galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A miña Rosalía como é?
Imos traballar para personalizar a miña Rosalía:






OBXECTIVOS E PRAZOS:

1º/ Un título para a miña Rosalía, se cadra paradoxicamente pode ou debe ser o último elemento que incorporamos ao traballo.

I- VIDA
Biografía: Escapar do copia e pega, coñecer aspectos que me interesan ou me chaman á atención da súa vida, coidando de facer máis real, próximo a min o mito.

II- OBRA:CANTARES GALLEGOS
Prólogo de Cantares dende a dedicatoria ir debruzando as intencións coas que Rosalía compón Cantares. Cales son pois os seus obxectivos. No prólogo indica as fontes, enuncia temas, marca o estilo que logo se plasma no poemario.

FONTES: No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolver as cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares. Pero é orixinal este proceder? Veremos que segue o modelo que Sarmiento introducira, que é seguido polos poetas no Rexurdimento, mais a este modelo analizando logo a estrutura do libro veremos tamén que Rosalía lle engade peculiaridades que fan do poemario un libro orixinal. Cuestión fundamental: Tenta descubrir en que consiste esta orixinalidade de Rosalía (podes consultar na edición recente de Anxo Angueira a análise que este crítico literario fai dos Cantares para abordar tanto este aspecto como o da estrutura e estilo e comentario dos poemas desta obra).

Estrutura, temas e estilo A estrutura dos Cantares está claramente marcada pola aparición da "meniña gaiteira" que debes descubrir como se presenta, cando e por qué aparece no poemario. Analizar o estilo implica procurar trazos que identifican a poesía da autora e que a achegan por unha parte á literatura populra e tradicional e pola outra manifestan a gran cultura literaria de Rosalía.
Tradicionalmente as temáticas do libro son catro, faise necesario que as identifiques e clasifiques os distintos poemas que selecciones dentro destas catro temáticas, á vez que as relaciones coas intencións que manifesta no Prólogo a autora.

Selección de poemas trátasede indicar dez poemas que ti seleccionarías como máis representativos das distintas temáticas do mesmo cunha pequena argumentación.

Comentario de tres poemas (prazo martes 12 de maio).

FOLLAS NOVAS
Os pasos que imos seguir con Follas Novas é a mesma:

7º Prólogo

8º Estrutura e Temas

9º Selección de 10 poemas cos que sintetizarían ti o libro.

10º Comentario de tres poemas (prazo martes 19 de maio)

III-CREACCIÓN A MODO DE CONCLUSIÓN

Cada quen realizará unha creación libre sobre a súa Rosalía utilizando diversos formatos posibles: vídeopoema,fotografía,texto...(prazo 26 de maio)

Ao concluír o traballo realizaremos un comentario dun poema de Cantares e outro de Follas Novas escollidos polo profesor (prazo martes 26 de maio)
Comentarios (0) - Categoría: ROSALÍA - Publicado o 30-04-2015 08:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal