galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CANTIGAS DE SANTA MARÍA DE AFONSO O SABIO
A cuarta categoría de cantigas da lírica medieval galaico-portuguesa é de tematica relixiosa e responde a unha creación propiciada polo rei Afonso o Sabio. Este conxunto de cantigas resulta ser extraordinario tanto polo volume de composicións (427 cantigas) como polo seu valor literario e ademais polas características dos códices orixinais de luxo (en particular o toledano) nas que se conservan e que conteñen a música das cantigas e unha coidada serie de ilustracións.

A autoría das cantigas non é exclusiva do rei que dirixiu a obra e que se pode rastrexar cando introduce un "eu fiz" fronte outras que "ordenei que se escrevera...", pero foron dun conxunto de trobadores colaboradores reunidos arredor do proxecto entre os qu ese cita ao crego compostelán Airas Núnez.

Tamén se ten afondado nas diversas fontes e intencións de carácter político e de motivación relixiosa que moven a Afonso á hora deemprender esta complexa obra como podes constatar na páx. 171 do libro.

Repararemos aquí nos tipos de Cantigas de Santa María:
A) AS CANTIGAS NARRATIVAS
Imos colocar un par de exemplos deste tipo de composicións nos que se relatan milagres atribuídos a Santa María.




CUESTIONARIO:
1: A cantiga presenta un refrán. Cal é o seu contido?
2- Se te fixaches na primeira estrofa aparece o personaxe protagonista desta cantiga. Como se chama? E que " oficio" ten? Que calidades destaca ademais o texto deste personaxe?
3- O protagonista comete un erro. Cal é? Que castigo recibe?
4- Quen e como o salva do seu castigo?
5-Cal é o epílogo desta historia, que remata por facer o noso personaxe?

*No texto úsase a palabra "meiryo"/ meiro: autoridade administrativo-xudicial dun territorio menor, tipo gobernador rexional na Idade Media.

Assi como Jesu-Cristo
- 13 -
Esta é como Santa Maria guardou o ladron
que non morresse na forca, porque a saudava.



Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

E porend' un gran miragre vos direi desta razón,
que feze Santa Maria, dun mui malfeitor ladron
que Elbo por nom' avia; mas sempr' en ssa oraçon
a ela s' acomendava, e aquello lle prestou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Onde ll' avo un día que foi un furto fazer,
e o meiryo da terra ouve-o log' a prender,
e tan toste sen tardada fez-lo na forca põer;
mas a Virgen, de Deus Madre, log' enton del se nenbrou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

E u pendurad' estava no forca por ss' afogar,
a Virgen Santa Maria non vos quis enton tardar,
ante chegou muit' aga e foil-ll' as mãos parar
so os pees e alçó-o |assi que non ss' afogou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Assi esteve tres dias o ladron que non morreu;
mais lo meiro passava per y e mentes meteu
com' era viv', e un ome seu logo lle corregeu
o laço per que morresse, mas a Virgen o guardou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

U cuidavan que mort' era, o ladron lles diss' assi:
«Quero-vos dizer, amigos ora por que non morri:
guardou-me Santa Maria, e aque-vo-la aqui
que me nas sas mãos sofre que m' o laço non matou.»

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

Quand' est' oyu o meiro, deu aa Virgen loor
Santa Maria, e logo foi decer por seu amor
Elbo, o ladron, da forca, que depois por servidor
dela foi senpr' en sa vida, ca en orden log' entrou.

Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz, salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.

CUESTIÓN: Procura nos seguintes exemplos o relato dun dos milagres e comproba como é a estrutura semellante nestas cantigas narrativas.








B) AS CANTIGAS DE LOOR: Son as cantigas que loan a Santa María aparecen a cada dez cantigas no códice, é dicir, os números 10,20,30.. Son cantigas que teñen tam´ne unha estrutura específica e uns contidos de gabanza ao amor divino e aos dons da virxe.






Establece as semellanzas entre estas dúas cantigas de loor a modo de exemplo descargando a súa letra.
Podes consultar os textos na seguinte ligazón: Cantigas de Santa María
Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 05-02-2023 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0