galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS

- Madialeva, chegamos tarde! diríanos hoxe, mirando o seu reloxo aquel personaxe do Coello Branco. Trátase dun personaxe do relato de ficción de Lewis Carroll tan coñecido do que botamos man e emulamos no lema deste curso.

Pois claro, o noso propósito (e a nosa obriga) é demostrarche que nunca é tarde para saber, que todo ten o seu momento e o seu aquel, malo será!...que tes un potencial tremendo por desenvolver e que si, hai que aproveitar o tempo. Xa que imos estar eiquí sentados unha morea de días non estaría nada mal que lle saquemos proveito e, sen deixar de pasalo ben (a educación non debe ser un proceso aburrido nin estar de costas á diversión) atrevernos a aprender.

Como supoño que é razoable e estarás de acordo co que levamos dito, vaiamos a unha segunda cuestión: Para coñecer as cousas non hai como usalas, practicalas. Por exemplo para saber de plantas, velas, tocalas, cheiralas, se son comestibles mesmo probalas. Pois ben co galego pasa algo semellante, ánimo.

Lembras que pregunta nos faciamos no primeiro día de clase de 1º da ESO? Dixemos que era unha pregunta que polo menos tardariamos catro cursos en respondela. Ese cuarto curso xa pasou, logo non está nada mal realizar un bo repaso sobre todo o que levamos andado tentando contestar a esa pregunta. Seguramente concluiremos que aínda nos quedan varias dúbidas por despexar para as que precisamos algo máis de tempo. E aquí é onde entra o noso labor principal neste 2022-23: procurar que esas incertezas se vaian aclarando.

Unha derradeira puntualización nesta introdución do curso que empeza hoxe. Esperta do teu sono. En gran medida ti es como a Alicia do conto. Unha parte das néboas a despexar están rodenado precisamente o chan que pisas, na terra na que vives tanto mires ao teu pasado como ao futuro por labrar. Por iso queremos que descubras as marabillas que agocha, nesa descuberta asegúroche medrarás como persoa.

Como verás ao longo do curso imos tentar que sexas como Alicia e que dalgún xeito coñezas mellor ese mundo marabilloso que se chama Galicia. Para iso deberás atreverte a liberar os soños da gaiola. Deberás desprenderte algo da pouca inocencia infantil que che resta e entender mellor os dobres sentidos, os xogos de palabras e as metáforas da vida. Terás que saber saír do tobo, o que pode significar un sombreiro, coñecer a pedantería do croquet e algunha que outra palabra nova e máis dun personaxe mitolóxico do qu enon tiñas nin idea, tentarás xogar aos naipes por aburrimento e nunca esquecer o que é un sorriso. Daquela aprenderás a ousadía de colocarte ante o espello.

Consultas: No seguinte enlace podes consultar e curiosear sobre algunhas palabras que aparecen no relato de LeWis Carroll: Alicia no país das marabillas
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE CERO - Publicado o 08-09-2022 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0