galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os apartados do libro de Follas Novas de Rosalía

O libro de Follas Novas é un libro que Rosalía tiña rematado practicamente na década dos 70, pero tardará en ver a luz,sería editado coa axuda dos galegos da emigración en 1880. Este libro representa o cumio da literatura rosaliana, de feito o libro En las Orillas del Sar que está en castelán e moi ben considerado pola crítica é, en gran medida, unha ampliación do que podemos denominar poesía intimista ou subxectiva do libro de Follas Novas.

É esencial, para entender este libro pesimista e reivindicativo á vez, ler o seu prólogo titulado Dúas palabras da autora. Neste prólogo enuncia con claridade as intencións coas que escribe e publica este segundo libro en galego.

O libro que consta de 137 poemas, está estruturado por apartados que gardan unha coherencia entre eles e permiten establecer unha división entre a dor individual ou subxectiva e a dor colectiva ou obxectiva que conforman o fío condutor do poemario. Analizaremos a seguir estes apartados.

I-VAGUIDADES: Contén reflexións da autora sobre a súa poesía.
Follas novas, risa dame
ese nome que levás...



II-DO ÍNTIMO: Presenta unha dor íntima persoal, pero non só usa un eu lírico sempre, ten un vario punto de vista, cede Rosalía a súa voz a suxeitos cos que se identifica como demostra este poema A Xusticia pola man:



Pero o poema máis coñecido de todo o libro pertence a este apartado:



III-VARIA: Ten poemas que seguen no ámbito do subxectivo e outros que pertencen a unha visión máis obxectiva, serve de ponte entre as dúas visións da dor que presenta no libro.



IV-DA TERRA: Poderíase considerar unha continuación da temática socia patriótica de Cantares poñendo en primeiro plano a crítica.



V- AS VIÚVAS DOS VIVOS E VIÚVAS DOS MORTOS: Céntrase nas consecuencias da emigración para o conxunto da poboación, especialmente para as mulleres.



Aínda que existen excepcións, como vimos, a meirande parte dos dous primeiros apartados Rosalía utiliza un "eu lírico", namentres que os apartados IV e V son máis frecuentes os poemas cun "eu escénico" ao corresponderen estes á dor colectiva que sofren diversas persoas, especialmente mulleres humildes da Galicia do seu tempo.

Rosalía neste libro denuncia, critica, pero non ten unha perspectiva optimista e reveladora dun posible cambio, poden máis as inxustizas e desigualdades ás que non atopa solución.
Comentarios (1) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 19-05-2015 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Remarkable. We#blgtk08#sley Gardening
Comentario por Wesley Gardening (17-05-2016 12:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal