos cando se fala da muller. Os homes que expresan o seu amor fano de forma cariñosa, con tenrura, imitando aos galantes cabaleiros.
Nalgunhas das súas obras en prosa reivindicase o papel da muller como parte da cultura.
As súas obras axudan ao Rexurdimento de Galicia, intentando que o galego sexa o idioma do seu pais. Neste tempo no que as mulleres non eran consideradas como apropiadas para a cultura, Rosalía deixa claro que unha muller é tan importante como un home e que ten a mesma capacidade para a cultura.
O amor nas obras de Rosalía non se considera como gozo, xa que non significa xamais felicidade nin alegría. Isto debeuse a tráxica persoal do seu matrimonio e o amor dos seus pais, considerado como amoral.
Rosalía foi unha adiantada para a súa época xa que se considera como unha das mellores defensoras da muller. Isto é moi importante xa que é moi difícil ser unha defensora dos dereitos da muller nunha sociedade machista que non considera a muller como digna para a cultura.

Rosalía de Castro escribe Follas Novas coa intención de pagar a débeda que tiña coa xente despois de escribir Cantares Gallegos. Tamén o fai polas mulleres tan presentes nas súas poesías.

Rosalía de Castro convértese na figura centrada nosa literatura, mitificada polo pobo galego e obxecto dunha abundante bibliografía no estranxeiro.
Rosalía caracterízase por ser unha das máis importantes escritoras do noso pais. De ser unha muller avanzada a súa época, denunciando as inxustizas, como a emigración, o desprezo ao galego e a Galicia, reivindicando o dereito das mulleres a ter unha boa educación e non ser depreciadas.
A poesía de Rosalía supuxo, xunto coa de Gustavo Adolfo Bécquer, o inicio da poesía española moderna.

Aínda que Pondal e Rosalía loitaban por un idioma e unha nación que se respectase, os dous o fan de forma moi diferente, con claros conceptos que os caracterizan e que fan que a Rosalía se lle considere como unha autora moderna, reivindicativa e con claros valores positivos. Mentres que Pondal quede ao marxe debido as súas duras poesías, con claros valores negativos pero que sexa coñecido polo seu poema Os pinos.


Patricia Fernández Palleiro
Comentarios (1) - Categoría: PONDAL - Publicado o 30-05-2008 05:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por (11-05-2009 09:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal