galnarciso



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUE TIPO DE CANTIGA É: EsCARNIO OU MALDIZER


Nostro Senhor, que ben alberguei,
quand' a Lagares cheguei, noutro dia,
per ũa chuvha grande que fazia:
ca prougu' a Deus, e o juiz achei,
Martin Fernandiz; e disse-m' assi:
Pan e vinh' e carne venden ali
en San Paaio, contra u eu ia.

En coyta fora qual vus eu direi
se non achass' o juiz. Que faria?
ca eu nen un dinheiro non tragia;
mais prougu' a Deus que o juiz achei,
Martin Fernandiz: saýo a min
e mostrou-m'un albergue cabo si,
en que comprei quanto mester avia.

Se eu o juiz non achasse, ben sei,
como alberguei, non albergaria,
ca eu errei, e já m' escoreçia;
mais o juiz me guariu, que achei:
pero que eu tard'i o conhoci,
conhoceu-m'el, e saýo contra mi
e omilhou-xi-mi, e mostrou-m' a via.




O autor(juglar) ironiza contra o xuíz de Lagares, Martín Fernández, que, en lugar de acollerlle nun día chuvioso e ante a súa necesidade, recoméndalle, con falsa hospitalidade, un albergue próximo para abastecerse.

Noso Señor, que ben me alberguei
cando a Lagares cheguei o outro día,
por unha gran chuvia que caía!
Que quixo Deus que achase ao xuiz
Martín Fernández, que me dixo así:
pan, viño e carne venden alí,
en San Pelaio, cara onde eu ía.
Quedaríame con esta preocupación:
se non achase ao xuíz, que faría?
pois eu non traía diñeiro algún.
Pero quixo Deus que achase ao xuiz:
Martín Fernández saeu cara mín
e mostroume un albergue cercano
onde comprar o que necesitaba.

Se non achase ao xuiz, ben sei
que non me albergaría así,
pois eu errei e xa escurecía:
pero o xuiz que achei me socorreu,
e aínda que tarde o recoñecín, el a mín
recoñeceme e saíu cara mín,
e inclinouse e mostroume o camiño.


Comentarios (0) - Categoría: LÍRICA MEDIEVAL - Publicado o 19-02-2015 06:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal