galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS DÍAS DAS LETRAS

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
O 20 de marzo de 1963, baixo o franquismo, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, a data real de publicación do libro descoñécese, pero nese día Rosalía dedicoullo á tamén poeta Fernán Caballero.
Publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, obra de Fermín Bouza Brey. A festa tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nível literario senón nos ambientes populares. A partir de entón dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración se cumpriran dez ou máis anos do seu falecemento.


Autores homenaxeados:
1963 Rosalía de Castro
1964 Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1965 Eduardo Pondal
1966 Francisco Añón Paz
1967 Manuel Curros Enríquez
1968 Florentino López Cuevillas
1969 Antonio Noriega Varela
1970 Marcial Valladares Núñez
1971 Gonzalo López Abente
1972 Valentín Lamas Carvajal
1973 Manuel Lago González
1974 Xoán V. Viqueira Cortón
1975 Xoán Manuel Pintos Villar
1976 Ramón Cabanillas
1977 Antón Vilar Ponte
1978 Antonio López Ferreiro
1979 Manuel Antonio
1980 Afonso X o Sabio
1981 Vicente Risco
1982 Luis Amado Carballo
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1984 Armando Cotarelo Valledor
1985 Antón Lousada Diéguez
1986 Aquilino Iglesia Alvariño
1987 Francisca Herrera Garrido
1988 Ramón Otero Pedrayo
1989 Celso Emilio Ferreiro
1990 Luis Pimentel
1991 Álvaro Cunqueiro
1992 Fermín Bouza-Brey
1993 Eduardo Blanco Amor
1994 Luis Seoane
1995 Rafael Dieste
1996 Xesús Ferro Couselo
1997 Ánxel Fole
1998 Martín Códax, Xohán de Cangas e Mendinho (en conxunto, autores de cantigas medievais)
1999 Roberto Blanco Torres
2000 Manuel Murguía
2001 Eladio Rodríguez
2002 Frei Martín Sarmiento
2003 Antón Avilés de Taramancos
2004 Xaquín Lorenzo
2005 Lorenzo Varela
2006 Manuel Lugrís Freire
2007 María Mariño Carou
2008 Xosé María Álvarez Blázquez
Comentarios (0) - Categoría: DÍAS DAS LETRAS - Publicado o 18-04-2008 05:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal