galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XAQUÍN LORENZO ( Día das Letras 2004)
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o día 17 de maio de cada ano “Día das Letras Galegas” como data para “recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega”.

Os tres membros foron Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, e o presidente da Real Academia Galega foi Sebastián Martínez Risco.

XOAQUÍN LORENZO


Xoaquín Lorenzo Fernández, coñecido como “Xocas”, naceu en Ourense no número 30 da rúa da Paz o 23 de xuño de 1907. Fillo de Xosé Lorenzo Álvarez (licenciado en dereito pola Universidade de Santiago que nunca exerceu a abogacía salvo para asesorar ás sociedades obreiras ourensás, pero foi recoñecido como humorista, colaborador e fundador de publicacións como “Café con gotas”) e de Xoaquina Fernández, Xocas vive gran parte da súa infancia vencellado á casa da avoa materna en Lobeira. Isto crea dúas localización vitais (Lobeira e Ourense), que marcan dous claros horizontes na formación de Xocas: o coñecemento dos xeitos da terra no rural e a capital da provincia. En Ourense recibe as ensinanzas de Risco, Cuevillas e Pedrayo.

Desde neno aprendeu polo seu pai a ter curiosidade polas cousas, por buscar entre os restos para descubrir como vivía e, deste xeito, saber como era a xente. Foi un especialista no estudo da casa, do carro e dos oficios. Esta etapa da nenez foi a máis importante. Cun pai escritor e caricaturista dedicado integramente ós seus fillos, foi aprendendo a importancia deses restos como índices dunha forma de vida. Así, Xoaquín acabou por converterse nun especialista na etnografía de Galicia.

Das súas inquietudes persoais foi facendo unha grazas ó coñecemento da etnografía e pola súa amizade con Pedrayo e Risco, entro no grupo “Nós”. Da man de Cuevillas, fixo un estudo sobre o caro que lle valeu o ingreso no Seminario de Estudos Galegos. Precisamente, foi un dos fundadores da montaxe do Museo Etnográfico, que foi unha peza clave dentro da estructura da Institución que desapareceu tras o golpe de Estado do xeneral Franco.

A medio camiño, entre intereses persoais e profesionais, comezou o seu labor de escavacións en castros e outros lugares, catalogando e estudando igrexas, mámoas... de todas as recuperacións destaca a dos castros de Carneixa, en Boborás, porque foi un dos depósitos que sentaron achados importantes sobre a cultura castrexa do noroeste peninsular. E neste camiño está tamén o castro de Lobeira que lle serviu para contactar co profesor Fritz Krüger, que daría pé ó libro “O léxico rural do noroeste Ibérico”, no que se fai mención dos utensilios para os traballos de labranza. Por último, destaca a súa exploración no Castromao (en Celanova) que comezou en 1968, e que asumiría en solitario a partir de 1980.

Mentres tanto, compaxinaba o seu traballo de docente no Colexio Cardenal Cisneros coa aparición en diferentes publicacións periódicas galegas e brasileiras.


Xoaquín perteneceu á maior parte das institucións culturais galegas. Era membro numerario da Real Academia Galega, na que entrou ofrecendo un discurso sobre “A casa galega” ó que lle contestou o seu amigo Otero Pedrayo. Foi presidente e un dos máximos impulsores do Museo do Pobo Galego. Ó longo da súa vida foi recibindo numeroso premios. A medalla de Ouro de Galicia, o premio Trasalba, a insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego, a Encomenda de Alfonso X o Sabio, o título de colexiado distinguido outorgado polo “Consejo Nacional de Colegios Oficiales de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras y en Ciencias” e o premio Otero Pedrayo, entre outras distincións.


Respecto ós seus estudos, podemos dicir que Xocas estaba moi unido ó seu irmán Xurxo, tres anos máis novo ca el. Iniciou os seus estudos na casa onde seu pai, con importantes dotes de pedagogo, encárgase directamente da súa aprendizaxe ata que pasa ó colexio dos Villares e cursa o bacharelato no “Instituto General y Técnico” entre 1917 e 1925.
É nestes anos de bacharelato de Xocas, cando a familia o seu primeiro golpe importante coa morte do pai, que conleva litixios por propiedades que a familia posuía en Arxentina, o que leva á nai a ausentarse quedando os irmáns repartidos: Xocas fica un tempo coa avoa materna, mentres Xurxo é enviado a Vigo onde se traslada Xocas ó morrer a avoa e ata o regreso da nai. Esa época sufre unha grave pérdida do cultivo e das tradicións populares, isto último pola emigración.

Xoaquín Lorenzo ten que asumir un novo pesadelo vital: como tantos outros por aquel entón, vese obrigado a combatir no bando “nacional” durante a Guerra Civil ata que é ferido no ombro esquerdo en Villablino (León), o que lle permite regresar a casa onde crea no tempo de convalecencia unha interesante tertulia con Risco, Cuevillas e Otero Pedrayo, e aproveita para ler os clásicos de Galicia.

En 1939 é nomeado profesor de Xeografía e Historia no Instituto de Posío (Ourense), e nos anos 40, Xoaquín Lorenzo iníciase como mestre no colexio ourensán Cardenal Cisneros, onde mantén excelentes relacións cos alumnos da zona rural e os fillos de emigrantes que valoran o talante de Xocas logo de sentir o rexeitamento doutras institucións de ensino que proviñan. Cómpre destacar que en 1940, colabora co director de cine Antonio Román e o productor Carlos Serrano de Osma na rodaxe da película documental “O home e o carro” rodada en Lobeira. Así gañou o premio do Sindicato Nacional do Espectáculo en 1980.







A bibliografía do autor é moi extensa.


• Monografías:

- Vila de Calvos de Randín (1930)
- A muller no cancioneiro galego (1932)
- O Tardo (1934)
- A arte popular nos xugos de Galicis (1935)
- As casas dos mortos (1965)
- Cantigueiro popular da Limia Baixa (1973)
- O mar e os ríos (1982)
- Refraneiro Galego (1983)
- A nosa señora do Viso (1983)
- Enredos (1992)
- A casa (1995)
- Os oficios (1995)
- A terra (1995)
- O carro no folclore de Galicia (2003)
- Da casa rural á casa vilega (2004)
- O mar terra adentro (2004)
- Xaquín Lorenzo (2004)
- Notas etnográficas da parroquia de Bomeiro


• Artigos:

- A fala galega (1926)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Os labregos e o xuez (1927)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Mediciña rústica (1927)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Un casamento en Lobeira (1928)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Apuntes de Xeografía lexigráfica galega (1929)
- O tío galego (1930)
- A muller no cancioneiro galego (1932)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: A lenda da hermida de Aranga (1932)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Do cancioneiro de Borneiro (1932)
- Embarcacións:notas pra un cuestionario de etnografía (1933)
- Notas pra un cuestionario de Etnografía. Embarcacións (1933)
- O liño e a lá (1933)
- Sant Jordi e Sant-Yago (1933)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Papeletas pra un diccionario (1934)
- Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza: Notas encol do Antroido en Lobeira (1934)
- As domas do Porto do Són (1934)
- Miscelánea: nobles que defenderon a raia portuguesa antre o Limia e o Miño no ano 1762 (1934)
- Notas etnográficas da Terra de Lobeira: o liño e a lá (1934)
- Arte popular nos xugos da Galiza (1935)
- De Re Geográfica. Os mapas, o nomenclátor e a realidade (1935)
- Outra vez en col do noso idioma (1935)
- Recensión (1935)
- As festas populares do 3 de maio en Laza (1936)
- Notas etnográficas da parroquia de Borneiro (1936)
- Sobre arqueología do território dos Querquernos (1938)
- Notas arqueolóxicas do castro de Cameixa (1948)
- Distribución dos xugos na Galiza (1955)
- O mazo, a trompa e a moa (1956)
- As xoias de Regodeigón (1956)
- A Xuno de Freixido (1956)
- Cerámicas castrexas pintadas (1956)
- Cuevillas, etnógrafico (1957)
- Unha nova inscultura serpentiforme da citania de Troña (1957)
- Estela funeraria de Flor de rei Vello (1958)
- Enredos (1958)
- Muíños de maré (1959)
- O pastoreio na serra do Leboreiro (1959)
- O varapau (1959)
- Unha pedra-amuleto (1961)
- As casas dos mortos (1965)
- O culto das pedras no noroeste peninsular (1965)
- Resposta do académico numerario X. Lorenzo ao discurso lido en recepción pública de X (1965)
- A eirexa de Santa María de Mixós (1968)
- O mar terra adentro (1969)
- Metamorfosis dunha casa castrexa (1973)
- O esprito da mes en Lobeira (1973)
- Xesús Taboada Chivite (1976)
- O combarrizo (1977)
- A seición de Etnografía do Seminario de Estudos Galegos (1978)
- Paganismo e cristianismo na relixiosidade popular (1978)
- Vellas artes de pesca no rio Miño (1979)
- Etnografía. Cultura material (1980)
- Unha casa do Castromao (1980)
- Xesús Ferro Couselo (1980)
- Os enredos dos rapaces (1981)
- Unha corna decorada (1981)
- A ramboia (1982)
- Do noso antroido: os escabicheiros (1982)
- Lembranza de Otero en Ourense (1982)
- Limiar (1983)
- Limiar de Arquitectura Popular en Galicia (1983)
- As ruadas (1984)
- D. Vicente Martínez Risco y Agüero (1984)
- Ramboia (1984)
- As pontes na tradición popular galega (1985)
- Cando estiña unha fonte (1985)
- Dende o ceo de Monterrei (1985)
- Limiar (1985)
- A Nosa Señora do Viso. Unha romaxe antre outras moitas (1986)
- A prosa de Cuevillas (1986)
- As bandas de música volven (1986)
- Castelao (1986)
- Castro de Carneixa (1986)
- Cen anos de Cuevillas (1986)
- O amor á terra na irmandade dos 'bos e xenerosos' (1986)
- Os tempos son chegados (1986)
- A vivenda e a terra (1988)
- O Ourense da xuventude de Otero Pedrayo (1988)
- O outro mundo na tradición popular galega (1988)
- Otero Pedrayo e a antropoloxía (1988)
- Un intre de D. Ramón (1988)
- Xaquín Lorenzo "Xocas" (1989)
- Introducción ó estudio dos hórreos en Galicia (1990)
- María, nai e señora (1990)
- As embarcacións tradicionais de Galicia (1994)
- Lembranza de Don Xoaquín Lorenzo Fernández (1994)
- Desde a solana (1996)
- De como se han de cociñar as sardiñas (1997)
- O viño (1998)
- Lembranzas de nenez (1999)
- Xaquín Lorenzo (1999)


• Ilustracións e deseños:

- Bouza Brey, Fermín; Lourenzo Fernández, Xurxo, e Lorenzo Fernández, Xaquín (deseños), A Casa, o traballo e a cantiga en Pías, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 2001

• Outros:
- Cantigueiro popular da Limia Baixa , Editorial Galaxia, Vigo, 1973.

- Galicia ó traverso dun obxetivo : [catálogo da exposición, 1978], Museo Arqueolóxico de Ourense, 1978

- Galicia, parroquia de Velle, Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, 1936

- Xaquín Lorenzo, o fotógrafo, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004

- Xaquín Lorenzo «Xocas», Arquivo Sonoro de Galiza - Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2004

TANIA MENDUÍÑA COUTO
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓN PROPIA - Publicado o 18-04-2008 05:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal