galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O RAP EN GALEGO
O rap, a música falada orixinaria dos barrios negros de Nova York, estendida por todas partes do mundo e tamén en Galiza, tivo unha difusión meirande cos outros xeitos de expresión do hip-hop, saíndo incluso fóra do seu círculo para atinxir artistas pouco o nada involucrados nesta cultura, e pódese sinalar aos Resentidos como un dos primeiros grupos galegos en incluír este estilo no seu repertorio musical. E cun éxito notable con temas como Arde Galicia que supuxo unha nova etapa de esplendor, da música cantada da lingua. Outros moitos malia o carácter eminentemente urbano e novo do movemento, co que isto implica en canto a uso do galego, decidiron empregar a nosa lingua para botar as súas rimadas e así xurdiron os irmáns Bochechinhas, os Skornabois, o Pinto D´Herbón ou Marisol Man Furada, todos eles rimadores heterodoxos que tiñan moito máis presentes as tradicionais regueifas có Bronx neoiorquino cando compuñan as súas cancións pero que non por iso deixaron de nos achegar unhas creacións de calidade e cun selo persoal que non deixa indiferente. Hoxe en día o epicentro do rap rimado en galego está na vila de Ordes onde atopamos un colectivo formado ao redor de grupos coma Dios ke te crew e 5 Talegos. Cómpre tamén destacar a escena santiaguesa con bandas como Non Residentz, Hip Hop Ateneu, Noitebregos, graffitteiros coma Cousas Novas e breakers como Playmovil Kids.

Artistas, grupos e colectivos

1. Dios ke te crew

Dios ke te crew é un grupo de hip hop formado en 2003 en Ordes (provincia de A Coruña). Hoxe en día forman un colectivo de graffiti, breakdance, dis e rap. Todas estas vertentes do hip hop xúntanse nas actuacións en directo do grupo onde é habitual presenciar graffiteiros pintando pezas ó fondo do escenario e bailes de breakdance mentres a parte musical do grupo interpreta os seus temas.

Este colectivo comenzou no Festival 2003 cando a organización chamou a cantar ós grupos de rap 5 Talegos e Ghamberros, ambos formados en Ordes, que presentáronse como Dios ke te crew. Na parte musical uníronse os graffiteiros Vandals Crew e Cousas Novas, e os breakers composteláns Playmovil Kids, os cales xa non forman parte de Dios ke te crew.

Despois de que 5 Talegos e Ghamberros apareceran en varios recopilatorios, en 2004 Ghamberros fai a súa primeira referencia de título homónimo.

A primeira gravación acreditada de Dios ke te crewa foi o corte incluído na película colectiva “hai que botalos”, unha recopilación de curtametraxes postos en circulación con motivo das eleccións ó Parlamento Galego en 2005. Aportaban a banda sonora ó episodio titulado O derradeiro, o tema titulado “Herdeiros da ditadura”.

No ano 2006 lanzan o seu primeiro traballo en formato profesional, un LP titulado “Xénese” composto por 16 temas. Autoeditado polo selo do propio grupo DKTC Sons e a editora galega Falcatruada. Distribuído por Discmendi en España e Portugal. Trátase do primeiro disco de rap integramente en galego no que presentan a realidade cultural, social e política con sarcasmo e humor. Influencias do jazz, rock, reggae, hardcore ou funk están presentes nas bases musicais deste traballo. No deseño de CD inclúe ilustracións e graffitis de membros do colectivo.






Nas súas actuacións por toda España, compartiron escenario con artistas como Saian Supa Crew, The Beanuts, Dealema, Foreign beggars, Ojos de Brujo, La Mala Rodríguez, SFDK, Violadores del Verso, Solo los Solo ou La excepción.

2. Mito Escrito

Mito Escrito (2002). Actualmente Kotto, DiDacum, DJ Webo e Pablo Uve. Por méritos propios xa son un clásico na escena rap en Compostela. Brocas e Tojinos (2003), bases yankies rapeadas por Kotto e Balat, Grandes Cundidas (2004), a maqueta en solitario de Didacum. Chapando Garitos (2005), producido por DJ Webo e DJ Dakrow é unha trintena de concertos é o seu traballo ata 2006. Da unión de forzas con Bronquitis Cronica e Jalapeña nace en 2005 Colectivo FM, directos moi dinámicos e distintos estilos no mesmo pack. Agora están presentando o seu novo traballo “A cara B da cidade, en distintas cidades galegas e estän no cartel de varios finalistas a nivel galego, como Senuncan Hiphop, finalistas do Concurso Ensaio en O Grove e finalistas do Concurso Urbanx Festival, compartiron táboas con grupos como 3Monos, Telefunken, Rack Eterno, Delahoja, Queroseno, Coguito, Non Residentz, El Galgo, DJ Kaze, N-Ko e DJ Orbe, Drumdrama, Pillo Astuto, Actos Urbanos, Octubre 28, Ambitoh Kinitoh, Da Ria, DJ Darkrow…


3. El Puto Coke

El Puto coke, tamén coñecido como El Puto, é un Mc galego nado en Vigo no ano 1979. El Puto Coke leva involucrado no panorama do Hip Hop español dende 1996. É o antigo compoñente e cofundador do colectivo “A Familia”, conta con máis de cinco discos ás súas costas. “A Familia” desfíxose pero destacaron por ser pioneiros en indagar máis alá do son hardcore reinante no momento, e en innovar con orixinais planeamentos na temática das súas cancións.

Con “A Familia” autoeditou un disco titulado “Eclipse” en 1998. O seu debut en solitario foi da man da compañía “Euro 17” onde publicou “O Proxecto”. A súa estancia con esta compañía foi curta xa que despois pasaría a Avoid con “Epílogo”. En 2002 editou o LP “Un raio de soul” coa compañía “Lam Records”. Neste último traballo destaca o tema “Nana”, unha nana xunto a Kase-O e Payo Malo.

Sen embargo, seguía sen sentirse a gusto coa súa compañía e decidiu cumprir o seu contrato publicando en 2004 o disco “Pilla isto”. Deste disco destaca o último tema “Terreo minao” no que rima coa sílaba “ao” cun estilo e un efecto peculiar.

El Puto Coke iniciou en 2004 o proxecto “Souldados” co rapeiro portugués Ace membro do grupo “Mind da gap”.

En xaneiro de 2006 e tras máis de tres anos de espera, El Puto Coke presentou o seu novo disco “Os luns ó Soul” que se distribúe gratuitamente dende a súa propia páxina web. Neste novo traballo, as producións do álbum repártense entre Serial (Mind Da Gap), Mundo (Dealenma), Juan Profundo e Dive Diboso. Ademais conta coas colaboracións vocais de artistas da talla de: Mundo (Dealema), La puta opepé. Woyza o Loco 23.




4. O Asunto

“O Asunto” é un colectivo formado no 2006, composto por Sucias Ratas, Sokez MC e DJ Zepo, Roke (SFC) e O´Ras (DGB). Colectivo concibido para intentar reunir os 4 elementos do Hip Hop nos directos. Sucias Ratas (Kobe, Jona, Iago e Sac) grupo afincado en Pontevedra e Marín, con varios concertos xa a súas costas e compartindo escenario con xente como Falsalarma, DeLaHoja, Bronkitis Crónica, Mito Escrito, Ogmios, KDS, SKA e Kaze, etc… están en proceso de gravación da súa primeira maqueta aínda que xa presentaran algún avance no seu MySpace en Internet, por outra parte Sokez é un MC de Pontevedra (Galicia) de 23 anos que leva nesto do Hip Hop nove anos xa. Empezou a introducirse nesta cultura, escoltando ata a saciedade as típicas cintas que te deixaba un colega, como calquera outro b-boy. Fai algo máis de dous anos, e grazas a DJ LaEse, coñeceu a DJ Zepo, Dj de dezanove anos con moi boas maneiras. Empezou a currar e a facer temas e o que saíu foi “Non Hai Fallo”, unha maqueta que tivo unha moi boa acollida. Con este primeiro traballo queren expresar as súas vivencias relacionadas co entorno que os rodea e sobre todo aportar o seu gran de area a este aínda pequeno deserto do Hip Hop. Antón G. Seoane a.k.a. ROKE nace o 6 de Decembro de 1986 en Vigo. Os seus inicios no graffiti remóntanse ao 97, cos seus primeiros tags influenciado por Aley97 (VDS) e o graffiti que vía na rúa. Tras madurar no graffiti e pertencer a colectivos como a BEM ou a BVK, aséntanse en SFC, colectivo ao que pertence hoxe en día, composto por el e tres colegas do seu barrio (Dime, Moos e Mais), o cal obtivo recoñecemento pola súa gran adicción ó negro bituminoso, ó color prata, e ás grandes creacións en chapas. Roke caracterízase por ser un artista polifacético que realiza todo tipo de graffiti: Bombing, Murais (tanto letras como kekos), Street Art…Alternando entre un e outro segundo tempadas. Ademais, dende fai un par de anos iníciase na tatuaxe e tatúa ocasionalmente ata o día de hoxe nun local privado. Artista autodidacta que nunca recibira ningún tipo de educación artística ata hoxe, xa que formouse na Escola de Deseño Industrial de Ferrol

5. Tres Tristes Tigres

Tres tristes Tigres son un grupo nado en Pontevedra formado por 2 mcs (Risk e Lloyd) e un dj/produtor (O Pobre). A idea do grupo xurdiu cando os tres compoñentes decatáronse de que tiñan algo en común, unha paixón, un vicio, un medio para descargarse, par ver as cousas, para combater, para ser libre, para expresarse, para sentir, e sobre todo para vivir o día a día dunha forma diferente. O rap, a poesía, a música, algo que compartían, e no que tiñan un mesmo punto de vista, as súas formas de traballar, a súa temática, todo entre eles era moi similar, así que decidiron unirse e saír a luz como grupo.

¿Por qué se chaman Tristes Tigres?. Ademais do xogo de palabras que ten a frase do trabalinguas, represéntalles moito o nome, pois non é que a súa temática sexa puramente triste, pero é a era actual en moitos aspectos o é. Eles queren reflectir nas súas letras e música o que realmente senten, o que ven, o que é a realidade en si, non presumen de nada porque iso non é o que buscan, nin competir contra ninguén porque o único rival que hai agora é o que intenta reprimilos mentalmente. Eles queren unha reflexión sobre o que pasa no mundo, sobre o que pasa polas súas cabezas, problemas que calquera persoa, independentemente da súa orixe, lingua ou raza tamén ten. O consumismo abusivo, o estres, a obsesión por vivir de aparencias, a crítica ó sistema, á sociedade…, calquera tema deses pode caer sobre a pesada tinta do seu boli. Por iso calquera pode sentirse identificado cos seus raps, porque non van dirixidos pura e exclusivamente para a xente do movemento, senón que vai para quen o queira oír, dado que de momento, oír é gratuíto. Non lles interesan aqueles raps que non digan nada, que soamente sexan falar por falar, rimar por rimar, queren mensaxe.

Ten moitos proxectos, de momento están intentando dar concertos por onde se poida, e intentar gravar algún día nalgún futuro unha maqueta ou algunha referencia, para que a xente que queira escoite as súas cousas, non queren fama, senón compartir a súa música co máximo de xente posible, se iso leva á fama, a fama é algo inevitable.

6. Ogmios/Rap As Pontes

Ogmios é un grupo de rap de AS Pontes (A Coruña). Comezaron con isto do rap fai anos: uns pintando, outros bailando, outros rapeando. O primeiro compoñente de Ogmios (Troti) sacou unha maqueta no ano 2004 (“Rey de Reyes”) despois de cantar no Nabiza Rock III e compartindo escenario con grupos como Sobrinus ou Dr. Funkstein. Ó ano seguinte, Antón (Toninho da Soutsa) pasa a formar parte do grupo e xuntos repiten no festival Nabiza (esa vez como teloneiros de grupos como Barón Rojo, Avalanch ou Sol Lagarto). O 2006 foi un bo ano, xa que sacaron a súa segunda maqueta (Rap As Pontes) e tinxiron bolos en Santiago, Ourense, As Pontes, Lugo e vinosa, onde compartiron cartel con outros grupos galegos e estatais (Ambito K, FM, Ment, Underflow, Hades y Felix, Watios, Dria e Pablo, Sokez, Puto Chino e Nalis, Fundación Tony Manero, Pal Heli, entre outros). En todos estes concertos, os scratches correron a cargo de Adrián (Dj Trape), un coruñés colega do grupo. A mediados deste mesmo ano, e coincidindo coa incorporación de Fernando (Fosa) ao grupo sacarían a súa terceira maqueta (Demos-Traición). Na actualidade están a piques de sacar un novo traballo (Ogmios-Puntos de Vista) cun novo Dj, Pive e cun erudito do son, Dr. Obe. Por último, mencionar ós Faneca Morder Crew que os acompañan en tódalas viaxes e a todos os concertos.

7. O rap galego percorre Europa

Pertences a segunda xeración que deu a emigración galega por Europa. Rapean en castelán, francés, alemán e galego e teñen como centro de operacións as cidades de Xenebra, Schaffhausen ou Santa Cruz de Tenerife. Os seus versos falan da emigración e dos veráns na aldea pero tamén dos problemas cotiás que afectan ás suas vidas.

A web mafiagallega.com, dirixida por Francisco Fernándes, aglutina dende Suíza boa parte destes grupos que se expresan a través do rap e que están a serrar todo un movemento Hip Hop na diáspora<. Na actualidade, esta plataforma virtual canaliza e difunde o traballo de preto de vinte grupos entre os que se atopan bandas como Gale´n´raven, Gran Purismo, Xoko Suízo ou a propia Mafia Galega.

É un dos moitos e sorprendentes efectos colaterais que ten dado a emigración, un fenómeno que colle pulo nos últimos tempos baixo a firma de músicos que están a deixar fonda pegada nas escenas musicais de diferentes puntos do planeta.

Gran Purismo é un deles. Detrás deses dous termos agáchase Carlos Abad, fillo de galegos asentado en Schaffhausen, no norte de Suíza. Leva máis de dez anos sobre os escenarios, pegado a un micrófono rapeando. Neste tempo, arroupado polo boom que está a experimentar o Hip Hop en Suíza, conseguiu insuflarlle aire novo ao panorama musical do seu país con letras en castelán e en galego. O seu rap hispano, non ibérico, ten chamado a atención de bandas como Violadores del Verso, con quen colaborou no seu coñecido disco Vicios y Virtudes co tema “Suizaragoza”. A peza, un interludio cantado con toque de jazz, sorprendeu no medio do rap escuro que caracteriza a Violadores e serviulle de plataforma de lanzamento no Estado.

Na actualidade traballa no que sería o seu primeiro longa duración, un disco que navega polo funky, o rock e o soul. Presentouse baixo o título Aventuras en el paraíso e será producido polo zaragozano Hahze.

A emigración en países como Suíza ou Francia é moi importante, segundo Abad, e o rap é o xeito que atopan para expresarse. Abad aínda que prefire non falar de movemento, porque non existe unha conexión profunda a nivel global, si que remarca que están a xurdir iniciativas en moitos puntos do planeta que teñen como denominador común o rap e as orixes galegas. Comenta que seguro que existen grupos en París, Marsella, Bos Aires que tiran deste tipo de música pero acontece que non dan a coñecer que son galegos. Neste sentido, destaca a iniciativa levada a cabo en solitario por Francisco Fernández coa posta en marcha da páxina mafiagallega.com, porque “fixo moito por recoller os grupos da diáspora”.

MANUEL NORES

Novidades 2009
Comentarios (1) - Categoría: MÚSICA EN GALEGO - Publicado o 18-04-2008 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Referentes hoxe son Malandrómeda (en galego, con Hev#blgtk08#i de Non Residentz e Fluzo)SeisSenSeis, Delahoja...
Comentario por soaben (02-11-2010 10:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal