Un dos ciclos anuais máis representativos do noso calendario tradicional é sen dúbida o Entroido. Esta celebración converte a Galicia nun verdadeiro país das marabillas ao levarse a cabo un dos 10 entroidos máis orixinais do mundo debido pola súa duración. O Entroido en Galicia comeza en moitos lugares de Ourense despois do Nadal. En Xinzo de Limia por exemplo dan comezo ao entroido o día 2 de febreiro, no día da Candeloira no que casan os paxaros, contan os nosos avós e avoas. Di o refrán que na Candeloria medio inverno vai fóra. Ese comezar a medrar os días está intimamente ligado ao ciclo.
Lembremos que o ano da Natureza comeza coa primavera, no mes de marzo, e que o Entroido como se pode ver pola súa etimoloxía ten que ver coa entrada do ano que vén marcado polas estacións. Esta festa da fecundidade era unha especie de festa de fin do ano que hai que despedir cos estómagos cheos, de aí que a cuestión da gastronomía sexa relevante. Tamén o son os lobos animais que poñían en perigo os rabaños tan importantes para a economía do rural.