galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DOS PRECURSORES AO REXURDIMENTO PLENO

En primeiro lugar debemos situar o contexto no que xorde o Rexurdimento froito dun complexo conxunto de factores que conflúen todos no século XIX, un século moi convulso.

Partimos dos Séculos Escuros e o movemento da Ilustración galega onde emergen figuras como Sarmiento, ao que podemos considerar o primeiro dos Precursores do Rexurdimento e o primeiro dos autores da literatura galega moderna ou contemporánea, pois, a pesar de vivir no século XVIII, aínda que non publicou en vida nada en galego, as súas 1200 coplas(1746) serán editadas no XIX e servirán de modelo para os autores chamados tradicionalmente Precursores como:

Xoán M. Pintos gran coñecedor da obra de Sarmiento e finalmente o editor da súa obra en galego Coloquio das 1200 coplas ou Diálogo de 24 galegos rústicos en 1859 ademais doutros escritos sobre a lingua, el publica a súa obra A gaita gallega en 1853.

Antonio Fernández Morales una autor pouco coñecido ata o de agora por ser do Bierzo, pero que escribiu e publicou en 1861 unha importante obra de máis de 6000 versos no galego do Bierzo que titulou "Ensayos poéticos en dialecto berciano".

Outros precedentes da escrita en galego do Rexurdimento son os escritos políticos derivados da Guerra da Independencia contra os franceses Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira (1810) e os textos de debate ideolóxico do liberalismo: La tertulia de la Quintana(1820)Coloquio da Chaínsa (1836).


Os Xogos Florais serán outro dos xermolos de gran transcendencia para crear unha intelectualidade que de xeito homoxéneo reivindica o uso do galego na escrita. É moi citado Francisco Añón e o seu poema "A Galicia" (poema premiado no 1861) ademais da edición da antoloxía de poemas Album de la caridad realizada por Antonio de la Iglesia en 1862.

O Rexurdimento Pleno chegará con Rosalía de Castro no momento en que publica os seus Cantares gallegos (17 de maio de 1863). Tamén en Rosalía veremos a influencia de Sarmiento ao escoller como fonte de inspiración de creación a tradición oral e a lírica popular.
Comentarios (0) - Categoría: REXURDIMENTO - Publicado o 10-04-2015 07:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal